Preferente: 4 puntos contra os colistas


Tiñan os equipos costeiros nesta xornada 30 da Preferente - Senra Sport un doble enfrontamento contra os dous últimos clasificados. E unha vitoria e un empate foi o balance. A vitoria do Dumbría que ascende á 8ª praza e esquece, tras unha xeira de 4 vitorias nos últimos 6 partidos, a zona baixa.
Pola contra, o XSC non pasaba do empate na súa visita ao pechacancelas, un histórico como o Betanzos en verdadeiros apuros. Os xalleiros levan unha soa vitoria e 6 derrotas nos últimos 8 encontros polo que non poden deixar de mirar o retrovisor.
Betanzos - Xallas StComba (0-0)
- XSC: Vicente, Rubén Forján, Oscarín, Rubio, Aarón, Jota, César, Jesús, Choco )Joshi, min.85), Doro e Vía Rápida (Kevin, min.85).
Saíu durmido ao principio do partido o cadro xalleiro e concedeu un par de boas ocasións que puideron costar caro. Unha que Aarón salva debaixo dos paus xa superado Vicente e outra que Dani non acerta no man a man. Estas sacudidas fixeron espertar aos de Coméndez que comezaron a presionar máis arriba e ter a posesión de balón, pero estando pouco incisivos de cara a porta.
Na segunda, saíron os visitantes con decisión a polo partido e tiveron varias ocasións claras da man de Choco, Doro, Jesús ou Vía, pero non estiveron acertados e o marcador non se moveu, deixando unhas táboas que se ben non lles serven para relaxarse defintivamente, si que vale para seguir sumando.
Dumbría - Dorneda (3-2)

- DUMBRÍA: Iván, Tantán, David Carreira (Alcaina, min.61), Jose (Roberto, min.80), Pablo Conde (Jano, min.61), Aarón, Iago, Rivi, Diego Cespón, Adrián Nieto (Darío, min.61) e Marcote.

- Goles: 1-0, min.22: Adrián Nieto; 2-0, min.25: Adrián Nieto; 2-1, min.42; 3-1, min.70: Alcaina; 3-1, min.92: de penalti.

O mellor, o resultado. Non xogou o equipo de Canosa o seu mellor partido pero sumou, ante o penúltimo 3 puntos que lle permiten xa case dicir adeus a calquera problema co descenso. A pesar dos 5 goles non foi un bo partido, pero o cadro dumbriés tivo o resultado sempre controlado e o Dorneda non puxo en perigo nunca o marcador.
Adrián Nieto demostrou o seu olfato con dous goles consecutivos no ecuador da primeira. Recurtou o Dorneda antes do descanso pero, ca xuventude xa no campo, Alcaina ampliaou a renda sentenciando choque, pois o cadro visitante non recurtaría ata o desconto, xa sen tempo para meter medo aos dumbrieses.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.29: O XSC non se pode despistar.
- X.28: Haberá que ollar o retrovisor?.
- X.27: Preferente: A irregularidade pasa factura.
- X.26: Por fin unha doble alegría.
- X.25: Novo cambio de papeis.
- X.24: Xornada de malas saídas.
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).