Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Dúas loitas abertas no ecuador

Xuvenís: Dúas loitas abertas no ecuador

Chegamos ao ecuador das curtas Ligas Xuvenís e a cousa segue moi aberta. Se ben polo Sur o Dumbría parece que non vai parar (van 8 vitorias e 1 empate en 9 partidos, con 38 goles a favor e só 3 en contra), quedan 6 equipos metidos na loita polas outras dúas prazas que dan acceso á Liguilla Previa da Fase de Ascenso á Liga Galega.
Mentres, o grupo Norte está moito máis aberto, e serán 4 os equipos que loitarán por esas 3 devecidas prazas.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 11

O Dumbría non para, pero o bonito desta liga é que xa temos 6 equipos loitando por esas 2 prazas restantes. Se a Esteirana non podía co Dumbría; se XSC e Cee empataban e seguen aí; se o Outes malia descansar está ben colocado, o sábado metíase de cheo na loita o Muros, vencendo ao Fisterra. Así, entre o 2º clasificado, o XSC, e o 7º, o propio Muros, hai só 4 puntos de diferencia.

A xornada tamén puxo atención no choque de pechacancelas. O Mazaricos tirou de experiencia para sumar os seus primeiros puntos ante o novato Lira, que queda a 0.

Muros - Fisterra (4-1)

  • MUROS: Matias, Mancebo, Yeray, Veloso, Ramón, Miguel, Santi de Lira, Álvaro, Piki, Hugo e Samu. Tamen xogaron: Adrián, Sergio, Diego, Alberto e Santi.
  • FISTERRA: Ángel, Javi Suárez, Cartamil, Rubén, Beto (Benlloch, min.60), Noé, Breixo, Gabi (Josema, min.55), Pichel, Moisés (Suárez, min.33), Adrián.
  • Goles: 1-0, min.10: Samuel; 20, min.20: Santi de Lira: 3-0, min.40: Samuel tras un erro entre defensa e porteiro fisterráns; 3-1, min.60: Rubén; 4-1, min.75: Alberto.

Case que alcanza o Muros ao Fisterra e de feito se mete de cheo na loita pola Liguilla o cadro de Bibi, quedando a só 3 puntos da Esteirana, 3º, e un por debaixo do propio Fisterra.

A primeira media hora de partido foi de dominiou local, nun Muros que se adiantaba pronto con goles de Samuel e Santi de Lira. O Fisterra case non chegou á porteria local e Samuel facía o 3º antes do descanso aproveitando un erro na defensa dos de Nacho.

Baixou o ritmo na segunda o Muros e o Fisterra amenazou con recurtar pero só foi un espellismo e Alberto sentenciaba.

Xallas StComba - Cee (2-2)

O Cee estreou equipacion patrocinada polo Ceefis en Fontenla-Foto-UC Cee
  • XSC: Álvaro, Alejandro, Alberto (César, min.65), Carlos (Sergio, min.65), Cristian (Marcos, min.83), Fabián, José, Estefan (Adrián, min.46), Steven, Iván e Pablo.
  • CEE: Paulo, Vilela (Abraham, min.75), Jicho, Aitor, Carlos Leis, Tebo, Rafa, Andrés (Marco, min.82), Kevin (Ferrío, min.55), Nanón e Mario (Álex, min.80).
  • Goles: 1-0, min.12: Pablo tras unha falta lateral; 1-1, min.20: Kevin; 1-2, min.40: Mario; 2-2, min.94: Iván.
  • Expulsión: o ceense Abraham por vermella directa no min.89.

No último suspiro salvou o XSC un puntiño ante un Cee que sorprendeu en Fontenla. A igualdade foi total como sinala a táboa na que os xalleiro só avantaxan en 2 puntos aos ceenses, e ambos loitarán coa Esteirana, Outes, Fisterra e Muros polos dous postos que deixa libre o intratable Dumbría.

Comezaba o partido a gran ritmo e pegaba primeiro o equipo de Rafa nunha xogada de estratexia rematada no segundo pau. Melloraba o Cee e de contado Mario se prantaba diante de Álvaro, pega un tiro que sae defectuoso e se convirte en pase de gol para que Kevin asine o empate. Antes do descanso o propio Mario facía o segundo para os de Jose Carlos, e o partido marchou así milagrosamente porque o equipo local tivo antes de marchar aos vestiarios varias ocasións clarísimas para acadar o empate.

A segunda metade comezaba máis tranquila, cun Cee que sabía mellor como aguantar e un XSC que o intentaba pero que xa non conseguia chegar con tanta claridade. Foi xa no desconto cando, despois dunha expulsión algo rigorosa de Abraham, Iván intérnase en posible fóra de xogo (as protestas do Cee foron intensas) para facer o definitivo empate.

Dumbría - Esteirana (2-1)

  • DUMBRÍA: Couto, Portu, Maikel, Cabana, Roberto, Yeray, Lucas, Alcaina, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Martín, Kevin, Antón, Charly, Oli.
  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Sergio, Rafa, Tobío, Codesido, Damián, Pablo, Manu, Adrián e Raúl. Tamén xogaron: Mj, Fabio, Tiko, Cristian e Farra.
  • Goles: 1-0, min.5: Javi aproveita unha indecisión entre o porteiro e a defensa; 2-0, min.40: Marcote tras unha bo xogada combinativa e tras un centro de Portu; 2-1, min.75: Pablo Rama.

Vitoria moi traballada do Dumbría ante unha Esteirana que está tamén a un gran nivel. O choque comezaba con dominio local que se materializaba co gol inicial de Pablo. Os de Martín apenas chegaron nunha falta pero os de Diego Lobelos e Óscar Leis tampouco facían demasiadas chegadas máis alá do dominio territorial. O segundo chegaría ao fío do descanso tras unha boa xogada por banda, que os visitantes consideraron fóra de xogo.

Arrincaba a segunda cunha gran ocasión para o Dumbría pero non acertaron a sentenciar e a Esteirana foi collendo protagonismo e facéndose co mando do partido. Recurtaba o cadro visitante faltando 15 minutos por medio de Pablo Rama e de aí ao final intentouno todo, con varias ocasións, sobre todo de Tobío e Pablo para acada o empate pero Couto e a defensa estiveron sobresalientes para evitalo.

Mazaricos - Lira (9-2)

  • Goles: Borja (2), Raúl (2), Álvaro (2), Tiago (2) e Chiki para o Mazaricos. Para o Lira marcou Cibrán.

Xogábanse o pechacancelas Mazaricos e Lira. Os dous equipos que aínda non sabían o que era sumar se vían as caras e as gañas, e a experiencia do Mazaricos foi clave. Botaron máis arrestos que nos últimos partidos os amarelos, e mesmo puideron caer máis goles ante un Lira entregado. I é que o ira, xa envolto nunha liña negativa, máis que normal sendo o ano de debut, ademais chegaba tocado por mor das Festas de San Martiño de Lariño, e como o partido era ás 12:00h algún chegou directo...

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 11

Segue vibrante o grupo norte. O Ponteceso descansaba e ningún dos 3 de arriba fallou polo que a distancia aumenta. Pero as cousas non están fáciles para ningún. O Cabana sufría, e moito, para gañar en Camariñas. O Malpica tivo que remontar un 3-0 en Laxe; e o Corme só puido golear nos minutos finais ante o Muxía.

Camariñas - Cabana (1-2)

  • CAMARIÑAS: Jose, Aitor (Brian, min.70), Santi, Pose, Ariel, Carlos, Ibra (Jose, min.50), Juan, Javi, Sergi (Manuel, min.75), Chicote.
  • CABANA: Adrián Vázquez, Villar, David (Darío, min.65), Raúl, Aurelio, Diego, Dani, Samuel, Iván Mato (Redondo, min.30), Álex, Pablo (Grille, min.75).
  • Goles: 0-1, min.5: Iván Mato; 1-1, min.10: Javi; 1-2, min.20: Álex Rodríguez.
  • Lesión: os cabaneses Iván Mato e David.

Competiu o Camariñas con todo un Cabana e iso xa pode ser unha boa nova para os de Pirucho a pesar da derrota. E se na primeira metade dominou o cadro de Fernando, na segunda metade mereceu máis o Camariñas, nun partido no que os verdadeiros protagonistas foron os porteiros.

Os tres goles marcáronse pronto, con primero golpe de Iván Mato, resposta de Javi para o Camariñas e estocada de Álex. Na segunda, o Cabana tirou ao longueiro por medio de Alex; José fixo un paradón a un tiro de Diego, e o cadro cabanés pediu un penalti se ben o seu porteiro Adrián puido ter sido expulsado tras derribar a Jose unha vez que este o regateara ao borde da área, pero o colexiado só sacou amarela.

Corme - Muxía (5-2)

  • CORME: Rubén, Iván, Cristian (Dani, min.85), Joshua, Eloy, Antonio, Brais (Sergio, min.74), Kike (Manu, min.63), Juanma, Isma (Fran, min.52), Alejo (Isaac, min.83).
  • MUXÍA: Anxo, Carlos, Miguel (Alex, min.80), Maca, Andrés, Antonio, Marco (Mariño, min.75), Edi, Fabio, Víctor Alcaina, Paulo.
  • Goles: 1-0, min.12: Isma; 2-0, min.38: Alejo cun golazo de cabeza; 2-1, min.40: Víctor Alcaina; 2-2, min.62: Víctor Alcaina; 3-2, min.66: Juanma de cabeza; 4-2, min.78: Manu; 5-2, min.90: Isaac.
  • Expulsión: o muxián Carlos.

Non reflicte o marcador o visto no campo, pois a igualdade foi protagonista durante boa parte do partido e só contra o final o Corme puido sentenciar.

Metíase por diante o cadro azulón na primeira, sen facer demasiado, pero con algo máis de dominio. Antes do Víctor Alcaina recurtaba e á volta conseguía facer o empate.

Estaba a ser unha segunda metade moi igualada pero a sorte estivo do bando local, con dous golazos de cabeza dos que non soen entrar en xuvenís, un de Alejo e outro de Juanma. Ademais, os cambios cormeláns son tan bos coma os titulares e o equipo non baixou o ritmo e aproveitou a baixada dos muxiáns. Así, só contra o final o Corme conseguiu finiquitar o partido.

Laxe - Malpica (3-4)

Laxe Xuvenil 2013-2014-Foto-Luis E Porto
  • LAXE: Martín; Sergio, Galgo, Diego Simao, Pibe, Santi, Dani Arguelles (Nicolás, min.78), DJamel, Manuel, Elías e Adrián Lema.
Malpica xuvenil en Laxe-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel; Jorge, Víctor Novo, Canario, Steven (Gabi, min.82), Mouri (Alberto, min.46), Pitís, Guille, Almeida, Diego, Kevin.
  • Goles: 1-0, min.5: Djamel tira frouxo e o porteiro malpicán fai a estatua pensando que vai fóra; 2-0, min.10: Dani Arguelles tras unha falta lateral botada por Adrián Lema; 3-0, min.13: Manuel de tacón tras un centro de Adrián Lema; 1-3, min.43: Jorge de penalti sobre Guille; 2-3, min.55: Pitís remata un córner de Alberto; 3-3, min.62: Kevin remacha unha liorta dentro da área; 3-4, min.72: Kevin tras un novo córner de Alberto.
  • Lesións: os malpicán Steven nun nocello e Diego nun ombreiro.
Os capis do Laxe Djamel e do Malpica Diego-Foto-Luis E Porto

Estrano partido no Cabo D'Area, cun equipo local que sorprendeu a un Malpica que saltaba demasiado confiado. Así, en apenas 13 minutos, 3 chegadas e 3 goles na conta laxense. E non foron 4 porque Santi fallou un penalti que si que podría ter significado a sentenza.

Non se rendeu o Malpica, que comezou a carburar. Foi clave o gol ao fío do descanso cun penalti protestado polos locais. O comezo da segunda metade foi un vendabal e en apenas 20 minutos xa remontaran o partido.

Coristanco - Porteño (4-0)

  • Goles: 1-0, min.10: Brais tras un centro; 2-0, min.30: Abelenda de cabeza; 3-0, min.60: Bértoa nunha xogada persoal; 4-0, min.70: Mosquera cun tiro forte que sorprende ao porteiro local.

Partido sen historia cun Coristanco superior ao novato Porteño. Pronto marcou o cadro de Da Silva, e malia que os de Ordóñez intentaron responder Abelenda facía o segundo para os locais antes do descanso. Navarro avisaba que o equipo local seguiría atacando e na segunda Bértoa e Mosquera completaron a goleada.

Baio - Castriz (6-0)

  • Goles: Pablo, Kevin, Anxo e Santi Díaz (3).

Partido moi semellante ao do Coristanco, cun Baio que se viña desquitar de tantos empates nesta primeira volta ante o outro novato da categoría. 3 marcou Santi Díaz, que xa leva 9.


Crónicas das Ligas Xuvenís

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios