Xornada tocada polo Entroido na Costa da Morte que adiantou moitos dos choques á xornada sabatina. E de feito, o entroido xa se deixou ver por algún que outro campo da Costa... A que non acertades cal?! Aquí imos co repaso á xornada, na que deixamos todos os resultados e os partidos que foron aprazados polo temporal e que se xogan este martes de entroido.
Comezamos o repaso pola Preferente, na que a xornada non foi moi positiva. Triple derrota dos nosos e na casa, con especial trascendencia as de Dumbría e XSC, que caeron e deixan escapar o grupo de cabeza case que irremediablemente.
En 1ª Autonómica, sumaron os 4 unha semana máis. Tres empates e unha vitoria son o bagaxe dos nosos, que lles permite seguir subindo posicións. De feito, o Malpica segue 5º pero cada vez máis destacado e mesmo máis preto do, polo de agora, intocable trío de arriba. Polo de agora pois o Camariñas e Fisterra (nun Ara Solis tocado polo Entroido) roubáronlle un puntiño a Riveira e Noia, o que sumado ao empate do Ponteceso en Bertamiráns deixa aos 3 fóra dos postos directos de descenso.
A 2ª Autonómica foi a que máis viviu o Entroido deixando só 3 partidos para a xornada dominical. Unha xornada que comezaba o xoves cun Dumbría B que segue afundido tralo paso do Muros. Onte, o choque máis importante xogábase en Esteiro, e no medio do Entroido muradán, o Baio sacou un empate que deixa todo como estaba. Como estaba porque o Cee non puido aproveitalo ao non pasar do empate nun partidazo ante o Zas. O trío de cabeza segue nun puño. Por abaixo, grandes vitorias do Cabana e do Outes ante o Carnota e o Volantes, que deixan ao Montelouro no posto que acompaña ao filial. O Mazaricos perdeu e segue en problemas nese grupo de 5. Cómpre destacar as 5 vitorias seguidas do San Lorenzo e os 7 partidos sen perder do Corcubión.
A xornada da 3ª veu marcada pola suspensión do Nantón-Laxe. I é que a parroquia cabanesa estivo de luto polo falecemento dun deses homes de clube, unha desas persoas que parece que sempre van estar aí. José Díaz Lema morría dun infarto o pasado venres. No deportivo o Camelle aproveitou a xornada para meterse definitivamente na loita polas dúas prazas de ascenso directo. Está o Porteño no peor momento da tempada e hoxe non podía co Coristanco. O Camelle si que vencía ao Corcoesto co que quedan empatados, a 3 puntos do IDC, que esta xornada sumaba os puntos do Fisterra B. Na loita pola 6ª praza, o Cerqueda non fallou, pero si o fixo o Muxía, que sufríu ante o Lira unha dura derrota, que devolve á esperanza aos lirachos. O Ameixenda iguala co cadro muxián con 30 puntos, e o Baíñas volve meterse tras vencer ao Xaviña.
En Xuvenís, XSC e Cabana destácanse seriamente ante o resto. 5 puntos sacan ao resto de equipos o que supón, nunha liga tan curta coma esta, unha gran vantaxe. Na Copa, Muxía e Soneira parecen os firmes candidatos a ser eliminados.
Nas Ligas Galegas, nos cadetes, o Dumbría segue firme na 3ª praza tras vencer ao Vilalbés. En Infantís, comezaron as Liguillas polo Título e polo descenso. Na primeira temos ao Bergantiños, que comezaba caendo con rotundidade na casa ante o Celta. Mentres, o Dumbría emepzaba con bo pé vencendo na Coruña por 1-2 ao San Cristobal na Liguilla para evitar o descenso.
Preferente, xornada 24
C.F. Dumbría
0-1
Silva S.D.
Soneira S.D.
0-1
Bertamiráns F.C
Xallas StComba
0-1
S.D. Chantada
1ª Autonómica, xornada 22
S.D. Fisterra
1-1
C.F. Noia
S.C.D. Malpica
4-0
Flavia S.D.
Bertamiráns B
2-2
Ponteceso S.D.
Atl. Riveira
0-0
Camariñas F.C.
2ª Autonómica, xornada 22
Dumbría C.F. B
1-2
Muros S.D.
S.D. Esteirana
1-1
C.D. Baio
S.D. Castriz
2-1
U.D. Montelouro
U.C. Cee
3-3
Sp. Zas
Cabana S.D.
3-1
U.D. Carnota
Volantes F.C.
1-2
Outes C.F.
S.D.San Lorenzo
3-1
Mazaricos C.F.
U.D. Corcubión
4-1
Corme C.F.
Buño S.D.
0-0
S.D. Sofán
S.D. Sofán
12/02 - 16:15 (x.19)
S.D.San Lorenzo
3ª Autonómica, xornada 22
C.F. Castrelo
0-4
U.D. Cerqueda
S.D. Ameixenda
1-1
S.D. Alcaián
Camelle S.D.
4-1
SDC Corcoesto
Lira C.F.
2-1
Muxía C.F.
C.D. Baíñas
3-1
Xaviña F.C.
C.D. Nantón
Susp.
S.D. Laxe
Porteño C.F.
3-3
S.D. Coristanco
S.D. Alcaián
12/02 - 20:00 (x.19)
Camelle S.D.
Nantón-Laxe suspendido polo falecemento de José Díaz Lema, vencellado ao clube dende hai moitos anos.
Descansa Soneira B.
O IDC-Fisterra fíxase co resultado 2-0.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
C.F. Dumbría
2-4
Xallas StComba
S.D. Fisterra
6-4
Ponteceso S.D.
Cabana S.D.
4-2
S.C.D. Malpica
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 4
C.D. Baio
3-1
Muros S.D.
Muxía C.F.
0-2
Outes C.F.
S.D. Laxe
4-1
Camariñas F.C.
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 4
U.C. Cee
8-2
S.D. Esteirana
Corme C.F.
4-1
Soneira S.D.
S.D. Coristanco
2-0
Mazaricos C.F.
Liga Galega Cadete, xornada 21
C.F. Dumbría
1-0
R.C. Villalbés
C.D. Calasanz
5-0
Bergantiños C.F
Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 1