Touripartido en Mazaricos
23:42 15/04/12
Día tan frío e chuvioso coma simpático no campo de Pedra de Ouro para recibir un partido con solera. Uns 200 afeccionados ateigaron o campo de Mazaricos para presenciar o "Touripartido" un choque entre o equipo do programa da TVG Tourilandia co cadro local.
I é que a historia vén de lonxe. Non hai moito qu eun directivo do Mazaricos envioulle a camiseta para recadar fondos para a Festa do Embalse a Federico Pérez Rey, o calvo máis simpático da televisión galega que podemos ver ademais en Era Visto e outros programas con D.O. I é que Federico é de Mazaricos, algo que aínda non descubríramos ata agora.
Así que hai uns programas a camisola do Mazaricos Cf saíu en antena, e a produtora da TVG, co gallo da sección de sketches "O Míster", quixeron convertir ao Mazaricos no SD Cruceiro.
Foron as risas durante todo o partido. As bromas, as piscinas, as duras entradas... todo cun ritmo trepidante... Sobre todo na primeira metade, que polo menos durou 45 minutos porque na segunda aos 25 xa pedían papas o equipo televisivo.
Pero vaia plantel que traía o "Tourilandia". Ademais de Federico (feito un auténtico Pitbull) destacaban os Xosé Tourián e Marcos Pereiro (as míticas cantareiras de Ardebullo), ou Pepo Suevos, Terio Carrera, Pablo Coira, David Amor, Mon o animador, ou David, señor do tempo no programa.
Polo Mazaricos xogaron moitos xuvenís e mesmo algún siareiro.
Crónica do partido
- Resultado: Mazaricos - Tourilandia (5-5)
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Crónica de Sara Ramos.