Veteranos: O Zas rebenta a Liga e ponlla en bandexa ao San Román


Afrontan esta fin de semana os Veteranos a última xornada de Liga, despois do envorco da pasada xornada. Chegaba o San Lorenzo de líder despois de 7 xornadas no alto da táboa. Pero chegou o Zas e botou todo o traballo por terra. O equipo zaseiro, 3º da táboa, vencía en Verdillo por 2-4, deixando que o San Román, que non fallaba ante a visita do Porteño, recuperase un liderato no que xa estivo durante moitas xornadas.
Teno de cara o San Román, con dous puntos de vantaxe sobre o propio San Lorenzo e 3 sobre o Zas. Os laracheses teñen que gañar en Castriz, ante un equipo que non se xoga nada. Pode que o empate lle valga pero o San Lorenzo non podería gañar por máis de 9 goles ao Corcoesto, pois teñen o golaveraxe individual igualado, e no global vai por diante o líder. Deste xeito, o San Lorenzo debe gañar, por goleada, ao Corcoesto e esperar o tropezo do San Román.
O Zas aínda ten opcións pois ten o golaveraxe individual a favor co San Román., pero tería que perder o San Román, non podería gañar o San Lorenzo e eles terían que vencer ao Coristanco.

Descensos e ascensos decididos
Xa saben que descenden Bértoa e Laxe e ascenden Hosgran e Nantón.
Pichichis

Asemblea para a Copa
Esta mesma noite de vernes 4 de maio celébrase a Asemblea no Local Social de Neaño, Cabana, na que se celebrará o sorteo de Copa.
Ademas, haberá información pola póliza RC dos seguros, e se votará a proposta de incluír 27 fichas por equipo en vez das 25 actuais.
Novas relacionadas
- 20-04-18: Hosgran e Nantón apuntan a unha 1ª que segue mantendo unha loita durísima polo título.
- Marzo 18: 4 equipos loitando polo título… e polo ascenso.
Máis información
- Todas as crónicas dos Veteranos.
- Clasificación e resultados das Ligas de Veteranos en www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Modesto Parga.