Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Últimos días para inscribirse na Marcha e na Andaina bergantiñáns

Últimos días para inscribirse na Marcha e na Andaina bergantiñáns
Segue a bo ritmo as inscricións da XV Marcha Costa da Morte e da II Andaina Costa da Morte que organiza o Club Ciclista Monteneme, que continuarán abertas ata o vindeiro xoves día 28 de Setembro en www.prueba-t.es. Por agora xa son 130 os inscritos na Andaina e esperan aumentar esta cifra para que este domingo as citas sexa multitudinarias. É unha das marchas máis antigas e tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a provincia e que se desenrola en colaboración de Federación Galega de Ciclismo. Como ven sendo costume contarase cun percorrido atractivo para todos os amantes do ciclismo de montaña que discorrerá principalmente polo Concello de Carballo, pero tamén pasará máis brevemente polos de Coristanco e Ponteceso. A ruta será moi semellante a de 2016, na cal, o principal atractivo foi o tramo pola ribeira do río Anllóns ata Verdes, que este ano incluso se amplía empezando desde as inmediacións da Fábrica de Calvo, e a tradicional subida a Monteneme, onde, unha vez arriba se poderá contemplar toda a costa de Malpica e despois desde a outra vertente toda a baía da praia de Razo e Baldaio. Haberá dous percorridos, o longo duns 45 quilómetros e outro máis curto e levadeiro duns 32 quilómetros. Este ano, dado a boa acollida da pasada edición, repítese, xunto coa Marcha ciclista, Andaina Costa da Morte, cun percorrido asequible para todos duns 15 quilómetros que levará ós participantes desde a Praza do Concello de Carballo pola beira do río ata Pontedona, pasando por Sísamo e o Refuxio de Verdes, onde haberá un autobús para traelos de volta a Carballo, así como un pequeno agasallo para todos os participantes e con parte de novo recorrido por Verdes.   Ó final da proba desgustarase entre todos uns pinchos. A saída será desde a Praza do Concello de Carballo as 9:00 e media hora máis tarde sairan os participantes na Andaina. Máis información Fonte

Comentarios