Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo

Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo
Curso-de-Monitor-de-Futbol-Base

O Colexio Galego de Adestradores, dependente da Federación Galega de Fútbol, coa colaboración do Concello de Malpica e á SCD Malpica, organizan un curso de MONITOR DEPORTIVO DE FÚTBOL BASE, nas instalacións do campo de fútbol da “Pedra Queimada”.

Un título necesario para poder adestrar categorías base a partir da tempada 2015/16.

O curso vai dirixido aos alumnos de todas as idades e a el poderán acudir, non so, alumnos de todo Concello de Malpica, (Buño, Cerqueda, Seaia, Mens, Barizo, Leiloio etc.). Senón tamén das localidades de Ponteceso, Corme, Cabana, Laxe, Carballo, etc…

Xa poden inscribirse nas oficinas do departamento de deportes do Concello de Malpica, antes do vindeiro 13 de marzo, dado que tan pronto se conte cun número entre 15 e 20 alumnos, xa poderá comezar o curso. As bases para tomar parte no mesmo, constan xa nas dependencias municipais na que se lles dará cumprida información a todos os que queiran inscribirse.

Fonte

  • Luís Porto.

Comentarios