Vicente Carril, Premio “Toda unha vida” na Gala da FGF
11:44 22/06/17
Vicente Carril co presidente da FGF Rafael Louzán na última visita deste ao Hermanas Patiño
Aos seus 86 anos, Vicente Carril leva xa 38 temporadas a fronte dun club que el mesmo fundou. “Toda unha vida”, vaia. Así o quere recoñecer a Federación Galega de Fútbol, que segue mirando para o noso fútbol, na Gala do Fútbol Galego 2017, que se celebrará hoxe xoves 22 de xuño en Santiago.
A FGF, que tamén quere homenaxear ao xalleiro Severino Amarelle, vai recoñecer o traballo do decano dos presidentes dos clubs costeiros.
O único equipo que terá trofeo será o C.F. Dumbría, como campión do Gr.2 da 1ª Autonómica.
Novas relacionadas
- Severino Amarelle, de homenaxe en homenaxe.
- A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).