Martes. 19.03.2024
El tiempo

Santi Soneira, primeiro galego en sumar unha prata na División de Arco Desnudo Sénior

Santi Soneira, primeiro galego en sumar unha prata na División de Arco Desnudo Sénior
Santi Soneira fixo un impresionante podio en Valencia Santi Soneira fixo un impresionante podio en Valencia

Volvía viaxar o noso arqueiro Santi Soneira ata Valencia para desputar, no antigo cauce do río Turia en Valencia, o Campionato de España na modalidade Tradicional e Desnudo, na Division de Arco Desnudo Senior. E menudo nivel o do deportista do A.G. Su A Agra, chegando nada menos ata a final, na que nada puido facer ante un dos mellores arqueiros de Europa, César Vera Bringa.
En todo caso, o baiés trouxo unha medalla de prata que o convirte no primeiro galego nesta modalidade en acadar unha medalla a nivel nacional.

Soneira quedaba 7º nas roldas de clasificación; 10º nos Dezaseisavos, e 2º en Cuartos. A partir desta rolda os enfrontamentos xa serían directos. Ao arqueiro tocáballe medirse contra Manuel Rodríguez Montoro nunha frecha de desempate. Nas semis tivo que enfrontarse a Alejandro Cabello de Cataluña, e Soneira tivo que remontar para gañar no set de desempate.

Tocaba pelexar o ouro contra o actual Campeón do mundo en na modalidade 3d Cesar Vera Bringas.Nas primeiras tres frechas poríase por diante o balear 2-0, nas seguintes frechas empataban a puntos co cal o marcador poñíase 3-1 para Cesar, nas seguinte rolda 5-1 e na definitava 7-1 a favor de Cesar.

Santi Soneira no Campionato de Espana de Arco Espido

Outos galegos

Os resultados dos outros representantes galegos foron os seguintes na tarde do sábado na ronda clasificatoria Alberto Villarroel non lograba pasar o corte o acabar en 38° posición e Pedro Castro pasaba o corte pero na eliminatoria de 1/16 non lograba pasar a seguinte rolda. Sergio Alonso Peitieiros acabou 12° na clasificación, na eliminatoria de 1/16 lograba a 2° e disputar o domingo pola mañan os 1/8 pasando en 6° lugar a xogar as eliminatorias de 1/4 onde caería no enfontamento directo contra o catalán Manuel Alejandro Cabello por un 4-6.

No video na hora 4:30:54 podedes volver a ver a final disputada polo arqueiro do costeiro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/santi-soneira-volveu-ao-podio-do-campionato-galego-de-tiro-con-arco/

Novas relacionadas

Máis novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios