Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa


Facemos hoxe un novo repaso ás táboas dos Pichichis do Fútbol costeiro. E o facemos coa axuda de Luís Porto, pois podemos asegurar que os seus datos son os máis fiables. I é que cada luns o malpicán compara as actas da Federación coas nosas crónicas, e coa nosa axuda comprobamos, preguntando equipo a equipo, cales son os datos máis acertados. Por certo, no 90% das ocasión os datos das crónicas QPC son os acertados polo que aproveitamos para facer un chamamento aos delegados e que revisen as actas antes de asinalas.
En todo caso, e cando quedan menos de 3 meses de competición, repasamos as táboas dos pichichis, disfrutando só con ver estes nomes.
Preferente
Xa vimos como a boa xeira dos Adriáns está mellorando os números do Dumbría. E vemos como o Makaay xa se coloca entre os 6 máximos goleadores da categoría, con 11 tantos, xa cunha media de 1 gol cada 2 partidos. Adrián Nieto conta, por agora, con 6 tantos.
Por aí temos tamén ao capi xalleiro Doro, con 8 tantos despois de tantas semanas fóra dos terreos de xogo por lesión. E aparece na zona alta Jesús, que iguala a un Pablo Muíño que agora fai goles na 2ª Autonómica para o Baíñas
Goleador | Equipo | Goles |
Adrián Makaay | Dumbría | 11 |
Doro | XSC | 8 |
Adrián Nieto | Dumbría | 6 |
Jesús | XSC | 5 |
Pablo Muiño | XSC-Baíñas | 5 |
1ª Autonómica
Segue a pelexa entre s pichichis costeiros moi igualada, e nas últimas semanas a eficacia de Raúl está salvando a mala xeira dos sofanistas, e lle permite alcanzar ao cormelán Alejo no alto da táboa. Os dous son ademais, os pichichis da categoría, pois a parte alta da táboa dos goleadores da 1ª está copada por pichichis costeiros, i é que o 3º e o 4º posto tamén teñen cores costeiras, como son MC e Cololo, que merecen menció aparte pois levan menos partidos que os seus competidores.
Tamén segue o soneirán Javi moi preto, e o seu compañeiro Basti.
Goleador | Equipo | Goles |
Alejo | Corme | 12 |
Raúl | Sofán | 12 |
MC | Baio | 10 |
Cololo | Malpica | 10 |
Javi | Soneira | 9 |
Basti | Soneira | 8 |
Iván Rojo | Sofán | 7 |
Róber Pladur | Esteirana | 7 |
De la Sierra | Soneira | 6 |
Martín Mara | Malpica | 6 |
Brais Garrido | Baio | 5 |
Cheo | Malpica | 4 |
Bieito | Baio | 4 |
Bertín | Sofán | 4 |
Alberto | Baio | 4 |
Richi | Soneira | 4 |
2ª Autonómica
Segue implacable Piti, o mítico goleador do Volantes, no alto da táboa, e leva 22 goles, polos 19 de Javi Suárez, que pouco a pouco se vai achegando. Xa quedan máis distanciados os Yuyo ou o propio compañeiro laranxa de Piti, Espi, que tivo que deixar o equipo por motivos laborais e acabou fichando polo Queiruga, que lle queda preto da casa. O salto máis importante o notamos na figura de David Blanco, que cos seus goles está axudando ao Zas a meterse no liderato.
O primeiro defensa que atopamos e Ferreiro, o xogador do Carnota habitual nas xogadas de estratexia e especialista dende os 11 metros, xa leva 9 goles.
Goleador | Equipo | Goles |
Piti | Volantes | 22 |
Javi Suárez | Baíñas | 19 |
Yuyo | Camariñas | 16 |
Espi | Volantes | 14 |
Agra | Castriz | 13 |
Juni | San Lorenzo | 12 |
David Blanco | Zas | 12 |
Josiño | Cabana | 12 |
Iván Mato | Cabana | 11 |
Molinos | Mazaricos | 10 |
David Sampedro | Outes | 10 |
Chenel | Mazaricos | 10 |
Abel | Zas | 9 |
Roberto Amoedo | Outes | 9 |
Piki | Outes | 9 |
Bruno | Cee | 9 |
Ferreiro | Carnota | 9 |
Charro | Buño | 8 |
Chinda | Castriz | 8 |
Cristian Canosa | Porteño | 8 |
Leo | Cee | 7 |
Javi Pensado | San Lorenzo | 7 |
Aitor | Fisterra | 7 |
Sule | Camariñas | 8 |
Álex | Figueiras | 8 |
3ª Autonómica
Non para Luís. O eterno pichichi cabanés xa leva 20 goles en 23 partidos para o Nantón, e deixa a 3 a Lema, o novo e polivalente xogador do Corcubión. O pichichi do líder, Darío, e Mario do Ameixenda, veñen moi pegados.
Goleador | Equipo | Goles |
Luís | Nantón | 20 |
Iago Lema | Corcubión | 17 |
Darío | Cerqueda | 16 |
Mario | Ameixenda | 15 |
David Lourido | Corcubión | 14 |
Oli | Lira | 11 |
Martín | Cerqueda | 10 |
Roi Caamaño | Castrelo | 9 |
Cristian | Ameixenda | 9 |
Gonzalo | Coristanco | 8 |
Albeto | Muxía | 7 |
Dani Pose | Laxe | 7 |
Juan Lagoa | Coristanco | 7 |
Javi | Cerqueda | 7 |
Sebas | Corcubión | 7 |
Samu | Laxe | 6 |
Iván | Coristanco | 6 |
Jacobo | Cerqueda | 6 |
Yanki | Lira | 6 |
Javi | Lira | 6 |
Manu | Lira | 6 |
Repaso aos pichichis
- 22-01-15: Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- 10-12-14: Os vellos roqueiros toman os pichichis.
- 20-11-14: Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa.
- 05-11-14: Un repaso a todos os pichichis da Costa.
Crónicas da semana
- Corme e XSC a un paso dos títulos de Cadetes e Infantís.
- Xuvenís: XSC e Camariñas pegan primeiro.
- Ligas Galegas: 3 realidades distintas para os equipos costeiros.
- 3ª Autonómica: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- 2ª Autonómica: O Zas asalta o liderato trala vitoria do Castriz ao San Lorenzo.
- 1ª Autonómica: Un derbi de porta a porta.
- Preferente: Por fin unha doble alegría.
- Análise e resultados dunha xornada con 83 partidos no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).