Veteranos: O Coristanco meteuse na final da Copa no último suspiro e pelexará co San Román


Tremendo domingo de fútbol veterano o que se viviu onte e tremendo o que nos queda por vivir o vindeiro 9 de xullo en Verdillo. Xa temos finalistas da #CopadaCosta de Veteranos tras unha fermosa volta, na que o Coristanco sufriu ata o último suspiro para eliminar ao Laxe, mentres o San Román facía valer a súa superioridade para meterse noutra final.
Coristanco - Laxe (2-1)
- Coristanco: Chapas, Valeza, Toniño, Juan, Antonio, Mauri, Lorenzo, Carliños, Adrián, Moncho, Iván. Tamén xogaron: Chutin, Ton, Suso, Iván, Ramón e Maikel.
- Laxe: Eloy, Jaja, Óscar Toja, Jaime, Roberto, Zefe, Carlos, Toja, Vicentiño, Josiño. Tamén xogaron: Beixana, Juan, Víctor, Tanque, Chema e Ángel.
- Goles: 0-1, m.20: Óscar Toja de penalti cometido sobre el tras unha gran xogada regateando a varios rivais dende o córner; 1-1, m.43: Juan de cabeza nun córner; 2-1, m.89: Maikel tras varios rexeites dentro da área.

Reaccionaba o Coristanco adiantando filas e facéndose co mando do partido, e facendo moito dano a balón parado. Lorenzo, outro dos destacados do partido, facía lucirse a Eloy. Un Eloy que tiña que empregarse de novo para sacarlle unha ocasión clara a Toniño. Xusto antes do descanso, de novo tras un saque de esquina pechado ben botado por Carliños, Juan empataba de cabeza, igualando a eliminatoria tralo 1-1 da ida.
Comezaba a segunda metade con Carliños e Óscar Toja avisando en cada área. O Coristanco mandaba algo máis e o Laxe saía con perigo á contra. Aparecía de novo Eloy, cunha doble intervención impresionante, primeiro a Carliños, o balón pega no poste a “bocajarro” páralle o rexeite a Iván.
Seguía o Coristanco tendo máis presencia en área local ata que a falta de 2 minutos, e nun tumulto tras outro córner, Maikel marca dándolle o pase ao Coristanco á final.
San Román - San Lorenzo (3-0)
- Goles: 1-0, m.24: Pablo; 2-0, m.37: Víctor; 3-0, m.80: Alberto.
Non deu opción o San Román ao San Lorenzo, a pesar do 2-2 da ida e que os de Verdillo querían disputar a final na súa casa. Dominou de comezo a fin, marchando con 2-0 aos vestiarios e sentenciando xa contra o final, a pesar de que o San Lorenzo tivo algunha ocasión para recurtar na segunda metade sobre todo por medio de Marcos. Foi Cotelo, o meta carballés, un dos destacados do San Lorenzo, cunto a Rizos e Óscar, mentres que por bando larachés, destacaron Javi Fuentes, Alberto e Víctor.
A gran final e o duelo de Seleccións

O vindeiro domingo 9 de xullo, dende as 9:00h da mañá, o campo das Pedreiras acolle a gran festa do fútbol veterano. Comezará o partido entre a Selección de 1ª contra a de 2ª. Despois a gran final entre Coristanco e San Román, e para rematar, trofeos e churrascada da casa!

Novas relacionadas
- Ida das Semis: A final está moi cara.
- Ida dos Cuartos: Veteranos: Laxe, San Lorenzo e San Román toman vantaxe.
- Os Veteranos preparan a Gran Final da Copa e o partido das seleccións.
- Os Veteranos de Santiago tamén se unen á Federación.
- Volta da Previa: O Club do Mar a piques de darlle volta a eliminatoria ante o Coristanco.
- X.30: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa.
- x.26: O Club do Mar alcanza o título na súa primeira temporada en 1ª División.
- X.25: O Corcoesto certifica o seu ascenso e o Club do Mar acariña o título da 1ª División.
- X.23: O Dumbría sorprende ao Club do Mar.
- X.20: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso.
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 2015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2017 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Colabora Modesto Parga.