Só a Esteirana suma na xornada de futbol sala feminino costeiro
Demasiado castigo para o Fisober da 2ª Estatal nunha tarde-noite do sábado na que a vimiancesas estiveron negadas de cara o gol e a pesar de gozar de boas e innumerables ocasións non estiveron acertadas e acabaron caendo. Así e todo manteñen a 4ª praza por abaixo, lonxe, a 8 puntos, dos 3 de abaixo.
Na Liga Provincial, a Esteirana era a única que sumana tras vencer con rodunidade ao Fame Negra, facendo un favor ao filial do Fisober, por 7-1 e queda na 4ª praza a 2 puntos das pontecesanas. I é que as do Concello de Ponteceso non podían cas herculinas do Viaxes Amarelle FSF B. As de Barca chegaban a esta xornada con só dous cambios dispoñibles e con algunha xogadora tocada, pero apesar da derrota, o Concello de Ponteceso segue ocupando a 3ª praza.
Mentres, o filial do Fisober aguantou ata os últimos cinco minutos da primeira metade ate o colíder cun moi bo traballo defensivo, nun partido disputado na maña do domingo en Baiñas. Pero na segunda as vimiancesas sucumbiron ao poder do Beart 5 Coruña.
2ª División Estatal
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – FLAVIÓBRIGA (0-2).
- FISOBER: Paula, Ana, Noelia, Barca e Myrella; tamén xogaron: Elsa, Inés, Nuria, Ylenia e Olalla.
- Goles:: 0-1: Idoia; (descanso); 0-2: Erica.
O arranque do partido foi premonitorio do transcorrer do mesmo. Xa que no minuto un, un libre indirecto sinalado polos colexiados a favor das locais, Ana sacou rápido e por sorpresa para Noelia pero o gol non chegou, o igual que no resto da tarde-noite. Pero quen si acertou foi Idoia aproveitando un balón longo de Elena para poñer en vantaxe as visitantes. As cántabras aproveitaron a situación, ben colocadas atrás defendéronse con moito orde e a aproveitar situacións a contra. As locais nos primeiros minutos non sabían como meterlle o dente as do Flavióbriga a pesar do infructuoso dominio.
Tivo que ser Myrella cun lanzamento lonxano a que puxo a proba a Elena. A resposta foi pola visitante Idoia. Mediada a primeira metade unha combinación a base de paredes rematou cunha nova ocasión para Ana. Respostada desta vez por unha ocasión da visitante Erica. A nove para o fin a xogada que resume o partido, a local Nuria atópase un balón na frontal axusta o seu lanzamento e vaise a un pau, pasease por toda a liña e bate no outro pau sen querer entrar e no “batiburrillo” posterior tampouco quixo entrar o balón.
As visitantes seguían a facer o seu traballo e tentar asustar a Paula con algunha contra que esta solventaba ben. Nestes últimos minutos seguiron a caer ocasións do Fisober, sendo as máis claras por parte de Ana, Elsa e Barca pero a igualada non daba chegado. Co cero a un chegouse o tempo de lecer.
A segunda metade escribiuse co mesmo guión, pero todo empeorou cando os cinco minutos outra contra visitante remataba co cero a dous obra de Erica. Un plus para o traballo defensivo visitante e unha lousa para as locais. As da Costa non se rendían pero topaban unha e outra vez ca porteira cántabra Elena que se tornaba en protagonista. Dúas moi boas ocasións de Elsa eran as máis significativas.
Co paso dos minutos as ideas nas locais esgotábanse e comezaban a xogar con máis corazón que cabeza. Pola súa parte as visitantes redobraban o seu esforzo defensivo e cada contra era cada vez máis perigosa debido os riscos tomados polas locais.
Pero Paula facía un par de boas intervencións. A cinco para o fin chegaron dúas ocasións que poideron meter o Fisober no partido , unha por parte de Barca e unha de moi clara despois dunha gran xogada de Nuria que Inés non foi quen de materializar sola no segundo pau.
Chegando o último minuto Nuria probou sorte por dúas veces dende lonxe, pero Elena non ía deixar que lle marcaran un gol e con sendas intervencións fixo imposible a remontada. Chegándose con este resultado o fin do partido.
Liga Provincial
- Resultado: Viaxes Amarelle B - Concello de Ponteceso (6-4)
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes e Alba Marrozos.
- Goles: 0-1.- Sandra (min. 12); 1-1.- Laura (min.14); 2-1.- Cruz (min 19); 3-1.- María (min. 23); 4-1.- Ainhoa (min. 24); 4-2.- Ana (min. 25); 5-3.- Cruz (min. 31); 6-3.- Nuria (min. 36); 6-4.- Carmen (min. 40).
Comenzaron as locais presionando arriba ás xogadoras de Barca para impedirlles a fácil circulación de balón. As xogadoras de Suso Carreira estaban tendo ocasións sobre a portería das visitantes, pero non conseguían abrir o marcador. Foi o Concello de Ponteceso FSF quen, despois de varias oportunidades falladas, consigue poñerse por diante no marcador por medio de Sandra e tras un rechace da porteira local no minuto 12 de partido. Co 0-1 , o Viaxes Amarelle seguía presionando ás pontecesanas arriba e non as deixaban apenas ter o balón. Así foi como ós dous minutos do gol visitante conseguiu poñer as táboas no marcador nunha contra finalizada por Laura. A cinco minutos do final o bo xogo do Viaxes Amarelle B fixo que se adiantaran no luminoso, primeiro con un gol de Cruz nun disparo frontal de sete metros no minuto 19. María conseguía facer o terceiro tras unha boa xogada personal e con un tiro que toca nunha das xogadoras visitantes a dous minutos do final e, a falta de un minuto unha xogada de estratexia a raíz dunha falta conseguía poñer o 4-1 tras un gran disparo de Ainhoa. A pesar de que as herculinas levaban 3 goles de ventaxa , o Ponteceso non se dou por vencido e a falta de cuarenta segundos conseguiu recortar distancias con un bo disparo de Ana, chegando así ó descanso co resultado de 4-2 a favor das locais.
A segunda parte comezou igual que a primeira. O Viaxes Amarelle saíu do vestiario con ganas dos 3 puntos e ós seis minutos da segunda metade, conseguía o quinto tras un disparo de falta directa executado por Cruz. O Concello de Ponteceso non baixou os brazos e seguiu creando ocasións, pero o balón non conseguía traspasar a liña de gol para acortar distancias. E esto aproveitárono as locais, que conseguían poñer o 6-2 no marcador con un gol transformado por Nuria. As pondalianas non se daban por vencidas a pesar do resultado e seguiron loitando e presionando ó conxunto local. A nove minutos do final do encontro, Carmen consegue recortar distancias anotando o terceiro tras unha boa xogada e un pase de Sandra ó segundo pao, e con tempo para poder darlle a volta ó marcador. Ambos equipos competiron nos últimos minutos por subir tantos ó luminoso, pero nin as locais conseguiron aumentar a súa ventaxa nin as visitantes darlle a volta ó resultado para non perder os 3 puntos. Quedou así o marcador ó final do tempo reglamentario.
Liga Provincial
- Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – 5 CORUÑA (2-7).
- FISOBER B: Martina, Noe, Paula, María e Tamara ; tamén xogaron: Laura, Mónica, Natalia, Iria e María Maroñas.
- Goles: 1-0 Noe, 1-1 Sofía, 1-2 Mel , 1-3 Sofía, 1-4 Raquel, 2-4 p.p. (descanso) 2-5 Raquel, 2-6 Raquel, 2-7 Aldara.
O arranque do filial foi excepcional xa que Noe aproveitaba un balón na frontal para poñer en vantaxe as locais. Pero a ledicia durou ben pouco xa que Sofía tardou un minuto en igualar. Aínda así cas do filial ben colocadas en defensa, algún pau e con Martina parando o que lle chegaba, foron aguantando o empuxe visitante. Co paso dos minutos o dominio visitante íase incrementando, pero o Fisober B continuaba facendo o seu traballo.
Ata que a cinco para o fin da primeira metade Mel consguiu abrir a lata e solo un minuto despois marcaba novamente Sofía. As locais viñéronse un pouco abaixo.
Preto de entrar no último minuto Raquel facía o un a catro e poñía xa moito marxe no electrónico. Pero nos últimos segundos a capitana local María loitou un balón ata o final o que fixo que provocou un erro nas visitantes que anotaron un gol en propia porta para o dous a catro co que se chegou o tempo de lecer.
Na segunda metade todo continou como rematara a primeira. Dominio visitante e as locais que se defendían e tentaban lanzar algunha contra, ou mesmo Martina que tentou sorprender dende seu campo a adiantada porteira do 5 Coruña. Así foron chegando dous novos goles de Raquel mediada esta segunda metade e o definitivo 2 a 7 de Aldara a cinco minutos para o fin do partido.
Non poideron regalarlle uns puntos as súas compañeiras a Cris, como pretendían aínda que sabían que a misión para este fin de semana era difícil, que se perderá o que resta de tempada por lesión pero seguen ca boa liña dos últimos partidos.
Vindeira cita
2ª División Estatal:
- GUARNIZO FSF - FISOBER F.S.F.: sábado, 16 de marzo de 2013 no Polideportivo Guillermo Cortés de Guarnizo, Cantabria.
1ª Autonómica:
- Concello de Ponteceso F.S.F - Manureva (líder): sábado 9 de marzo ás 18:00 no Pavillón Municipal de Ponteceso.
- Esteirana - Manureva Suevos: venres 08/03/2013 ás 21:30 no Pabellon Jose Lago (partido aprazado da x.16; A Esteirana descansa na vindeira x.17).
- Espartanas F.S. - Fisober F.S.F. "B": sáabdo 09/03/2013 ás 12:00 no Municipal Barrio de las Flores.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.