Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Veteranos: San Román e Castriz métense en Cuartos pola mínima

Veteranos: San Román e Castriz métense en Cuartos pola mínima
Diego dods Veteranos do Dumbria Diego dos Veteranos do Dumbría Xa estamos en Cuartos da Copa da Costa de Veteranos. E para superar os Oitavos houbo dous equipos que suaron tinta. O San Román superou con algo de sorte a un gran Soneira. O Castriz, como acontecera ante o Sofán, non puido celebrar o pase ante o último suspiro, e vencía polo valor doble dos goles fóra de casa. Tendes o cadro completo cos horarios en www.copadacosta.com.

Fisterra - Dumbría* (1-3)

Tralo 4-0 da ida o cadro dumbriés tiña sentenciada a elilminatoria, e se volvía impoñer en Ara Solis, aínda que foi o equipo fisterrán o que se adiantaba á mediua hora. Pero de seguido Diego empataba, e na segunda Miguel facía dous tantos para pechar o choque.

Zas* - Nantón (5-0)

Outra eliminatoria sentenciada da ida. Os homes de Paco demostraron a diferencia entre as dúas divisións, e iso que os cabaneses competirán o ano que vén na 1ª tralo seu ascenso.

San Román* - Soneira (2-1)

A eliminatoria estrella a vivda no campo municipal da Laraxa, cun gran partidazo entre dous fantásticos equipos, cunha eliminatoria totalmente aberta tralo 2-2 da ida. O Soneira dominou o xogo durante a primeira media ante un campión de Liga que só podía defenderse. O dominio notouse no marcador cun gol de Miguel Filgueira de cabeza á saída dun córner, adiantándose ao porteiro Añón. O propio Miguel, Tono (que deu un recital de grandes pases) e o dianteiro incansable Martín tiveron dúas boas ocasións para ampliar a renda soneirán, pero non entraban, A piques de chegar ao descanso, o local Sebas fixo unha das xogadas do partido, subindo por banda, dibrando e driblando e meteu un zurzado que tivo que sacar un defensa baixo paus cando xa se cantaba gol. Na segunda o campión igualou o choque, e se foi achegando á meta rival. Así chegaba o gol do empate, xa no m.75, cando un rexeite chegaba á frontal onde estaba Becerra que marcaba. Apenas dous minutos despois, un balóns ás costas da defensa era aproveitando por Matín Pombo, máximo goleador da Liga, que era derribado polo meta soneirán dentro da área. Mario Casal facía o segundo dende os 11 metros. Quedaba pouco tempo e o Soneira volcouse sobre a meta rival e volven contar con varias ocasións para aí estaba Añón para evitar a quenda de penaltis.

Porteño - Club do Mar* 0-2)

Xa coa eliminatoria de cara, o Club do Mar aproveitou ademais que o Ponteceso xogara o sábado outro partido amistoso contra o Avarcea de Portugal. Afectou o cansanzo nos pondalianos, e Iván marcaba os dous tantos para os caioneses.

Corme - Porteño* (1-4)

Outra eliminatoria clara dende a ida. Así e todo o Corme comezaba forte meténdose mesmo por diante no marcador cun gol de Castro, que era expulsado pouco despois. David Toja empataría antes do descanso, e na segunda Carlos, Mario Toja e Héctor completarían a goleada.

Castriz* - Coristanco (1-0)

Outra da eliminatorias igualadas tralo 3-2 da ida para o Coristanco. Foi un choque tenso, que se decidiu por un solitario gol á media hora de Andrés, facendo valor doble dos goles fóra de casa. Os xalleiro xa eliminaran ao Sofán nos penaltis, e agora a todo un Coristanco por moi pouco.

Hosgran* - Dep. Carballo (4-1)

Moia diferencia entre os dous equipos. Rubén Tuset (ex do Club do Mar), que na ida marcara 3 goles, o domingo marcaba outros dous, que completaron David e Jesús.

Buño* - Baio (2-1)

Partidazo en Xaviña, no que os xogadores de Nelson pasan a cuartos despois de vencer tamén na ida por 2-3. Asñi e todo, o choque de Xaviña estivo aberto, se ben Litos e Víctor adiantaban na segunda metade ao Buño facendo moi complicada a remontada para un Baio que o seguía intentando e que mesmo marcou a 7 para o final por medio de Paredes.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/veteranos-en-marcha-os-oitavos-da-copadacosta-tras-unha-apretada-previa/ https://quepasanacosta.gal/o-san-roman-alzouse-co-titulo-de-liga-duns-veteranos-que-xa-pensan-na-copa/

Comentarios