Luns. 14.10.2024
El tiempo

Veteranos: A final está moi cara

Veteranos: A final está moi cara
San Lorenzo-San Roman e Laxe-Coristanco son as semifinais da CopadaCosta de Veteranos 2017 San Lorenzo-San Roman e Laxe-Coristanco son as semifinais da CopadaCosta de Veteranos 2017

Volvía a competición a Copa da Costa de Veteranos despois dos sucesos acontecidos en Cuartos, onde o campo de Ara Solis acollía unha escena imperdoable. Unha mágoa despois dunha campaña impecable, esta a da súa estrea na categoría, da familia fisterrá. Despois das pertinentes sancións a dous xogadores que agrediron ao colexiado, o Comité decidiu trasladar a final ao campo de Verdillo.

Iso si, para chegar a ela as semis están moi caras, e así o demostraron os catro semifinalistas que colleitando sendos empates na ida de cadansúa eliminatoria.

San Lorenzo - San Román (2-2)

  • San Lorenzo: Cotelo, Robi, Rizos, John, Pensado, Bartolo, Óscar Suárez, Martín, Rubén, Víctor, Marcos Cancela. Tamén: Schuster, Pedro, Guillermo. Saviola e Puñal.
  • San Román: Añón, Carlos, Bechi, Martín, Montero, Óscar, Tuix, Víctor, Chusca, Javi Fuentes e Berti. Tamén: Gonzalo, Sebas, Alex, Avelino, Suso e Marcos.
  • Goles: 1-0, m.25: Víctor aproveita un erro de Añón ao sacar o balón; 2-0, m.64: Víctor; 2-1, m.75: Óscar; 2-2, m.85: Cotelo en propia meta intentando despexar un córner pechado de Javi Fuentes.
  • Expulsión: o carballés John a 11minutos do final.

Moito público nun partido perfectamente organizado pola directiva do San Lorenzo invitando ademais a churrasco na cantina ao equipo contrario, nun gran exemplo nesta Liga de Veteranos.

Alto ritmo de xogo dende o comezo cun cadro local que tomou a iniciativa buscando o balón, con John, Óscar e Martin ben posicionados no medio do campo buscando aos seus homes más adiantados Víctor e Marcos Cancela. O San Román esperaba atrás pero defendíase perfectamente ata que lesión de Bechi deixaba coxa a defensa visitante.

O San Lorenzo seguía dominando o partido cun bo xogo e moito toque do balón no centro do campo e cada vez que o perdía, altísima presión ao xogador do balón que pronto recuperaban. Pero a primeira ocasión do gol foi para o San Román, nunha falta desde moi lonxe que saca Javi Fuentes, o balón bota diante de Cotelo que con moitos apuros despexar a corner.

Pouco despois Víctor non desperdiciaba un erro de Añón ao sacar o balón para abrir o marcador. Facíase aínda máis dono do partido o San Lorenzo, e tanto Oscar como Marcos Cancela eran un perigo constante e moi difíciles do marcar. Polo San Román nesta primeira parte só avisou Javi Fuentes de lonxe tiro a portería que en todas o balón foise fóra.

Aos dous minutos de dar inicio a segunda parte o San Román conto cunha gran ocasión de gol, tras unha subida do lateral dereito ata o banderín de corner, e o seu centro o balón paséase por diante da portería sen atopar ninguén que o empuxe a dentro.

Aos 10 minutos o San Román tivo 3 saques de esquina seguidos moi pechados botados por Javi Fuentes que salvaba Cotelo, e un defensa baixo paus. Na outra portería o colexiado anulaba un gol ao San Lorenzo por falta de Óscar ao porteiro visitante, pouco antes de que Víctor fixese o 2-0.

Con este resultado o San Lorenzo aínda contou con outras dúas ocasións claras de Óscar Suárez de ampliar o marcador, pero nunha o seu remate picado marchaba rozando o pau cando xa cantaban gol nas bancadas; e na outra Añón salvaba o terceiro.

Reaccionaba o San Román, aínda con 25 minutos por diante, e aproveitaba ademais que Martín saía do campo e que Óscar Suárez subía á dianteira para recuperar o mando no medio campo. Javi Fuentes (levando moi perigo en accións a balón parado) era o que mandaba agora no medio campo con Sebas como referencia arriba.

A falta de 15 para o final, unha mala saída de Cotelo permítelle ao San Román recurtar distancias. Un gol que lle daba ás ao cadro visitante, que se volcou nos últimos minutos sobre a meta local. Un par de avisos, expulsión dun xogador local e o empate en propia meta de Cotelo intentando despexar o infinito córner pechado botado por Javi Fuentes. Aínda tivo o San Román o 2-3 pero Cotelo desta volta salvou a xogada.

 

Laxe - Coristanco (1-1)

Partido moi disputado por ambos equipos, que aos tres minutos de dar o inicio, Óscar Toja, o pichichi da Liga, xa abría o marcador facendo o 1-0.

Na primeira parte o Laxe, gran dominador, aínda contou con outras ocasións de gol por medio do propio Óscar Toja, pero Chapas salvou aos seus. A primeira ocasión para o Coristanco chegou sobre o minuto 20 cun tiro de Lorenzo, e 5 minutos máis tarde Mauri facía intervir a fondo ao porteiro local Eloy.

A segunda parte foi máiss nivelada no xogo e creando ocasións ambos equipos. O Coristanco notou moito a falta do seu dianteiro Carliños que non puido xogar neste partido por un evento familiar, pero cando faltaba cinco minutos para a finalización do partido Mauri facía o definitivo 1-1 que deixa a eliminatoria completamente aberta para a volta.

A gran final

FINAL DE COPA VETERANOS copia  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios