Venres. 10.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Gran semana para os equipos costeiros

1ª Autonómica: Gran semana para os equipos costeiros

Non son habituais as xornadas na 1ª Autonómica sen que os nosos 4 equipos sumen unha derrota. Esta xornada 21 saldouse con 3 vitorias, dúas vitais, e un empate, o que serve para dar un respiro aos nosos.

Se Fisterra, Ponteceso e Camariñas andan ao borde do abismo, noutra liga está o Malpica, que trala vitoria de onte ante unrival directo, xa está 5º. Os de Baña volven estar afiados e están no segundo grupo de cabeza, tralos 3 equipos que andan a outro nivel.

Os outros 3 seguen preto do descenso pero esta xornada serviu para saír do pozo e tomar un respiro. O caso é que entre o 10º, o Amio, e o último da táboa, o Flavia, hai tan só 9 puntos, o que dá conta da igualdade da categoría. Clave foi a vitoria do Camariñas en Padrón ante o pechacancelas na estrea de Berto no banco. Os palilleiros sacaron adiante un partido dos que valen 7 puntos, rompendo así unha mala xeira de 7 partidos sen gañar.
Ademais, o Ponteceso vencía ao Lamela e suma tamén 22 puntos.

O empate foi colleitado polo Fisterra no difícil campo do Arzúa. Un empate que debería saber a vitoria, de non ser porque no último suspiro unha decisión arbitral condicionou completamente o resultado.

Malpica - Villestro (2-0)

11 malpican ante o Villestro-Foto- Luis E. Porto
  • MALPICA: Suso, Martín Uruguaio, Marcos Amado, Víctor, David Castro, Andrés (Alemán, min.57), Neucha (Charly, min.90), Cheo (Juan Rabuñal, min.79), David Blanco (Charro, min.76), Rancaño, Ismael.
  • Goles: 1-0, min.5: Neucha culmina unha xogada trenzada dende atrás cunha volea a centro de Cheo; 2-0, min.80: Neucha de libre indirecto dentro da área por cesión.
Capitans do Malpica e do Villestro co trio arbitral-Foto- Luis E. Porto

Partidazo en Pedra Queimada toma e daca entre os dous grandes equipos. A primeira metade foi de dominio alterno e remataba co 1-0 obra de Neucha tras unha xogada que nacía na defensa. O Malpica, tralo gol inicial, esperou atrás a un Villestro moi compacto que non puido facer dano en case ningún momento a Suso.

Nos primeiros 20 minutos da segunda parte foi cando o Villestro arrinconou aos malpicáns en busca do empate facendo empregarse a fondo a Suso. A partires de aí o Malpica retomou o mando do partido chegando moi ben a portería do Villestro e conseguindo o gol da tranquilidade.

Neucha-marca-o-segundo-tanto-ante-o-Villestro-Foto-Wash-Calvo

Flavia - Camariñas (1-3)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Caamaño, Sergio, Paco, De la Sierra, Alex, Juan oBello (Saviola, min.80), Martín (Carlos, min.70), Brais Triñares.
  • Goles: 0-1, min.20: Martín; 1-1, min.42; 1-2, min.50: De la Sierra; 1-3, min.55: Brais.
  • Expulsión: Paco (min.60)

Non se puido estrear mellor Berto no banco do Camariñas, nun partido vital, que vale 7 puntos (3 que gaña o Camariñas, 3 que non gañou o Flavia e o golaverage). O equipo estivo moi serio e loitou coma nunca e volvía coñecer o sabor da vitoria tras 7 partidos.

O Flavia, moi forte, comezaba mellor nun campo tremendamente enlamado: pero era o Camariñas o que se puña por diante, deixando a partir de aí o dominio aos locais, que conseguían empatar preto do descanso.

Na segunda saíu mellor o cadro de Berto e en 10 minutos sentenciaban o partido cos goles de De la Sierra e Brais. Pero a expulsión de Paco deixaba con 10 ao Camariñas con aínda media hora por diante. Tocaba remar e foi aí cando deu a cara o equipo, loitando como nunca e facendo da defensa un fortín.

Ponteceso - Lamela (3-1)

  • PONTECESO: Norbeto, Gonzalo (Lorenzo, min.55), Alberto, Javi, Rubén, Tucho, Mendieta, Canai (Bieito, min.65), Bolón (Recarey, min.15), Toniño (Josito, min.75), Martín Puente.
  • Goles: 0-1, min.15: tras un balón colgado dende case o medio campo; 1-1, min.30: Toniño tras unha combinación con Canai; 2-1, min.60: Mendieta; 3-1, min.89: Martín Puente nunha contra.
  • Lesión: Bolón cun nocello tocado e Gonzalo, con problemas musculares.

Mellorou a actitude no Ponteceso, pero aínda así atrás hai problemas, con novas lesións e varios xuvenís tendo que asumir o relevo. O Ponteceso sumou unha vitoria crucial tendo algo de sorte.

O Lamela, moi forte fisicamente, fixo moito perigo a balón parado. Pero un par de boas combinacións do Ponteceso, permitiron darlle a volta a un marcador que se lle puña de costas aos 15 minutos. O Ponteceso controlou o balón, sen a frescura doutros partidos, en todo momento, pero atrás estiveron algo frouxos e un par de erros puideron deixar o partido demasiado costa arriba.

Toniño empatou e puido poñer por diante aos de Naco antes do descanso. Pero coa entrada dos xuvenís Bieito, Recarey e Lorenzo e o equipo combinou moito mellor e chegou con máis perigo, permitindo que Mendieta e Martín Puente sentenciasen o partido.

Arzúa - Fisterra (1-1)

  • FISTERRA: Joselu, Roberto (Sergio, min.75), Robertín, Roco, Dani, Bebeto, Santi, Marco Docabo (Insua, min.65), Aitor, Hugo (Guardiola, min.80), Mario (Crisian, min.70).
  • Goles: 1-0, min.30: Marco do Cabo en propia meta; 1-1, min.43: Marco do Cabo.
  • Expulsións: Aitor no min.92 e o adestrador Juan Jesús así como o segundo e o delegado.

Gran partido do Fisterra no sempre complicado campo de Arzúa, ante un dos de arriba. Os de Juan Jesús deron a cara e puideron traer os 3 puntos se non fose pola actuación arbitral. I é que no min.92 Aitor prántase só diante do porteiro e recibe unha gran patada que se escoitou en todo o campo, e o colexiado no canto de pitar penalti e expulsión, saca tarxeta ao punta Aitor, a segunda no partido, e polo tanto, expulsión, a primeira expulsión de Aitor en 15 anos. E iso que o liña indicou penalti e os xogadores locais tranquilizaban aos fisterráns, que acabaron cos 3 adestradores expulsados.

No deportivo foi un choque moi igualado, sen demasiadas ocasións. O Fisterra, que chegaba con 9 baixas, foi moi práctico e controlou ben á dianteirra local. Ademais, estaba chegando ben arriba con varias ocasións de Aitor, Insua, e cando case se conformaba o Fisterra co empate chegaba a xogada clave, que cambiou o sabor doce do empate, por un amargo regusto de inxustiza.

A SD presentará un recurso ante o Comité.


Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios