Venres. 10.05.2024
El tiempo

Resultados da importante xornada no fútbol da Costa

Resultados da importante xornada no fútbol da Costa
Sexo celebrando o gol da vitoria do Murosante a Esteirana-Foto- Jorge Parri

Moitas novidades aconteceron esta primeira fin de semana de febreiro #futboldacosta. Derrotas de imbatidos, primeiras e históricas vitorias, tanganas... Un pouco de todo.

E comezamos a análise da xornada pola Preferente, con resultados curiosos. O que máis complicado o tiña, a priori, resultou ser o único da Costa que volve con 3 puntos. O Soneira sacou en Ribadeo unha vitoria moi positiva que o deixa cunha comodísima 10ª praza. Pero os dous que están un escalón por riba, volveron tropezar e deixaron escapar aos de cabeza. O XSC volveu de baleiro de Viveiro, mentres que o Dumbría, que tiña un enfrontamento directo co Grixoa, volvía tamén sen premio.

En 1ª Autonómica, sen embargo, boas novas. 3 vitorias e un empate reflexan unha das mellores xornadas da tempada para os nosos equipos. O empate, moi valioso ademais, o colleitado polo Fisterra en Arzúa, que lle permite ao Malpica alcanzalo. I é que o Malpica está que se sae, e vencía ao Villestro superándoo tamén na táboa quedando agora na 5ª praza, empatado do propio Arzúa. Os que máis o necesitaban sumaron por fin 3 puntos. Berto estreou banco cunha vitoria clave. O Camariñas visitaba o campo do pechacancelas, un Flavia que iso si, só estaba a 3 dos camariñáns. A vitoria sácaos do descenso, ao igual que ao Ponteceso, que vencía noutro importantísimo partido ante o Lamela e deixa ao Cacheiras no posto de descenso directo.

A xornada na 2ª Autonómica chegou tamén con algunha sorpresa. Como a derrota do líder, a Esteirana no derbi ante o Muros. Quedan agora a só 3 puntos os Cee e Baio, que continúan firmes por detrás. Ceenses e baieses superaron ademais partidos moi complicados en Corme e Louro. Ábrese aí unha fenda co 4º, o Sofán, que non pasaba do empate ante un aguerrido Corcubión. E o Zas queda 5º por diante do Corme a pesar de caer ante o San Lorenzo.
Por abaixo, hai que destacar a vitoria do Cabana en Outes, deixando ao cadro da Serra no posto de descenso que acompaña a un Dumbría B que non levanta cabeza. Hoxe caía 4-0 en Mazaricos, cunha vitoria crucial para os amarelos que escapan lixeiramente a 4 do Outes.

E xornada clave, esta 21º, en 3ª Autonómica. O ata onte líder, o Porteño, sufría onte a primeira derrota ante un Soneira B que chegaba con moitas gañas. Queda agora o cadro de Gerpe (cun partido menos) por detrás do Independiente, que sumaba un empate in extremis en Arliña. Un partido que se alongou 16 minutos de prolongación e que rematou en tangana. Por detrás mantense o Camelle trala súa importante vitoria en Cerqueda. E na loita pola 6ª praza, o Ameixenda paraba a un Laxe que viña forte e ambs quedan a 2 punto do Muxía.
Pero a xornada deparaba un momento histórico: a primeira vitoria do CF Castrelo. Os vimianceses corroboraron a súa melloría cun partido moi serio ante o Xaviña sumando así a súa primeira vitoria en partido oficial da súa historia.

Xa en Xuvenís, parece que o Xallas de Santa Comba deu un paso gran ao vencer ao Cabana, que chegaba con 2 de 2 a Fontela. Os de Rafa quedan agora líderes da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, unha vez que Malpica e Ponteceso, e Fisterra e Dumbría, asinaban sendas táboas.
Na Copa, parece que o Muxía no Gr.1, e os Soneira e Corme no Gr.2, son os que teñen máis papeletas para quedar fóra dos Oitavos.

Mala xornada nas Ligas Galegas. Só o Dumbría de infantís sacaba os 3 puntos, mentres que en Cadetes os dumbrieses manteñen esa 3ª que polo de agora servirá para ascender a División de Honra.

A Esteirana ganou media liga en Cee-Foto- Jorge Parri

Pero a fin de semana tivo máis cousas. En Cadetes a Esteirana vencía en Cee gañando media Liga. Son 6 puntos os que sacan agora os blaugranas aos azuis, e seguen imbatidos. En Infantís o XSC segue intratable con 15 vitorias en 6 partidos.

Ademais, en Veteranos os de arriba non fallaron na 1ª División, mentres que o Muros segue intratable na 2ª. Laxe e Corcoesto xogaranse a segunda praza de ascenso.

E para rematar, este venres tiveron lugar as finais das LCFs. Se en infantís xa había gañador, As Baleas, en alevín o novo gañador é o EFM Vimianzo e en benxamín o C. Fisterra.

Este venres tiveron lugar as Finais das LCFS- Foto- Jorge Parri

Preferente, xornada 23

Ribadeo F.C. 1-3 Soneira S.D.
Viveiro F.C. 5-1 Xallas StComba
S.D. Grixoa 1-0 C.F. Dumbría

1ª Autonómica, xornada 21

Flavia S.D. 1-3 Camariñas F.C.
Ponteceso S.D. 3-1 C. Lamela
S.C.D. Malpica 2-0 S.D. Villestro
CSD Arzúa 1-1 S.D. Fisterra

2ª Autonómica, xornada 21

U.D. Montelouro 1-2 C.D. Baio
Muros S.D. 2-1 S.D. Esteirana
Mazaricos C.F. 4-0 Dumbría C.F. B
Corme C.F. 2-3 Unión Club Cee
S.D. Sofán 0-0 U.D. Corcubión
U.D. Carnota 0-0 Buño S.D.
Sp. Zas 1-2 S.D.San Lorenzo
Outes C.F. 0-3 Cabana S.D.
S.D. Castriz 3-2 Volantes F.C.

3ª Autonómica, xornada 21

U.D. Cerqueda 0-1 Camelle S.D.
S.D. Laxe 2-3 S.D. Ameixenda
Soneira S.D. B 3-0 Porteño C.F.
Muxía C.F. 2-2 Indep. Carballo
SDC Corcoesto 3-2 Lira C.F.
Xaviña F.C. 0-2 C.F. Castrelo
S.D. Alcaián 2-1 C.D. Baíñas
S.D. Coristanco 3-2 C.D. Nantón

Liguilla Previa á Fase de Ascenso da Liga Galega Xuvenil, xornada 3

S.D. Fisterra1-1 C.F. Dumbría
S.C.D. Malpica 0-0 Ponteceso S.D.
Xallas StComba 3-2 Cabana S.D.

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 3

Camariñas F.C. 1-2 Outes C.F.
Muros S.D. 2-3 S.D. Laxe
Muxía C.F. 0-3 C.D. Baio

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 3

Mazaricos C.F. 7-0 Corme C.F.
U.C. Cee 1-3 S.D. Coristanco
Soneira S.D. 2-3 S.D. Esteirana

Liga Galega Cadete, xornada 20

Bergantiños C.F. 1-6 Ural C.F.
Portuarios 3-2 C.F. Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 21

Bergantiños C.F 0-2 Víctoria C.F.
C.F. Dumbría2-0C.D. Lalín

1ª Cadete, xornada 13

Xallas StComba 4-0 C.D. Baio
Muxía C.F. 2-1 S.D. Fisterra
S.D. Coristanco 3-3 Con. de Carnota
Muros S.D. 3-1 Porteño C.F.
Sp. Zas 3-4 Outes C.F.
U.C. Cee 0-2 S.D. Esteirana
Cabana S.D. 1-4 Ponteceso S.D.

1ª Infantil, xornada 17

C.D. Baio 3-0 E.M.F. Vimianzo
S.D. Coristanco 8-0 Ponteceso S.D.
As Baleas 7-1 S.D. Fisterra
Xallas StComba - S.D. Sofán
E.D. Os Miudos 2-2 S.D. Esteirana
Corme C.F. 3-2 Outes C.F.
Muxía C.F. 2-7 Cabana S.D.
  • Descansa o Cee.

Finais das Ligas Comarcais de Fútbol Sala

Se o campión de infantís xa foi o cadro de As Baleas, o pasado venres no Pavillón de Dumbría tiveron lugar as finais das LCFs en categorías benxamín e alevín:

  • Final Benxamín: C. Fisterra - Manuela Rial (4-2).
  • Final Alevín: C. Carnota – EMF. Vimianzo (2-4).

Ligas de Veteranos, xornada 20

1ª División

os
Soneira S.D. 1-0 Corcubión Vet.
Ponteceso S.D. 0-0 Bértoa
C.D. Nantón 2-2 S.D.San Lorenzo
S.D. Coristanco 8-2 S.D.U. Vimianzo
Bergantiños C.F. 1-5 Xv. Bergantiñ
Cabana S.D. 2-1 Sp. Zas
Camariñas F.C. 0-3S.D. Castriz
San Román 0-2 C.D. Baio

2ª División

Agualada 1-0 Dep. Carballo
C.D. Poniente 0-5 Muros S.D.
SDC Corcoesto 5-4 Porteño C.F.
U.D. Cerqueda 0-1 Camelle S.D.
S.C.D. Malpica 0-2 At. Milagrosa
S.D. Laxe 3-0 Leiloio
S.D. Sofán 2-1 Buño S.D.

Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios