mércores. 30.04.2025
El tiempo

Varios encontros de Liga e dúas boas homenaxes en Fisterra e Outes para esta fin de semana

Varios encontros de Liga e dúas boas homenaxes en Fisterra e Outes para esta fin de semana
Esta fin de semana ten algún que outro encontro, como xa vimos no adianto de novidades nos horarios de cara a este Nadal. O que sempre pringa é o Soneira, que con ese calendario tremendo dunha mal confeccionada Preferente Norte de 21 equipos, non descansa nunca e terá 3 partidos en 2 semanas.. O equipo de Manolito viaxa este domingo 26 a Grixoa , adiantando a xornada do día 2. Tamén xogará o xoves 6, día de reis, xa que hai xornada para todos os equipos. A Liga continúa o domingo 9 cunha nova xornada. Este domingo tamén hai liga, da Costa, en Muros, xa que o Pindo visita Miraflores. Ademais, o Lira - Cerqueda será tamén o domingo ás 16:30h en Lombáns. A semana que vén coñeceremos máis de preto o I Torneo Memorial Suso Insua de Cee, unha competición para as categorías alevín e benxamín de fútbol 7 que se desenvolverá no San Pedro de Refoxos os vindeiros xoves 29 e venres 30 de decembro.

Homenaxe en Outes

Este domingo 26 de decembro, o Outes fará entrega do II premio anual ó Deportista do Ano. En esta ocasión o elexido non é outro que Aarón Filgueira. Para completar a festa, o Outes FC disputará un partido amigable diante da Esteirana.

50 Aniversario en Fisterra

Ademais, a SD Fisterra organiza tamén para este domingo ás 16:30h o seu 50ª Aniversario. O clube fisterrán recibirá en Ara Solis ao potente Xallas nun encontro que sera´con entrada de balde.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Fotografía do Cerqueda - At. Pereiriña da UD Cerqueda.

Comentarios