Varios encontros de Liga e dúas boas homenaxes en Fisterra e Outes para esta fin de semana
24 de decembro de 2010 (12:45 h.)
Esta fin de semana ten algún que outro encontro, como xa vimos no adianto de novidades nos horarios de cara a este Nadal.
O que sempre pringa é o Soneira, que con ese calendario tremendo dunha mal confeccionada Preferente Norte de 21 equipos, non descansa nunca e terá 3 partidos en 2 semanas.. O equipo de Manolito viaxa este domingo 26 a Grixoa , adiantando a xornada do día 2. Tamén xogará o xoves 6, día de reis, xa que hai xornada para todos os equipos. A Liga continúa o domingo 9 cunha nova xornada.
Este domingo tamén hai liga, da Costa, en Muros, xa que o Pindo visita Miraflores. Ademais, o Lira - Cerqueda será tamén o domingo ás 16:30h en Lombáns.
A semana que vén coñeceremos máis de preto o I Torneo Memorial Suso Insua de Cee, unha competición para as categorías alevín e benxamín de fútbol 7 que se desenvolverá no San Pedro de Refoxos os vindeiros xoves 29 e venres 30 de decembro.
Este domingo 26 de decembro, o Outes fará entrega do II premio anual ó Deportista do Ano. En esta ocasión o elexido non é outro que Aarón Filgueira. Para completar a festa, o Outes FC disputará un partido amigable diante da Esteirana.
Ademais, a SD Fisterra organiza tamén para este domingo ás 16:30h o seu 50ª Aniversario. O clube fisterrán recibirá en Ara Solis ao potente Xallas nun encontro que sera´con entrada de balde.
Homenaxe en Outes
50 Aniversario en Fisterra
Máis información
Novas relacionadas
- Novidades nos horarios de cara a este Nadal.
- O Xallas e Iván Raña entre os galardoados da Gala do Deporte de Santa Comba.
- 3ª Autonómica: O Mazaricos pecha o ano cun bo colchón.
- 2ª Autonómica: Cambio de líder na Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Os ex matan ao Dumbría.
- Preferente: Míchel salva 3 puntos e o Soneira escapa lonxe do descenso.
- Resultados da fin de semana de fútbol costeiro>/a>.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- As Ligas Escolares de Fútbol Base xa en QPC.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotografía do Cerqueda - At. Pereiriña da UD Cerqueda.