Unha escola vella e bella
- Clásicos coma Aarón, Iago ou Doro personifican o protagonismo da igualada preferente entre Dumbría e Xallas, de pouco valor para ambos.
Non se pode dicir que un punto saque de pobres a Dumbría e Xallas, pero que tampouco deixaría de firmalo ningún dos dous antes do comezo da xornada. Nun ano no que ambos compiten cos grupos máis novos que se lles lembra, foron os seus futbolistas máis veteráns, coma Iago e Aarón no caso dos do Conco, ou Doro no dos visitantes, os que tiveron o acerto necesario de cara á portería contraria. Resultou ser un encontro de alternativas no marcador, con oportunidades e aberto para ambos, pero a bagaxe final deixa unha realidade algo preocupante: os de Santa Comba son colistas con só oito puntos acadados no que vai de liga, mentres que os dumbrieses seguen en postos de descensos, con só unha victoria máis de marxe. E iso que é a Preferente con maior dominio provoncial ou zonal, con Arteixo, Paiosaco e Sada en tres dos catro primeiros postos.
Mellores novas deixou unha Primeira Autonómica na que só o pinchazo do Sofán en Piloño deixou un sabor amargo (ademáis do derbi de Outes, no que só un voltaría co sorriso na boca). Retornou o Soneira á senda positiva, e o fixo en Lesende, ante un rival coñecido ao que dominio de comezo a fin, e onde tivo a puntería que fallara nos encontros anteriores. Fundamental foi a vitoria do Baio co Palmeira, que asenta aos branquiazuis, e tamén a do Malpica ante o filial do Bertamiráns.
A polémica apareceu no súper partido da Costa, que se xogaba en Ara Solis. Xogaba o Zas, e pitaba Zas, toda unha garantía de surrealismo que non fallou á súa cita co faranduleo. O brazo máis rápido da Costa non dubidou en castigar a Piti en dous minutos e deixar aos locais con dez á media hora de xogo. Zas fixo de Zas, e o Zas de líder, cun punto tardío que confirma a madurez do equipo de San Andrés. E de madurez aprendeu un rato longo o Ponteceso, que coa súa victoria en Vimianzo ante o Baíñas confirma que de sorpresa os de Barca comezan a ter pouco.
Sufriu na Terceira Autonómica o Corcubión para dobregar a un bo Muxía, pero aguantou o tirón que lle impoñen Laxe e Monte Louro, e que garante unha boa loita polo título de liga. O que non deixou boas novas foi o fútbol base, coas derrotas dos Dumbrías, que no caso do Xuvenil, contra o Lalín na casa, significa a perda do liderado.
Preferente Norte, xornada 13
Primeira Autonómica, xornada 11
Segunda Autonómica, xornada 11
Terceira Autonómica, xornada 9
Xuvenil - Liga Galega, xornada 11
Dumbría | 0-1 | Lalín |
Cadete - División de Honra, xornada 11
Conxo | 3-1 | Dumbría |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 11
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 11
Primeira Cadete, xornada 10
Primeira Infantil, xornada 10
AlevínCosta Sur F8, xornada 7
BenxamínCosta Sur F8, xornada 7
Veteranos, 1ª División, xornada 9
Veteranos, 2ª División, xornada 9
Crónicas da semana
- Xuvenís: 10 de 10.
- Ligas Galegas: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- 3ª Autonómica: O Corcubión estira a Liga.
- Un Ponteceso de Pinguel.
- 1ª Autonómica: E o Outes tomou o Carral.
- Preferente: Pechando a táboa.
- Resultados do #FútboldaCosta: Unhas sorpresas de Primeira.
Novas relacionadas
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).