Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Unha xornada de luto para esquecer

1ª Autonómica: Unha xornada de luto para esquecer
Bertamirans B e Soneira gardan un minuto de silencio por Pombo-Foto-OScar

Viña marcada esta xornada 29 da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra pola tristura, tralo falecemento do meta malpicán Pombo ao que todo o Fútbol da Costa lle quere render homenaxe. Así, o Malpica aprazaba o choque co Agolada para o vindeiro domingo de Semana Santa, polo que a xornada, ademais de mala, foi incompleta.

I é que só o Corme sumou unha vitoria (xa van 4 seguidas e 9 partidos sen perder) cazando xa ao Soneira, que caía ante o Bertamiráns, nos 40 puntos. Por arriba, caeron Sofán e Baio, deixando escapar as súas opcións de pelexar pola praza de Promoción e facendo ademais fraco favor á Esteirana pois os rivais directos do cadro blaugrana por evitar o descenso sumaron mentres os esteiráns caían ante o Flavia. Aínda ten vida o equipo de Pedrosa, estando nun bo momento de forma e ca salvación a tan só 6 puntos.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Sofán - Amio (1-5)

Sofan-Amio-Foto SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Marcos Pensado, Rubén, Félix Garrote, Míchel (Seo, min.46), Maneiro (Brais, min.46), Iván Rojo, Bertín (Óliver, min.84), Ceide (Méndez, min.46) e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.23; 0-2, min.28; 0-3, min.31: de penalti; 1-3, min.63: Raúl de penalti; 1-4, min.68; 1-5, min.74.
Sofan-Amio-Foto SD

Dura derrota no Carral, que pasou por ser un fortín durante boa parte da temporada, pero que neste tramo da competición non está a servir para sumar os puntos necesarios para pelexar pola promoción. E iso que a SD comezou espectacular, con claras ocasións de gol dende o primeiro minuto. Félix dende a área pequena, Rojo dende o punto de penalti e outra só contra o porteiro, e Bertín nunha lambendo pau. 4 xogadas en menos de 10 minutos para sentenciado o choque.

Pero o Amio foi subindo o ritmo e mnas 3 primeiras chegadas, en apenas 8 minutos do ecuador do primeiro tempo, 0-3.

Tocaba remontar e a SD se puña o mono. Raúl marcaba de penalto pero volveu a fallar a puntería dos Raúl, Bertín, Rubén… e o Amio sentenciou á contra.


Soneira - Bertamiráns B (1-3)

Soneira-Bertamirans B-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran Urroa, Quilmes (Efe, min.76), Alberto, Nazo, De la Sierra, Richi, Basti, Javi (Iván Chans, min.70) e Brais Triñanes (Sandelo, min.50).
  • Goles: 1-0, min.17: Alberto a centro de Figueroa; 1-1, min.31; 1-2, min.35; 1-3, min.55.
Soneira-Bertamirans B-Foto-Oscar

Non foi tan mal partido como sinala o marcador para o Soneira. A pesar das baixas, o equipo de Manolito sañiu ben prantado e contando con boas ocasións, pero os goles ían caendo na portería de Anxo.
Pronto entraba Cristian Figueroa pola banda dereita (un dos grandes do ano metelo no latera ao novo soneirán) e o centro o remataba Richi de cabeza ao poste. E apenas uns minutos despois, outra entrada de Figueroa que pega un centro raso que remata Alberto ao fondo das mallas.

Pintaban ben as cousas pois Basti volvía probar ao meta visitante e o equipo seguía chegando. Pero pouco despois, no primeiro achegamento dos visitantes a meta de Anxo, un xogador marca un golazo dende 35 metros nun rexeite. E poucos minutos máis tarde, un centro de banda do Bertamiráns B era rematado ao fondo das mallas, dando demasiado premio para a pouca oferta do filial.

Non se rendeu aí o Soneira e un minuto despois Basti non puido superar ao porteiro noutra xogada ás costas da defensa, e no córner seguinte, e tras un barullo, ningún dianteiro local acertou a mandar o balón ao fondo da rede.

Na segunda o Soneira viase fóra do partido co xogo bronco dos visitantes, que sacaba de quicio aos locais. E o 1-3 chegaba con máis protestas por un posible fóra de xogo. O Soneira non fixo unha boa segunda parte, pero só chegou cun tiro de Nazo rozando o pau a un cuarto de hora para o final.


Lesende - Baio (2-0)

  • BAIO: Pollo, Yago, Ramón, Mario, Fachal, Martín, Bieito, Brais, Rubio (Christian, min.56), Saleta (Eloy, min.64) MC (Silvariño, min.89).
  • Goles: 1-0, min.56; 2-0, min.61.

Acusou as baixas o cadro de Félix ante un Lesende que estaba necesitado de puntos e que soubo contrarrestar as armas dos baieses a base de fútbol directo e moita brega. Non foi superior o equipo local pero os baieses non seu souberon sorbrepoñer ás características do partido, estiveron desafortunados en ataque e deron un par de regalos no primeiro treito da segunda que permitiron que os locais levasen os puntos.


Sigüeiro - Corme (1-2)

Brais ante o mitico Juanito no Sigueiro-Corme-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Dani (Joshua, min.74), Pandi, Alejandro, Adolfo, Diego (Toniño, min.65), Brais, Sergio (Brais, min.81), Lucas, Juan Chans e Alejo.
  • Goles: 0-1, min.71: Alejo marca un golazo; 0-2, min.80: Alejo marca outro golazo; 1-2, min.92.
ALejo esta en forma e volveu marcar 2 goles-Foto-Fin Lema

Está en forma, está con gañas e o equipo o nota. Alejo volve marcar, e xa van 19 goles, e o fai por partida doble para traer unha nova vitoria de Sigüeiro. O cadro cormelán volveu facer un partido completísimo, ben armado atrás e con Alejo arriba.

A primeira metade foi algo sosa, pero o Corme noin se conformaba co empate na segunda. Pero non foi ata os últimos 20 minutos cando o Corme se metía por diante, e só co tempo cumplido o Sigüeiro recurtaba pero sen tempo a reaccionar.


Esteirana - Flavia (2-3)

  • ESTEIRANA: Beni, Code, Simón, Dani Rama, Rafa, Pablo, Martín, Álex, Adri, Kike (Andel, min.75) e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.25: Adri; 2-0, min.36: Róber Pladur; 2-1, min.70: de penalti; 2-2, min.81; 2-3, min.89.

Que mala sorte tivo a Esteirana este domingo no Xosé Luís Vara. O cadro de Pedrosa necesitaba os puntos para poñer a salvación a só un partido, pero deixou escapar a vitoria nos últimos 20 minutos. Fixo unha primeira metade de cine, marchou ao descanso facendo bó fútbol e meténdose por diante cos goles de Adri e Róber.

Pero algo pasou tralo descanso, e tras 20 minutos de igualdade nos que o equipo padronés se ía asentando máis sobre o campo a base de balóns longos ao dianteiro e segundas xogadas, un penalti e dúas xogadas de rexeites daban o partido aos visitantes, deixando moi tocados aos blaugranas.


Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Oscar Basalo, Martín, SD Sofán, CD Baio e Fin Lema.

Comentarios