Veteranos: O Soneira, campión de inverno


Finalizada a primeira volta de esta Liga de Veteranos da Costa da Morte, e á falta da última xornada do ano a disputar este domingo, as competicións están máis que vibrantes.
División de Honra

Na máxima categoría cómpre felicitar ao Soneira como campión de inverno. Os de Miguel Filgueira, Jemisa, Fran Toba, Cabrejo, Piti e compañía superaban este domingo á Piña por 3-2, nun partido no que volveu destacar o capitán soneirán Miguel, que no m.57 facía o 2-1, e despois de empatar a Piña volvía facer o definitivo 3-2 para darlle a vitoria, e o liderato ao cadro vimiancés. Ten agora 33 puntos o líder, con 2 empates e 11 vitorias, e 37 goles a favor e 24 en contra.
O San Lorenzo marcha 2º na táboa con 31 puntos. Os de Verdillo desfixéronse do pechacancelas Nantón por 4-0, con dous goles en cada tempo a pesar de ter a baixa do seu goleador Edgar, que leva uns partidos mancado, pero aínda mantén o posto d máximo goleador na DH con 14 tantos, os mesmos que Martín (Porteño).
O Sporting Zas, 3º clasificado, impúxose por 1-0 a un curto Corcoesto, gracias a un tanto marcado por Jose aos 10 minutos de comezar. O Corcoesto, con 11 homes xustos, aguantou todo o partido sin recibir máis goles ante un Zas que na bancada contaba con 8 xogadores para cambios.
Máis abaixo atopamos ao San Román como 4º clasificado. Os de Laracha tampouco fallaban e vencían ao Cabana por 4-1. Un San Román que empezou a Liga perdendo o seu primeiro partido no Pinguel ante o Ponteceso, pero vai de menos a máis e seguro que contará ata o final como candidato a ganar este liga de DH, e iso que esta tempada conta coa baixa do seu goleador Martin Pombo.
O vixente campión de Copa, o Porteño, gañou ao Castriz no seu campo por 0-2. O primeiro gol foi obra do seu dianteiro Martin no.76, que con este gol empata con Edgar nos máximos artilleros de esta liga, e cando faltaba poucos minutos para finalizar, Toja facía o 0-2. O Castriz, coa perda de estes tres puntos, métese en postos de descenso, o mesmo que Cabana e Nantón.
Na Rocheira enfrontábanse esta fin de semana Coristanco e Ponteceso, deparando unha vitoria local que deixa aos verdes a aó 2 puntos do Dumbría, que marca a 6ª praza, a que dá acceso a xogar o playoff o Campeonato Galego.
De feito, o Dumbría non fallaba ante o Bértoa, vencendo por 3-0 cos tantos de Jose e os dous goleadores de seempre, Miguel e Isidro, un dos xogadores dos que parece que os anos non pasan por el, e que segue marcando como aquel Home-Gol dos 90, un goleador con moita experiencia polos goles que leva marcando en toda a sua carreira de futbolista e que agora en Veteranos o segue facendo. Foi o do Conco un partido duro onde o árbitro amosou 4 amarelas e 1 vermella o Bértoa, que tivo que xogar con 10 media hora.
Nesta primeira volta queda o Soneira como campión e de segundo o San Lorenzo quedando en postos do playoff Zas, San Román, Porteño e Dumbría. Baixarían a 1ª División a día de hoxe Nantón, Cabana e Castriz.
1ª División
Encabezan a táboa de clasificación o recén chegado Mazaricos e o Razo, con 26 puntos cada un, seguido do Corme con 25, Dep. Carballo e Malpica 20. Con 19 puntos atopamos a Sofán, Leiloio e Xornes, e un punto menos ten o San Ramon. Deste xeito, se finalizase agora a tempada, subirían a DH Mazaricos e Razo, mentres que Corme, Dep. Carballo, Malpica e Sofán xogarían entre eles un playoff para unha plaza a DH.
O Mazaricos, como novo equipo nesta competición, comeza forte a súa experiencia en Veteranos se encontra como líder ao ganar en esta ultima xornada nun campo difícil de puntuar como é o da Feira Nova de Leiloio. O resultado de 2-3 para o cadro amarelo, e o gol da vitoria chegou no desconto.
No campo dos Castillos se xogou o San Ramón- Razo (1-7). O Razo, con esta vitoria, aséntase como 2º, sendo este o partido que máis goles se marcaron de todos os disputados en esta xornada.
Por abaixo atopamos ao Río Grande e mais o Soandres, que contan tan só con 1 punto cada un.
Só queda desexarlle a todos os participantes desta Liga da Costa de Veteranos unhas boas festas de Nadal e un próspero ano novo, como a todos os seguidores deste gran portal Quepasanacosta!.
- Modesto Parga, a voz do Fútbol Veterano da Costa da Morte.