Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo

O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo
O Futbol da Costa con Alex Pombo

Escoitábanse onte, no velorio do Tanatorio de Ponteceso, ducias de historias de fútbol bergantiñán. Historias cun denominador común, i é que a carreira de Álex Pombo foi moi longa. Cabana, Bergantiños, Ponteceso, Camariñas, Malpica… ou o mítico equipo de fútbol sala que levaba o nome da súa empresa “Autocares J. Pombo”. Foron equipos que disfrutaron do carácter fantástico deste rapaz de 34 anos que onte nos deixaba prematuramente por un infarto.

Arredor dun milleiro de persoas achegábanse onte ao velorio, dando conta do cariño que todo o fútbol costeiro e toda a comunidade bergantiñá lle tiña a este mozo, pola súa traxectoria deportiva, pola súa traxectoria profesional na súa sempre comprometida co territorio empresa familiar, e sobre todo, na vida alegre vida persoal.

”Era como un neno, sempre bromeando e con ese sorriso na cara”, recordaban os seus amigos mentres contaban ducias de batallas.

A resposta da veciñanza demostra a súa calidade humana así como o o respecto e o cariño que lle ten a Álex e a toda á familia Pombo a comarca. A esa familia completa e, sobre todo a ese pequeno de 6 anos que queda sen o seu ídolo, ese pai porteiro ao que ía ver cada domingo a Pedra Queimada, e se colocaba detrás da súa portería para aprender a ser coma el, coma o mellor porteiro e pai do mundo.

A rede costeira con Pombo

Pero a resposta tamén a comprobamos en internet. Toda a rede futboleira, equipos e persoas relacionadas co noso deporte, quixeron enviar palabras de alento á familia e de cariño, recordando a simpatía eterna deste cabanés. O vídeo de Jorge Parri e todas as súas visualizacións, así o demostran:

O Fútbol da Costa e QPC, con Álex Pombo

Pombo co Combinado do Futbol da Costa en Fontenla o pasado Nadal

Dende QPC tamén queremos render a nosa homenaxe. Por iso, toda o Combinado do Fútbol da Costa - QPC, coa participación de todos os xogadores e organizadores (Jorge Parri e Alberto Pose á cabeza) deixamos constancia do noso cariño cun ramo en representación de todo o Fútbol costeiro.

Ademais, retiraremos a camiseta negra de porteiro do Combinado do Fútbol da Costa que Pombo lucíu durante o partido solidario contra o Coruxo do pasado Nadal. Un color que escollía el mesmo.

E sobre todo, renderémoslle unha sentida homenaxe durante a III Gala do Fútbol da Costa - QPC este mes de xuño, poñendo o seu nome a un dos galardóns, o Trofeo Pombo ao Porteiro Menos Goleado.

Esta tarde, centos de persoas acompañarán á comitiva fúnebre que sairá ás 18:00h do Tanatorio San Antonio de Ponteceso ata o Cemiterio de Cesullas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios