Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Fisober fai historia

O Fisober fai historia

O Fisober Concello de Vimianzo conseguíu este sábado 31 de marzo de 2012 o éxito máis grande da súa curta historia ao proclamarse, a falta de dúas xornadas, Campión da Liga Autonómica de Fútbol Sala Femenino. Un título que ademais lle dá billete para disputar o Campionato de España e provoca o ascenso á 2ª División Nacional.

Non é de extrañar pois a ledicia na exposición vimiancesa, que tras celebrar o título en Guntín e no bus, foron recibidas á súa chegada á capital soneirá polo alcalde. Ademais fixeron un paseo nocturno en camión polas rúas da localidade para celebrar o título, rematando cunha churrascada e celebración título ata altas horas da madrugada, como ten que ser.

Grandisimo éxito para un grupo que ten unha media de idade que non chega os 21 anos. Un grupo de rapazas que na súa maioría formaron parte dos primeiros equipos que tivo o Fisober, fai 8 anos cando aínda eran alevíns ou infantís, e que a base de esforzo e de gran traballo por parte do equipo técnico de directivo, seguen medrando constantemente.

Enviamos dende todo o equipo de QPC os nosos máis sinceiros parabéns a toda a Familia Fisober, aos Luis Sambad, Fran Toba, Jemisa, Iván Chans e Jordi dende fóra, e ás Paula, Patri, Elsa, Ylenia, Nuria, Ana, Olalla, Noelia, Barca, Eva, Mirella e Alba, que foron as raíñas da pista da Liga Autonómica nesta campaña 2011-2012.

Liga Autonómica

  • Resultado: CONCELLO DE GUNTÍN - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (3-7)
  • FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Elsa, Myrella, Ylenia, Eva e Olalla.
  • Goles: 0-1 Ana, 0-2 Patri (descanso), 0-3 Noelia, 0-4 Ana, 1-4 María J., 1-5 Noelia, 1-6 Myrella, 2-6 Cristina, 2-7 Noelia, 3-7 Patricia.
  • O longo viaxe afectou o rendemento na primeira metade das da Costa. Aínda así Patri mandaba un balón o pau case na primeira xogada do partido. Aos 4 minutos era Noelia a que tiña a opción para abrir o electrónico. Aos 6 minutos respostaban as locais nunha contra pero Paula erraba.
    Ata que aos 8 minutos a capitana do Fisober, Ana abría o marcador encamiñando o título. Pero as locais non querían renunciar a complicar as cousas. Así Patricia probaba sorte de falta, mentras que Paula e Noelia non eran quen de superar a porteira do Fisober, Paula.

    Fisober non quería pasar apuros e apretou unha marcha máis, unha xogada de tiraliñas vía como unha xogadora do Guntín salvaba baixo paus o gol de Barca. Despois era Nuria de forte lanzamento.
    Ata que a catro para o fin Patri facía o segundo ante a ledicia dos siareiros que acompañaron o Fisober neste longo viaxe. Con este resultado remataba a primeira metade.

    A segunda metade xa foi outro conto. No primeiro minuto Noelia facía o terceiro e poñía máis terra de por medio. E o partido case quedaba finiquitado cando Ana facía o cero a catro.
    Denda aí foi unha contra atrás para que o Fisober poidera celebrar o título nun partido moito máis aberto. A bulliciosa xogadora local Noelia non era quen de superar a Eva que defendío a portería do Fisober nesta segunda metade.
    A visitante Noelia tiña a opción de aumentar vantaxe nun man a man. Os seis minutos e despois dunha serie de rexeites María J. reducía distanzas.
    Pero sen apenas tempo para que tiveran un halo de esperanza, Noelia facía o quinto para o Fisober aos sete minutos.

    Os minutos pasaban e pasaban no ida e volta. As locais decidiron tentalo ca porteira xogadora. A 7 para o fin Myrella roubaba un balón e marcaba a pracer o sexto para as do Fisober.
    Volveron a marcar as lucenses a catro para o fin por medio de Cristina. Aínda así xa nun ambiente de festa total houbo tempo para máis goles. A dous para o fin Noelia marcaba o sétimo do Fisober de dobre penalti. E as locais para non ser menos tamén o fixeron de dobre a falta de sete segundo.

    Pero co pitido final desatouse a ledicia e a festa nas xogadoras do Fisober, que celebraron o título xa na pista con champán. Continuou cas típicas duchas nos vestiarios. Seguiu no bus en todo o viaxe de volta cara a Vimianzo.

    Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios