Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns

Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns
Fisterra prepara un recibimento antolóxico para os seus heroes Rapacollons pr FisterraRapacollons pr FisterraRapacollons pr Fisterra Os Rapacollóns de parranda por Fisterra Como se de Julio César entrando pola Vía do Forum Romanum se tratase, o Fisterra recibirá honras de campión o vindeiro domingo en Ara Solis, ademais do trofeo acreditativo por parte da Federación Gallega de Fútbol. Aínda coa resaca da celebración no recordo (e en moitos casos no fígado), haberá unha segunda entrega para quenes non puderan celebrar os goles no Hermanas Patiño de Camariñas. E da organización encárganse, como non, os xa famosos sambóns, testeadores e futboleiros Rapacollóns, que anuncian así o despliegue: "Serán máis de 90 mín de festa e alegría a raudais. Que todo aquel que asista ao campo o faga coma sempre, disfrazado ou ataviado coa camiseta dos Rapacollóns. Haberá globos verdes e brancos para todo o mundo. Lanzaremos confeti dende a bancada. Haberá grandes sorpresas. O ambiente será o ambiente que se vive no estadio da Bombonera, alá nos Bos Aires da Arxentina, cada vez que salta o Boca Juniors á cancha . Non podes faltar!!!". E iso que entre a parroquia de seareiros do Fisterra hai algún 'gallina' de River e 'rojo' de Independiente… Tamén está previsto que desde o clube se leve a cabo algunha iniciativa, pero a idea é que sexa unha especie de recepción oficial no pobo. Tamén será un reto para Adrián, autor ata agora de 40 dianas, e que quere deixar para o recordo un rexistro histórico. En Camariñas, por mor dunha lesión de xeonllo, só actuou uns dez minutos, que lle deron para deixar o seu selo. O que parece improbable que se lle escape é o trofeo de máximo realizador da Liga da Costa. Será o segundo domingo consecutivo de festa na localidade. A pasada semana todo empezou a iso das sete e media da tarde, e terminou case doce horas despois. Sobre o céspede houbo danzas e manteos variados, e o ceremonial paso pola ducha de moitos compoñentes do equipo, corpo técnico e directiva. A caravana de coches que pasou por Camariñas, Vimianzo ou case Cee foi un estruendo baixo o son dos taxis. A locura desatouse unha vez en Sardiñeiro, dentro do Concello propio, con futbolistas, seareiros e demais toleando polas ventás. Á chegada a Fisterra agardaban os seareiros, que se desprazaran en varios buses, para dar varias voltas polo poco e coronar a famosa estatua do emigrante cun bandeirolo da SD, como xa é tradición. Na Cantina foi a cea, previo paso polos bares patrocinadores, e inesperadamente o epicentro dunha celebración que se estendeu como non se lembra un domingo fóra do Cristo. E os récords están para batilos... Celebrando en Fisterra

[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/963670113751646/" width="666" height="400" onlyvideo="1"]

 

Fonte

Comentarios