Só os cadetes do Volei Dumbría superan ao potente Emeve de Lugo

5 choques disputaron os equipos do Volei Dumbría esta fin de semana en Dumbría e só os cadetes foron capaces de superar ao potente Emeve, un dos equipos con máis historia do país. O resto, os xuvenís, as cadetes e os e as infantís, caeron, sendo o máus disputado o dos infantís.

E sufrida foi a vitoria do Cadete masculino do Voleibol Dumbria, que venceu por 3-1 (25 -13, 23-25, 26-24, 25-12). Despois dunha ventaxa clara no primeiro set o segundo e tercer foron moi disputados repartindose un cada equipo. No derradeiro set a superioridade foi manifesta.

Pola súa banda, os infantís do Manuela Rial Mouzo perderón no tie break ante o Emeve por 2-3 (14-25, 25-22, 19-25, 25-21, 13-15). Enfrentabanse o 1º e 2º clasificado e o partido despois de varias alternativas decidiuse no 5º set onde os nosos levaban unha clara ventaxa no marcador que remontaron os lucenses cun saque potente que non superon repostar. Pese a derrota o equipo continúa líder por mellor average.

No resto de partidos a superioridade das visitantes foi clara e os lucenses venceron sen demasiada oposición, agás os xuvenís que prantaron cara naghunas fases do encontro. Estes foron os seus resultados:

  • Xuvenil masculino: Voleibol Dumbria - Emeve 1-3 (25-27, 18-25, 25-19, 19-25).
  • Infantil feminino: Manuela Rial Mouzo - Emeve 0-3 (9-25, 9- 25, 15- 25).
  • Cadete feminino: Voleibol Dumbria - Emeve 0-3 (10-25, 12- 25, 22- 25).

Vindeira cita

Este sábado 20 de xaneiro visitan A Coruña para enfentarse a Calasancias:

  • Cadete masculino e feminino (16:30h): Calasancias-Voleibol Dumbría.
  • Infantil masculino e femenino (18:30h): Calasancias- Manuela Rial.
  • Ademais, Comeza a Liga dos máis pequenos en Noia a modo de concentración o sábado pola mañá enfrentándose a Padrón, Rianxo, Ames, Boiro...

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.