Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Suso da Torriña e Os Miúdos, recoñecidos na Gala da RFGF

Suso da Torriña e Os Miúdos, recoñecidos na Gala da RFGF
Choveu no Os Miudos Corme no Eleuterio Balayo da Copa Xuvenil-Foto-Fin Lema Suso da Torriña será premiado na Gala da RFGF-Foto-Fin Lema Aínda soan os ecos da espectacular V Gala do Fútbol da Costa QPC, mentres a Real Federación Galega de Fútbol xa prepara a súa cita anual. Unha Gala do Fútbol Galego, organizada en colaboración coa Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, que se celebrará este venres 29 de xuño no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, e que terá participación costeira. A RGFG ten en conta á Delegación costeira para dous dos seus premios: o fútbol base, e o premio “Toda unha vida”, adicad ao deporte. A familia dos Miúdos será premiada como gran aposta polo fútbol base pola Federación. A familia muradá, que na Gala QPC recibían o premio ao Fútbol Feminino, a nivel galego será recoñecido por ese traballo dos Vinto e compañía pola canteira. Ademais, a FGF quere recoñecer o traballo de Suso da Torriña, alma máter do Corme, co Premio Toda unha vida, en representación de todas esas persoas que día tras día fan un traballo impagable nos clubs para que o fútbol galego segue co seu magnífico estado de saúde. Suso, que xa recibiu na Gala QPC do ano pasado o Premio ao Delegado do Ano, é membro fundacional do Corme C.F. e é desas persoas que representa á perfección a todo un equipo e a todo un pobo. O ano pasado o Dumbría CF e Vicente Carril recibían sendos premios.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-gala-qpc-puxo-en-santa-comba-o-emocionante-broche-de-ouro-a-temporada-do-futbol-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/vicente-carril-severino-amarelle-desi-e-o-dumbria-presentes-na-gala-do-futbol-galego/ https://quepasanacosta.gal/abdoulaye-e-o-muxia-e-a-nova-sede-de-baio-protagonistas-da-gala-da-federacion-galega-de-futbol/

Comentarios