Resultados e análise da Semana Santa futboleira

Curta a xornada futboleira desta Semana Santa con protagonismo do fútbol xuvenil, con doble sesión. Houbo tempo tén para as citas amigables, e por exemplo o Camariñas gañoulle ao Porteño o Torneo da Mostra do Encaixe por un claro 5-2.

Comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, a única das 4 ligas que tivo xornada oficial. O Dumbría abría a xornada o xoves cunha fantástica vitoria en Riveira. Non completou a xornada o XSC o domingo, cunha derrota ante o potente líder, un Negreira que levou os puntos de Fontenla. Queda o Dumbría na 7ª praza con 45 puntos, polos 35 do XSC, que queda na 15ª praza complicándose seriamente a vida, pois ten o descenso a 5 puntos e dous equipos 2 puntos por debaixo.

Tamén houbo un choque da 1ª Autonómica, o aprazado da xornada 19 polo triste falecemento do meta malpicán Pombo. O Malpica e o Agolada acadaban un empate que deixa aos malpicáns na 12ª praza con 8 puntos sobre o descenso.

Fin de semana xuvenil

E máis que completa a ponte para os Xuvenís. O xoves tiña lugar a última xornada da Liguilla Previa da Copa, na que o único en xogo era ver se Zas ou Malpica se metían nos Oitavos. Non fallaba o Zas e se metía nuns Oitavos a partido único que xa se disputaron este sábado, con moita emoción. I é que ata 2 choque se decidiron por penaltis.

Había 8 cabezas de serie (os 6 da Liga dos campións e os Esteirana e Fisterra como 1º e 2º da Liguilla copeira), polo que non se enfrontaban entre eles pero a cambio xogaban os Oitavos a partido único. Por un lado do cadro tiveron lugar as citas máis igualadas. O Cabana sufríu para vencer en Corme, mentres a Esteirana fixo valer os pronósticos vencendo en Castriz. Pero ademais Corcubión e Fisterra vencían a Porteño e Outes nos penatis.

No outro lado, o XSC sufríu para vencer ao Coristanco, non tanto o Camariñas ao Zas nin o Dumbría ao Ponteceso. A sorpresa dos Oitavos protagonizouna o Muxía, xusto vencedor ante Os Miúdos, equipo que terá que estar agora 1 mes sen competición antes da Fase de Ascenso á Liga Galega.

Mañá analizaremos cada eliminatoria.

Ligas Galegas

Non foi mala a xornada para os nosos cadetes das ligas autonómicas. O Dumbría empataba no Conco ante todo un Lugo e segue en zona morna. Mentres, o necesitado XSC da Liga Galega daba o do de peito vencendo en Bertamiráns, nunha xornada na que vencía tamén o Orillamar, o sue rival por evitar o descenso, e que queda 2 puntos por debaixo. A boa nova é que o cadro xalleiro mete tamén na pelexa ao Vilalbés, que perdía co Bergantiños e xa queda empatado con 28 puntos.

Os peques do Sur

Curiosos os calendarios dos peques do F8, con xornada en plena Semana Santa con xornada para as Ligas do Sur, máis longas pero que rematarán un mes antes que as do Norte. En Alevíns, cunha xornada case completa, o Cee A segue impresionante e saca 5 puntos ao Outes, pero cun partido máis, pois os da Serra xogarán esta xornada ata o Sofán o día 10. En Benxamíns, o Fisterra stá destacado.


Preferente - Senra Sport, xornada 30

Xallas StComba0-2Negreira
Atl. Riveira0-1Dumbría

1ª Autonómica, xornada 19

Agolada1-1Malpica

Copa da Costa Xuvenil, Oitavos (partido único)


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 30

Dumbría1-1Lugo

Liga Galega Cadete, xornada 30

Bertamiráns1-2Xallas StComba

F8 Alevín Costa Sur, xornada 21

Dumbría5-4Dumbría B
Os Miúdos B1-10Os Miúdos A
Cee B1-2Esteirana A
Cee A13-0Esteirana B
XSC A3-1As Baleas
Fisterra4-0Lira
Sofán10/04 - 19:00Outes A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 21

Os Miúdos B1-9Os Miúdos A
Fisterra16-2Lira
XSC A4-3As Baleas
Cee B06/04 - 17:30Esteirana
Cee06/04 - 18:30XSC B
Sofán10/04 - 20:00Outes

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).