Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Zas non perdoa

2ª Autonómica: O Zas non perdoa
Minuto de silencio por Pombo no Zas-Fisterra-Foto-Alejandro Mel Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Está forma o Zas de Iván Cancela, con David Blanco e Álex Flores como motos. Un equipo sólido, cas ideas claras buscando a velocidade dos de arriba e que está moi ben armado atrás. Así se cimenta o líder da 2ª Autonómica - ES Bazarra, con 4 puntos de vantaxe sobre o Outes, 5 sobre o San Lorenzo e ahora 6 sobre o Castriz, que non pasaba do empate ante un rocoso Baíñas, cando quedan 5 para o remate.

E se por arriba a cousa está que ferve, por abaixo tamén. 4 equipos pelexan por evitar unha (ou dúas dependendo se descende a Esteirana) prazas de descenso, e acompañar a un Camelle sempre en cadro. Porteño, Cabana, Seaia e Montelouro están en só 4 puntos, polo que a pelexa será ata o final.

Iso si, a lembraza a Pombo estivo presente en todos os campos.


Cabana - San Lorenzo (3-5)

  • CABANA: Añón, Raúl, David (Redondo), Iván Treos, Charly, Dan Mato (Moreno), Miky, Josiño, Manolo (Berti), Fernando (Eloy Pereira) e Iván Mato (Reigía).
  • SAN LORENZO: Diego, Anxo (Cachizo, min.70), David, Rudi, Pablo Novo, Álex Taibo, Adrián Fraga (Joaquín, min.65), Álex Figueiras, Omar (Carlos, min.61), Fuentefría e Juni.
  • Goles: 0-1, min.20: Juni; 1-1, min.30: Josiño; 12, min.52: Fuentefría; 2-2, min.55: Josiño; 2-3, min.68: Carlos; 2-4, min.69: Juni; 3-4, min.93: Eloy Pereira; 3-5, min.94: Joaquín.

Mal partido por ambas partes con moitos erros defensivos que deixaron un partido vistoso para o espectador. Empezou mellor o San Lorenzo, con varias chegadas e o gol inicial de Juni. A partir de aquí os erros foron constantes, deixándolle ó Cabana varias situacións de gol ata que no m.30 empataba Josiño.

Na 2ª parte, a mesma tónica. Percutía primeiro o cadro de Pedro Gómez co gol de Fuentefría pero pronto empataba de novo Josiño. Aí espabilou o cadro de Verdillo, facéndose co control do balón e asegurando atrás. Carlos avisaba e Carlos e Juni marcaban case seguidos que sentenciaban o choque a pesar de que Eloy Pereira, xa co tempo cumplido, recurtaba para os de Periscal. Aínda tiña tempo Joaquín para marcar o 5º e o Cabana para fallar un penalti, todo no desconto.

A pesar das 9 baixas, o equipo de Pedro Gómez disfrutou da estrea da fichaxe de Omar procedente do Larín.


Seaia - Camelle (3-0)

  • SEAIA: Jesús, Adrián, Vistas, Víctor, Miguel Riveiro (Richard, min.70), Felipe, Nando, Parga (Dimaga, min.65), Javi Rañal (Damián, min.70), Magovi (Manu, min.60) e Tato.
  • CAMELLE: Dimiti, Valiña, Gemelo, Peseta, Sikario, Macho, Tedín, Josecho, Felisiano e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.13: Miguel Riveiro de penalti cometido sobre el mesmo; 2-0, min.57: Tato; 3-0, min.72: Felipe.
  • Lesión: o camellán Sergio que deixou 15 minutos aos seus con 9.

Segue este Camelle con moitos problemas e mesmo chegaba con só 10 xogadores e tivo que meterse baixo paus Dimitri, xogador de campo. Aguantou así e todo a primeira metade a pesar de protestar o penalti que abría o marcador para os locais e pedir un sobre Josecho.

A medida que ían pasando os minutos ían desaparecendo as forzas dos de Varu, que seguen demostrando unha gran valentía a pesar de todos seus problemas. Chegaban tarde xa aos balóns cando tato facía o segundo e provocaba que os camelláns perderan as esperanzas, máis aínda cando a lesión de Sergio deixábaos con 9 sobre o campo.

Pendente está Varu de recupera aos Mario, Dido, Felipe Laxe, Adri barca, Brais, Pietrus, Lado… polo menos para rematar a temporada con bo pé.


Montelouro - Outes (1-2)

Imaxe do Montelouro-Outes-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Fernando, Abel (Pedro), César, Pablo, Teo, David, Geiko, Edu (Isma), Dani Deza, Gelo (Ancho) e Pesco.
  • OUTES: Gato, Borja, Saúl, Chúa, Jura, Chía (David), Martín, Piki (Martin lago), Yago (Rafa), Elías (Álvaro) e Mario (Babu).
  • Goles: 1-0, min.15: Piki; 1-1, min.35: Geiko; 1-2, min.75: Martín dende fóra da área.
Imaxe do Montelouro-Outes-Foto-Edu Olveira

De ti a ti xogoulle o penúltimo ao 2º. O Montelouro non puido sacar nada positivo da visita de todo un Outes pero demostrou que compite con todos. Empezou o Outes forte e meténdose por diante co gol de Piki. Pero o cadro de Marcelo foi mellorando pouco a pouco. Pesco tivo dúas pero era Geico o que empataba o choque. Respostaba Elías mandando ao longueiro para deixar as táboas ao descanso.

Na segunda, o Outes aguantou mellor, chegando á meta local en varias ocasiñons. Piki estrelaba outro balón contra o longueiro, e Martín e Jura puideron marcar ata que o primeiro puña o gol da vitoria dende fóra da área. De aí ao final intentou o Montelouro pero non chegarían as forzas para empatar ante un equipo de Manu Roque sempre ben armado dende atrás.

A ver se os loureáns poden xogar xa a vindeira xornada como local en Agra da Filgueira, pois a pesar de que xa foi inaugurada, aínda quedan moitas cousas que facer. Iso si, o céspede loce radiante.

Inauguracion Agra da Filgueira marzo 2015

Buño - Porteño (0-0)

  • BUÑO: Víctor, Miguel, Eloy, Rubén, Casais; Uru, Emilio, Jorge Calvete, Fran Borrazás; Juan (Diego, min.75) e Dani Calvete.
  • PORTEÑO: Suso, Gabi, Manu, Pejo, Maikol (Xoel,m in.75), Doyle, Rodri, Anxo, Curra (Oli, min.60), Cristian e Borja (Jose, min.55).

Chegaba o equipo de Chema Rivadulla ao partido con 12 xogadores en condicións, ante un Porteño necesitado de puntos que o intentou. O dominio territorial foi dos locais durante case todo o partido, aínda que apenas inquietou a meta rival ó faltar un pouco de claridade nos metros finales. O Porteño tivo algunha contra peligrosa pero Víctor estuvo moi seguro. Destacaron as chegadas de Cristian e o tiro ao pau do Pejo, que puideron significar 2 puntos máis para este necesitado equipo de Roski, que segue pelexando pola salvación.


Cee - Volantes (3-2)

  • CEE: Maikel, Borja, Piquero, Aitor (Yago, min.78), Jorge, Dani Freire (Senlle, min.69), Paco, Josiño (Cristian, min.63), Leo (Gabriel, min.66) , Bruno (Xavi, min.70) e Juan.
  • VOLANTES: Marcos, Brea, Juan, Picho, Javi, Ivi (Mayuyo), Óscar (Moja), Miguel, Mingos (Jesús), Brais (Suso) e Piti.
  • Goles: 1-0, min.2: Bruno; 2-0, min.35: Bruno; 2-1, min.55: Juan; 3-1, min.57: Bruno; 3-2, min.88: Piti de penalti.
  • Lesión: o muradán Mingos no primeiro tempo nun encontronazo co porteiro.
  • Expulsión: o muradán Miguel no min.75.

Saíu o Cee máis enchufados, conscientes da importancia dos puntos para asegurar a salvación, ante un Volantes que non se atopou en ningún momento, sobre todo na primeira metade. Bruno, máximo goleador da Liga de FS de Cee, adiantaba aos de Rafa moi pronto, e o Cee controlou a primeira metade con bo xogo, sen unha clarísima superioridade pero xerando ocasións e puidendo marcar algún gol máis. Tamén o Volantes tivo un par de ocasións, pero marcou de novo Bruno para ir 2-0 ó descanso.

Na segunda parte baixou a intensidade e o partido foise igualando, recurtando o Volantes tras o rechace dunha falta no min 70 por medio de Juan. Pero na seguinte xogada marcou Bruno á contra regateando ó porteiro. A partir de aí foi collendo o Volantes as rendas do partido aínda que sen moita convición, sobre todo tras quedar con 10, e na última xogada do partido un mal despexe provocou un posterior penalti para por o 3-2 definitivo por medio de Piti.


Castriz - Baíñas (1-1)

  • CASTRIZ: Pablo, Martín Uru, Cili, Álex, Luís, Félix, Adrián Prol, Martín Gemelo (Agra, min.33), Chinda, Adrián Beiroa e Bolón.
  • BAÍÑAS: David, Jaime, Mario Casal, Samu, Rodri, Cristian (Sancho, min.80), Vilas, Llanero, Tasky, Iván (Mata, min.55) e Javi.
  • Goles: 0-1, min.21: Mario Casal de cabeza; 1-1, min.40: Bolón.

Quitoulle dous puntos importantes o Baíñas a un Castriz que pelexa no máis alto no derbi da montaña. O Baíñas de Pablo Mallón, cun pranteamento conservador, foi algo mellor soubendo atar as virtudes dos xalleiros.

O Baíñas (con ata 11 baixas e chegando con 11 máis o porteiro suplente) esperaba replegado e o equipo de Esteban dominaba territorialmente pero non podían sobrepasar a liña defensiva. Mario Casal adiantaba de cabeza aos visitantes nun córner, e a balón paradoi tamén chegaba o empate antes do descanso, cun remate de Bolón.

Na segunda, á contra, o Baíñas tivo boas ocasións, sobre todo nas chegadas de Javi Suárez e Jaime. Pero o dominio era cada vez máis intenso dos locais. Adrián Beiroa tivo un man a man que salvou David, ao que respondía Javi Suárez cun tiro ao longueiro.

Así remataba o choque, cun Castriz dominando e o balón e un Baíñas ben replegado.


Carnota - Ponteceso (5-3)

11 do Carnota ante o Ponteceso-Foto-SD
  • CARNOTA: LuÍs De la Peña, Andrés, Ferreiro, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Raúl (Pedro Pichín), Nakata, Cano, Pumuki (Berni), Robi (Pablo Pichín) e Manuel Luís.
11 do Ponteceso en Lombans-Foto-Sd
  • PONTECESO: Brais, Javi Peón, Diego Collazo, Moscoso, Pablo Márquez (Youssef, min.75), Dani Cotelo, Alberto Recarey, Martín Puente (Eloy, min.70), Dieguito, Christian Martínez e Brais.<(li>
  • Goles: 1-0, min.7: Robi de cabeza a centro de Pumuky; 1-1, min.32: Dieguito dende fóra da área; 1-2, min.58: Alberto Recarey de falta pola escuadra; 2-2, min.59: Ferreiro de penalti; 2-3, min.62: Diego Collazo tras unha falta lateral; 3-3, min.65: Ferreiro de penalti; 4-3, min.70: Pedro Pichín de cabeza; 5-3, min.80: Robi de tiro cruzado.
Minuto de silencio en Lombans entre Carnota e Ponteceso-Foto-SD

Bo partido en Lombáns, moi igualado e moi vistoso marcado por unha actuación arbitral mala para os dous lados. Comezou o Ponteceso co seu fútbol de toque e facendo un fútbol moi bonito con moitisimas paredes. Pero era o Carnota o que se adiantaba por medio de Robi, un dos veteranos que tanta vida lle están dando aos carnotáns. O Ponteceso non se veu abaixo e nunha xogada de Dieguito que regateou a dous xogadores do Carnota marcaría dende fóra da área o empate a 1-1. Un auténtico golazo na tarde de onte e que non sería o último.

Arrincaba a segunda metade co golazo de Alberto Recarey de falta a toda escadra. Pero Ferreiro, nun penalti protestado polos visitantes, empataba. Volvía percutir o Ponteceso cun gol de Diego Collado, pero pouco despois, de novo dende os 11 metros, empataba Ferreiro.

Volvía comezar o choque no min.65 e cos dous equipos indo polo partido, sendo o equipo de Cambeiro o máis acertado, aproveitando un erro da defensa dos visitantes para que Pedro metese por diante aos seus, e pouco despois Roni facía o segundo.

Aquí vemos o golazo de Recarey:

Golazo de Alberto Recarey en Lombáns, foi o 1-2 da tarde...

Posted by Ponteceso SD on Luns, 30 de Marzo de 2015

E este o penalti que fo o 2-2 de Ferreiro:

Gol do empate a 2-2 en Lombáns por obra de Ferreiro...

Posted by Ponteceso SD on Luns, 30 de Marzo de 2015

Camariñas - Mazaricos (2-1)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Darío, Piti, Sule, Moriño, David, Denis (Javi, min.55), Mario (Pereira, min.60), Brais (Saviola, min.75) e Yuyo.
  • MAZARICOS: Samuel, Miguel, Chico (Coxo, min.75), Matías, Ramón, Ricardo, Ferreiro, Pereiro, Chenel, Estéfano e David.
  • Goles: 1-0, min.10: Yuyo de penalti; 1-1, min.75: en propia a un centro de Chenel; 2-1, min.83: Saviola de falta.
Mazaricos e Camarinas gardan un minuto de silencio por Pombo-Foto-Gerpe

Uns 150 espectadores acodiron ao Hermanas Patiño para ver este partido igualado e disputado de poder a poder donde a primeira parte sería para o Camariñas e a segunda para o Mazaricos, e un empate tería sido máis xusto. Un choque que comezaba co rigoroso minuto de silencio por Pombo, que tamén xogou no cadro camariñán.

Saíu mal o cadro de Néstor na primeira pero protestou o penalti que servía para que o Camariñas se metese por diante. Un penalti que marcou algo o choque, se ben o Mazaricos na segunda foise indo arriba e tivo Chenel dúas clarísimas pero sacou Pablo, e Ricardo e Miguel tamén puideron poñer aos amarelos por diante despois do empate. Pero o Camariñas estivo máis acertado.

E cando o partido afrontaba a recta final, Saviola, recén entrado, demostrou o perigo que ten a balón parado. O colexiado sinalaba unhas mans que puideron sen dentro, fóra da área, pero Saviola marcaba un golazo fantástico, sumando 3 puntos valiosos para que o equipo de Gerpe dea un paso firme de cara ao obxectivo da salvación.


Zas - Fisterra (3-0)

Zas-Fisterra-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Rizos, Martín, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo, Peke (Manu, min.72), Abel (Dani, min.69), David Blanco, Rubio e Álex Flores (Pablo, min.76).
  • FISTERRA: Norberto, Julito, Robertín (Piti), Juan (Rubia), Manuel Cartamil, Santi (Cristian), Roco, Guardiola (Gabi), Roa, Pablo Lestón (Aitor) e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.48: Álex Flores a centro de Rubio; 2-0, min.56: Álex Flores tras un balón que peitea Vecino; 3-0, min.79: David Blanco.
Alex Flores con Manuel Cartamil no Zas-Fisterra-Foto-Alejandro Mel

Non falla o Zas que tivo que superar a un bo Fisterra que fixo unha gran primeira metade, máis igualada e con moito centrocampismo.Comezaba xa Álex avisando cun remate de cabeza ao pau aos 25 minutos. O Fisterra, que fixo unha moi boa primeira metade tamén tivo algunha pero Rizos estivo ben, e pouco máis deparou o primero tempo.

Pero soubo aguantar o Zas o seu momento, e nada máis saír Álex Flores abría o marcador con dous goles aproveitando dous regalos da defensa verde. A partir de aí os de Nacho descompuxéronse o Zas aproveitou ben os espazos para pronto marcar o segundo e facer o terceiro por medio de David Blanco, dous goleadores en racha que están dando moitos puntos ao líder, o equipo de Iván Cancela.


Crónicas da Liga da Costa

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios