Martes. 08.10.2024
El tiempo

Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría

Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría
volei dumbria As categorías inferiores do Volei Dumbria xogaron a pasada fin de semana en Narón As categorías inferiores do Volei dumbría desprazaronse a pasada fin de semana ata Narón para disputar a 4ª xornada da Liga Galega. Na categoría cadete os rapaces da Costa da Morte caían derrotados por 3-1 con parciais de 27-17, 25-23, 14-25 e 25-19 ante o segundo clasificado da categoría. A xuventude deste equipo unida á súa inexperiencia fixeron que nos momentos decisivos dos set o marcador se decantara polo equipo local. Pese a todo, o entrenador dumbriés aproveitou para que catro rapaces debutaran na que era a súa primeira viaxe co equipo. O obxectivo de este equipo é coller experiencia e aprender cara a próxima tempada, xa que dos doce xogadores, dez son de primeiro ano e cinco deles comezaron a xogar este ano. O cadro xuvenil impoñíase por un contundente 0-3 con parciais de 6-25, 10-25 e 7-25. A pesar de que o adestrador dumbriés deixara sin convocar a varios xogadores clave para reservalos para xogar cos maiores na Superliga 2, o partido non tivo moita historia como ben reflexa o marcador e os rapaces da costa da Morte impuxéronse con facilidade ante o xove equipo de Narón. A vindeira xornada o equipo xuvenil descansará mentres o cadete xogará o sábado - día 5  de novembro - ás 10:30 horas no pavillón municipal de Dumbría ante o Voleibol Lugo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios