![fisober]()
A pasada fin de semana desputaba o Fisober
por primeira vez na súa historia un partido da Copa Xunta. O rival era o Ponte Ourense, da División de Honra, o que foi campión de Liga e Supercopa en 2011.
Fisober – Ponte Ourense (1-7)
- FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Eva e Laura.
- PONTE OURENSE: Loli, Drica, Rosángela, Anita e Vanessa ; tamén xogaron : Chiqui, Laura, Marta, Carol, Noelia, María e Paloma.
- Goles: 0-1 Laura, 1-1 Ana, 1-2 Anita, ( descanso ), 1-3 Drica, 1-4 Drica, 1-5 Chiqui, 1-6 Marta, 1-7 Vanessa.
Comezou o encontro coas rapazas da Costa moi concentradas, ata o punto que a primeira ocasión foi delas, por medio de Patri. Tres minutos despois, mandaron as de Ourense o balón ao travesaño.
As vimiancesas decatáronse de que
non había outra que defenderse con orde e tentar algunha contra. Aos catro minutos, Laura anotaba o primeiro tanto visitante. Puido respostar o Fisober cun lanzamento de Nuria dende lonxe, pero foise ao longueiro.
Non querían ser menos as visitantes e Laura tamén mandaba ao longueiro. Tocaban e tocaban as do Ponte para buscar ocos e atopábanse cunha gran actuación da porteira Paula que freaba os seus intentos, xunto co traballo defensivo das súas compañeiras.
Nin Laura , nin Drica, nin Carol podían coa porteira local. O Fisober non podía apenas sair, pero nunha desas poucas saídas Ana aproveitou un balón morto para colocar un sorprendente 1 a 1 no marcador. E Barca dende lonxe casi aumenta a sorpresa.
Pero a 53 segundos do descanso Anita puxo ao Ponte Ourense de novo en vantaxe.
Á volta dos vestiarios xa foi outra historia, as visitantes apretaron máis se cabe e non deixaron opcións ao Fisober que non inquedou case á meta defendida por Noelia.
Todo o contrario que a de Eva, que ao igual que a súa compañeira Paula, fixo unha gran actuación na portería.
As ocasións e os goles foron caendo nesta segunda metade. A internacional Rosángela, que debutaba procedente do Valladolid, enviaba ao longueiro aos tres minutos. Aos cinco, a brasileira Dric facía o terceiro para o seu equipo, e un minuto despois o cuarto.
No seguinte minuto era frenada por Eva, e no minuto oito Chiqui facía o quinto para as visitantes. O Ponte chegaba unha e outra vez ante Eva amosando que
ás locais se lles foron esgotando os folgos.
Aínda así, as do Fisober seguían sufrindo en defensa buscando que non se incrementara o resultado cunha Eva moi atinada na portería . Pero nos dous últimos minutos caeron aínda dous goles máis, un por medio da internacional española Marta e outro de Vanessa.
En definitiva o Fisober aguantou unha metade o empurre dun equipo de Divisón de Honra, pero a segunda fíxoselle moi longa, típico a estas alturas da pretempada.
Destacar que no Fisober foron baixa para este partido por motivos laborais, tanto Elsa como Olalla. E que a cadete Laura por segunda vez disputaba uns minutos co primeiro equipo.
Novas relacionadas
Crónicas da campaña 2011-2012
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.