Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Santi Soneira volveu ao podio do Campionato Galego de Tiro con Arco

Santi Soneira volveu ao podio do Campionato Galego de Tiro con Arco
Santi Soneira do Su A Agra de Baio-Zas nos Campionatos Galegos de Tiro con Arco ao Aire Lirbe 2018 Santi Soneira do Su A Agra de Baio-Zas nos Campionatos Galegos de Tiro con Arco ao Aire Libre 2018 Non para de demostrar que hai moi poucos arqueiros coma el en toda Galicia. Santi Soneira, volvia este pasado 6 de maio de Pontevedra (moi ben organizado polo Club Boa Vista), cunha nova medalla colleitada no Campionato Galego de Aire Libre na modalidade de arco éspido.

O deportista da Agrupación Su A Agra pasaba as roldas previas, e en cuartos eliminaba a Jesús Ángel Budiño. Nas semis tócaballe enfrontarse Sergio Alonso Peitieiros do MeigArco que na rolda clasificatoria rematou en 1º posición. Despois dun apretado 5-5, nesta ocasión a frecha "Penalti" de desempate deulle a vitoria a Sergio Alonso Peitieiros que caería a posteriori na final ante Jose Ángel Lijó Cadilla de Club Arqueiros Do Barbanza./p>

O baiés vencían na loita polo 3º postos ao vencer a Esteban Carreira do Club Arqueiros Do Barbanza.

Esto foi todo para esta tempada en Galicia en tiro a diana xa que aínda falta o Cto de España que se celebrará os dias 26 e 27 de Maio en Valencia. e os torneos de 3D e Campo.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios