Venres. 10.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Soneira B frea ao Porteño e o IDC colle o relevo no liderato

3ª Autonómica: O Soneira B frea ao Porteño e o IDC colle o relevo no liderato

Asalta o Independiente de Carballo o liderato trala primeira derrota do Porteño ante un Soneira B que afrontaba o chque con moitas gañas. O parón invernal non sentou demasiado ben no cadro de Gerpe, que leva nos 3 choques deste 2013 unha vitoria, unha derrota e un empate. Aínda así, o Porteño ten un partido menos que o IDC, que ademais sufría, e tanto, para arrincar un punto de Arliña.
E volvía Arliña ser protagonista. A afección local protestaba a actuación arbitral e o colexiado tiña que saír escoltado ante a avalancha.

Pero nin IDC nin Porteño se poden despistar pois o Camelle loitará ata o final polos dous postos de ascenso directo. Os camariñáns sacaron unha vitoria tremendamente importante a base de veteranía en Cerqueda, quedando a só 3 puntos dos carballeses e dous do Porteño, tamén cun partido menos que o líder.

E a loita por entrar na Fase estará quente ara o final. O Soneira B parece o mellor colocado e co impulso de endosar a primeira derrota ao Porteño seguro que vai en liña ascendente. Superou o flial soneirán ao propio Cerqueda, que aínda saca 5 puntos ao Muxía, 6º nestes momentos. Pero Laxe e Ameixenda non tiran a toalla. Ambos protagonizaban un gran partido o sábado e quedan a 1 punto do Muxía. Parece, iso so, que o Baíñas se desinfla tras caer ante o Alcaián nun choque moi disputado.

Soneira B - Porteño (3-0)

O Soneira B freou ao Porteño-Foto- Jorge Parri
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Curra, Chuchi, Alberto, Quilmes, Roi (Casti, min.70), Canosa (Pichón, min.88), Chino (Borja, min.65), Félix (Richi, min.55), Wii (Pablo, min.75).
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo (Cousillas, min.85), Oscar (Brais Vela, min.65), Maikol, Iago Carril, Asier (Yuyo, min.5), Iago Martínez (Nené, min.55), Ismael, Mario Toja, David Toja, Bieito (Búa, min.55)
  • Goles: 1-0, min.60: Wii; 2-0, min.65: Richi; 3-0, min.80: Chans.
  • Lesión: Asier cunha escordadura grave.

Primeira derrota do Porteño en Liga ante un Soneira B que chegaba con moitas gañas e que presenta, xa defintivamente, a súa carta de presentación para o ascenso.
O partido dividiuse nunha parte para cada un, e foi o máis efectivo o que levou os 3 puntos. Na primeira metade o Porteño foi superior, pero non estivo acertado. Fallaron Bieito, Mario Toja e Iaguito a portería baleira, pero Martín estivo moi ben na meta local.

Puido ir con vantaxe ao descanso pero non aproveitou as súas e todo cambiou tralo descanso. O filial saíu moito mellor e só houbo un equipo sobre o campo. E sentenciou con eficacia, cos tantos de Wii, Richi e Chans, celebrando unha gran vitoria.
Esperan na Ponte volver á Grixa para a semana para cortar esta mala xeira de resultados.

O Soneira B celebra un dos tantos ante o Porteno-Foto- Jorge Parri

Muxía - Indep. Carballo (2-2)

  • MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní, Martín, Currás, Pesqui, Ángel, Javi (José Antonio, min.80), Santi Papi, Lagoa (Julián, min.65), David (Alberto, min.70), Adrián Negro (Pataca, min.60).
  • INDEPENDIENTE: Noé, Efrén, (Belar, min.46), Scott, Dani Rosalía (Brais, min.65), Jhoni, Carlos, Míchel, Ivi, Benitez, Juni e Moreno (Jorge Pichel, min.46).
  • Goles: 1-0, min.25: Santi Papi de falta; 1-1, min.50: Lagoa; 2-1, min.70: Beni a pase de Ivi; 2-2, min.106: Juni marca un golazo dende fóra da área.
  • Expulsións: os xogadores muxiáns Angel Luís e Santi Papi (min.75) e Pesqui e Alberto (min.106) e o carballés Míchel (min.75).

Partido de traca outra vez en Arliña. Un choque que durou 106 minutos, que tivo 5 expulsados, unha tangana forte e que o colexiado tivo que saír escoltado aos vestiarios. Un choque que remataba cun empate asinado no minuto 16 de desconto ante a indignación da afección muxiá, que deixa ao IDC líder trala primeira derrota do Porteño.

Comezaba o partido moi duro, cun Muxía máis metido e acertado, poñéndose por diante cun gol de falta de Santi Papi. A segunda metade comezaba co segundo dos muxiáns que parecía sentenciar o partido. O cadro de Papi metíase ben atrás e aguantaba as embestidas do Independiente. E nunha destas Beni recurtaba tras un bo pase de Ivi.

Pero todo cambiaba cun momento clave, cando o carballés Míchel agredía a un xogador muxián, e Santi Papi e Angel Luís acodían a empurraban a Míchel. Varios afeccionados invadían o campo. Os 3 eran expulsados e o crono estaba parado.

Quedaban apenas 5 minutos malio desconto, que se alongou ata en 16 minutos. E foi xa nese minuto 106 cando Juni se sacou un disparo impresionante dende o borde da área que significaba un empate valiosísimo para os carbelleses, que se converten nos novos líderes.

E o colexiado pitou o final nada máis sacar de centro e Arliña invadiu o campo. Papi tivo que auxiliar ao colexiado e aos asistentes ata os vestiarios ante o empurre dos afeccionados que consideran que hai unha persecución contra o equipo muxián.

Cerqueda - Camelle (0-1)

O Camelle celebrou unha vitoria importante en Cerqueda-Foto-Blog SD Camelle
  • CERQUEDA: Costa, Bastón, Javi, Pablo, Javi Pazos, Santi, Dani, Dani Seaia, Moisés, Diegueito, Juanjo (Lorenzo, min.53).
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel (Iván, min.60), Matías, Varu, Mario, Jose (Tedín, min.55), Miguel, Javi Rañal e Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.44: Matías de falta dende 30 metros.
  • Expulsión: o visitante Miguel e o defensa local Pablo no min.80.

Gran partido no campo de Xaviña entre dous equipos tremendamente serios que deixa ao Camelle destacado na 3ª praza a 3 do liderato e con 8 sobre o 4º. O partido comezaba cun Camelle moi enchufado que arrinconaba aos locais. Pero o Cerqueda foi pouco a pouco quitándose o dominio e tivo 25 bos minutos na primeira, con boas ocasiós por medio de Mochi nunha contra que falla dende dentro da área, outra de Dieguito e unha terceira de Dani Seaia. O Camelle tamén tivo unha gran ocasión tras un tiro de Miguel que rexeita Costa e o balón queda morto aos pés de Javi pero o colexiado anula por fóra de xogo protestado polos visstantes.

O choque parouse tras unha tangana no medio campo, o que obrigou a estirar o primeiro tempo. Aí chegou o gol do partido, cando Matías marcaba de falta lonxana.

A segunda metade foi de novo igualada, cun veterano Camelle esperando e un Cerqueda intentándoo. Pero a defensa visitante estivo moi seguro. O Cerqueda tivo máis o balón e puido empatar en varias ocasións, como un balón ao longueiro de Dieguito ou unha de Javi no último minuto que quedou só na área pequena pero mandou fóra. O Camelle tamén tería varias contras para sentenciar por medio de Barreiro e Matías pero o marcador non se movería.

Lamentar unha segunda tangana contra o final do partido.

O Camelle celebrou unha vitoria importante en Cerqueda-Foto-Blog SD Camelle 2

Laxe - Ameixenda (2-3)

  • LAXE: Illote, Saleta, Adrián Porteiro, Naya, Pailos, Ventura (Zurich, min.30), Borja, Mandi (Darío, min.70), Aarón (Samuel, min.15), Martin Carrabete, Felipe.
  • AMEIXENDA: Sergio, Álvaro, Demetrio (Javichu, min.55), Alejandro, Bichiño, Grille, Alberto (Jorge, min.55), Borja, Rioliño (Rodrigo, min.80), Javier, Ramiro.
  • Goles: 0-1, min.10: Alejandro; 0-2, min.15: Javier; 1-2, min.30: Samuel; 1-3, min.75: Ramiro; 2-3, min.90: Samuel de falta.

Partido importante o disputado en Laxe que deixa a loita pola 6ª praza moi igualada. Saíu durmido o Laxe e dous tiros dende fóra da área do Ameixenda acabaron no fondo das mallas. O conxunto local botou en falta ao seu medio Gora, expulsado na polémica arbitraxe da semana pasada e tivo que ir sempre a remolque.

Recurtou distancias Samuel e foron moitos minutos no que o Laxe estivo preto do empate, pero as mellores ocasións nos pés Felipe e Carrabete puideron superar a un fantástico meta ceense Sergio.

Ampliou a renda Ramiro faltando pouco e o partido alongouse cun Laxe volcado que recurtaba de novo e a piques estaba de empatar.

Corcoesto - Lira (3-2)

  • CORCOESTO: Anxo, Sergio, Edelmiro, Germán, Ángel (Miguel, min.60), Luís (Pichuco, min.46), Xabi, Pablo, Rodri (Martín, min.75), Josiño, Héctor.
  • LIRA: Pelexo, Fran de Muros, Santi, Manolo de Abelleira, Xabi (Herminio, min.60), Oscar, Suso Patachín (Mauro, min.80), Iago (Michelón, min.75), Germán, Suso Perico, Uxío.
  • Goles: 1-0, min.15: Rodri tras un centro de Josiño; 1-1, min.25: Edelmiro en propia meta tras unha arrincada de Germán; 2-1, min.44: Josiño tras un balón longo ecoa axuda dun defensa; 3-1, min.55: Josiño finaliza de vaselina unha contra por un roubo ao último home; 3-2, min.80: Michelón.
  • Expulsión: Martín por non respetar a distancia nunha falta (min.80).
  • Lesións: os locais Ángel con problemas musculares e Luís con nocello tocado.

Partido traballado que sacou o Corcoesto e que deixa ao Lira un pouco máis lonxe da 6ª praza. Saíu mellor o cadro local, que estivo moi acertado nos primeiros 45 minutos marcando dous na portería contraria e un en propia meta. Facíase xustiza co gol de Josiño ao fío do descanso.
E na segunda saíu o Lira moi enchufado, pero un erro en defensa permitiu o terceiro dos locais tras un roubo e unha contra moi ben levada por Josiño.

Apretou o Lira, con máis gañas que xogo, nos últimos 10 minutos, coa expulsión de Martín e co segundo tanto obra de Michelón. Así, Manolo de Abelleira tivo dúas de cabeza pero mandou por riba, e Suso Perico mandou un tiro que saíu lambendo o pao.
Para a semana o Lira contarán con Andrés, ex do Corcubión e do Cee, que será o 5º porteiro neste curso do Lira.

Xaviña - Castrelo (0-2)

  • XAVIÑA: Lalá, Juan Antonio, Chiriví, Esteban, David, Beto, Ismael, Felipe, Garusso, Pirucho, Martelo. Tamén xogaron: Carlitos, Ruso, Elvis, Pekenao e Moro.
  • CASTRELO: Iván, Dieguiño, Mario, Felipe, Estebo, David (Roberto), Luís, Litos, Vicentiño (Kevin), Marcos (Gus), Germán.
  • Goles: 0-1, min.15: Vicentiño; 0-2, min.85: Roberto.

Partido histórico este pois supón a primeira vitoria da historia do CF Castrelo, que estivo ademais tremendamente arroupado por unha afección espectacular. No partido fixo o cadro vimiancés ante un demasiado relaxado Xaviña. Tardou 21 xornadas o Castrelo en conseguir a primeira vitoria pero este equipo xa leva demostrando varias semanas que non é o da primeira volta.

Colocouse pronto o Castrelo por diante cun gol de Vicentiño. O Xaviña comezou a controlar algo máis, pero sen demasiado pergio. Si apretou o cadro local durante os primeiros 15 minutos da segunda metade, pero non estiveron acertados. Á contra tamén fallaron os vimianceses para sentenciar por medio de Germán e Gustavo, con dúas ocasións cada un, e Litos. E tivo que ser contra o final cando Roberto, que antes era porteiro, o que sentenciou e converteu este domingo 3 de febreiro de 2013 nun día histórico para o clube.

Alcaián - Baíñas (2-1)

  • ALCAIÁN: Fernando (Martín, min.75), Pombo, Martínez, Lino (Miguel, min.60), Marcos (Pistolas, min.50), Rubén, Daviciño, Framil, Facal (Dani, min.70), David, Marqués.
  • BAÍÑAS: Samuel, Héctor (Fernando, min.46), Luís, Sergio, Chambón (Víctor de Rus, min.60), Iván, Susiño, Styven, Cristian, Yanki, Tasky.
  • Goles: 1-0, min.5: Daviciño de penalti tras unhas mans; 2-0, min.82: Marqués; 2-1, min.85: Tasky no segundo tras un centro de Víctor de Rus.
  • Lesión: o porteiro Fernando cos dentes rotos.
  • Expulsión: o local Marqués (min.83)

Partido soso sen demasiadas ocasións, co campo completamente enlamado en Portorrubio. O choque comezaba co cadro local marcando de penalti tras unhas mans. O Baíñas, con Samuel baixo paos (que non é porteiro), tivo que ir sempre a remolque, pero en arreóns tivo momentos de bo xogo. O campo non permitía demasiado xogo así que os de pato o intentaban por arriba, pero a defensa local estivo segura na primeria metade.

Na segunda o Baíñas buscou máis o empate, e sen embargo puido chegar a sentenza cun balón ao longueiro. Pero trala expulsión de Marqués e a lesión do meta Martín tras un forte choque (que lle rompía varios dentes), o Baíñas foise arriba e foron varios minutos de sufrimento local, pero nin Yanki, nin Sergio de cabeza, nin Tasky, puideron empatar antes e despois do gol deste último que recurtaba distancias a 5 para o final.
Ao final, derrota do Baíñas que queda algo alonxado da loita pola 6ª praza.

Coristanco - Nantón (3-2)

  • CORISTANCO: Fredi, Rubén, Héctor, Navarro, Torreira, Iván, Damián, Marcos (Adrián, min.55), Cancela (Magovi, min.60), Gonzalo (Juan, min.80), Jonathan.
  • NANTÓN: Bonano, Lareo, Chami, Diego, Eloy, Carlos Vidal, Fabio (Rubén Rama, min.30), Dani Costa, Martinciño, Iván (Dani, min.65), Luís.
  • Goles: 1-0, min.30: Gonzalo cun balón chorando; 1-1, min.55: Luís de penalti; 1-2, min.60: Martín tras un rexeite de Fredi a tiro de Dani; 2-2, min.85: Magovi; 3-2, min.91: Iván de falta directa pola escuadra.
  • Lesión: o local Marcos, que debutaba e saíu lesionado; e o visitante Fabio.
  • Expulsión: o visitante Chami e a David Lareo xa co partido acabado.

Vitoria in extremis do Coristanco, moi traballada, nun partido con alternativas no xogo e no marcador. Púxose de cara o partido para o Coristanco co gol inicial de Gonzalo que os locais protestaron por posible fóra de xogo. E puido sentenciar o cadro de Rochi, pero Cancela fallou un penalti, e non acabou cun Nantón que non fixo unha bpa primeira metade.

Pero na segunda cambioulle a cara ao cadro cabanés, que en 15 minutos xa lle dera a volta ao marcador cun gol de penalti de Luís e outro de Martín. Pero se puxo nervioso o equipo branco, e parecia que lle queimaba o balón nos pés. O Coristanco reaccionou, non baixou os brazos e en 5 minutos finais de infarto remontou o partido cun balón longo, tamén protestado polos visitantes por posible fóra de xogo de Magovi, e cunha falta maxistralmente botada por Iván xa co tempo cumplido.


Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios