Santi Soneira volve subir ao podio no Trofeo Federación Xunta de Sala
06:51 15/11/17
Santi Soneira no terceiro chanzo do podio no Trofeo Federacion de tiro con arco
Non para de acadar podios Santi Soneira. O baiés, membro da A. Su A Agra, pasa por ser un dos mellores arqueiros de Galicia, e así o volvía corroborar no Trofeo Federación Xunta de Galicia de Sala 2017 celebrado esta pasada fin de semana.
Gústalle máis ao aire libre a Santi, pero non tivo demasiados problemas para acadar un 3º posto final tras 2 rondas de 30 frechas. Acadou unha puntuación final de 246 puntos igualando a do 2º clasificado Elias Méndez que conseguiría este posto no desempate, por ter máis 6 nas súas tiradas. O 1º posto acadaríao Sergio Alonso Peitieiros cunha puntuación de 247 puntos.
Xa espera o baiés a próxima cita, o vindeiro 26 de novembro en Redondela, nun torneo organizado por MeigArco.
Novas relacionadas
- Outubro 17: Santi Soneira volve subir ao podio no Campionato Galego de Tiro con Arco.
- Marzo 2017: Santi Soneira participou no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo.
- Maio 2016: Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego.
- Xaneiro 2015: O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
Máis novas
- Xuño 2017: O clube Dousxsetenta trae varias medallas do campionato galego de tiro con arco ao aire libre.
- Xaneiro 2017: Dous campións e unha boa manda de peque-arqueiros soneiráns no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])