Strikovic asegura o Circuito Interprovincial de Xadrez a falta da cita de clausura en Muxía
Tralas probas desta fin de semana en Malpica e Cerceda, xa só queda pendente a clausura no torneo final de Muxía, que se celebrará o 12 de setembro e que servirá para pechar este I Circuito Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña.
No deportivo, a falta da cita muxiá, Aleksa Strikovic xa é matemáticamente o vencedor da xeral absoluta, tras vencer en Malpica.
Daquela, imos analizar como foron estas probas, as 11º e 12º do circuito.
I Torneo Concello de Malpica
62 xogadores competiron en Malpica, cun gran nivel encabezado polos Grandes Mestres Aleksa Strikovic e David Lariño (actual campión de España de xadrez rápido) contando tamén con 2O MI e 1MF ademais doutros fortes xogadores habituais do circuíto. Houbo participación de Ponferrada, Verín, Ourense, Vigo, Sanxenxo, Rianxo, Padrón, Santiago, Lugo, Ferrol, A Coruña, Cerceda, Arteixo, Carballo, Malpica, Mazaricos, Muxía, Corcubión e Muros.
Repartíronse 800€ en premios máis trofeos (unhas pezas da alfarería de Buño moi bonitas), con 7 roldas en partidas de 10´ 2? e válido para ELO FIDE de rápidas, o local de xogo foi o Pabellón municipal que foi amplo e os xogadores estiveron cómodos, tamén se lles facilitou auga por parte do concello de Malpica que puxo todas as facilidades para apoiar o circuíto.
No plano deportivo houbo algunhas sorpresas, sobre todo o mal torneo do GM David Lariño (no seu descargo dicir que estaba enfermo). Comezaron moi fortes Strikovic e Arián con 5 de 5, tras empatar a súa partida na rolda 6 e todo decidiuse na última rolda, Arián empataba ante Walter e Strikovic vencía a Casares co que o GM Serbio Aleksa Strikovic (Chantada) con 6,5 puntos anotábase o seu 6ª vitoria no circuíto co que xa é o campión absoluto do circuito.
Entre os gañadores, destacar o mazaricán do Cabo Touriñán, Darío Lemaque volveu gañar en sub-8. Os mellores locais foron Jose A. Cruz, Javier Fariña, e Iago Garcia.
A organización do circuíto agradecer ao Concello de Malpica, Iago Espasandín e a Paco Abella a súa colaboración e apoio para que o torneo puidésese levar a cabo e que esperemos volver en anos vindeiros.
II Torneo Concello de Cerceda
O domingo o circuíto trasladouse á localidade de Cerceda para disputar o II torneo Concello de Cerceda no que participaron 57 xogadores (na súa maioría os mesmos do sábado). O domingo houbo moitas máis sorpresas que o sábado (e o que máis de todos os torneos do circuíto) en todo o torneo e os favoritos foron caendo, Arián perdía na 3ª, Lariño na 4ª (ambos ante Marcial) e Strikovic na 5ª ante Espiñeira.
A clasificación final foi 1º GM David Lariño por diante de Marcial García (Rianxo), e Aleksa Strikovic (Chantada).
As ANPAS anótanse ao xadrez
Xa contamos que as ANPAS apúntanse á moda do Xadrez e xa teñen as primeiras citas da súa Liga. Ponteceso, Carballo e Mazaricos acollerán probas entre outubro e novembro, e xa podedes inscribirvos ata o 10 de outubro en www.fedanpas.org.Novas do Circuito
- Mazaricos tamén vibriu co Xadrez e permitiu un doblete de David Lariño.
- O Circuito de Xadrez segue sementando amor por este deporte en Cabana.
- Carnota e Dumbría vibraron co xadrez.
- Strikovic segue mandando no Circuito Intercomarcal de Xadrez.
- O xadrez de alto nivel volveu a Baio.
- O Circuito de Xadrez salta de Arteixo a Baio.
- O II Aberto Fundación Luis Calvo de Xadrez batíu marcas de participación.
Máis novas
- As ANPAS apúntanse á moda do Xadrez.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- O Xadrez Cabo Touriñán pelexa por manter a 3ª praza.
- O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez.
- O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).