Luns. 11.11.2019
El tiempo

Vicente Carril, Severino Amarelle, Desi e o Dumbría, presentes na Gala do Fútbol Galego

Vicente Carril, Severino Amarelle, Desi e o Dumbría, presentes na Gala do Fútbol Galego
Gala do Futbol Galego

De Gala en Gala. Despois da emotiva Gala do Fútbol da Costa - QPC celebrada en Muxía, o fútbol costeiro tivo presencia na Gala do Fútbol Galedo que armou a Federación este pasado xoves 22 de xuño. Unha Gala ateigada con 1.500 persoas a que se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Houbo varios momentos emotivos na Gala, pero un dos máis simbólicos e que recibiu un dos aplausos máis sonoros da noite foi o detalle da FGF coa familia de Desi, o presidente da SD Fisterra que nos deixaba antes de tempo este curso. A súa muller e o seu fillo recollían o galardón entre bágoas e aplausos.

Familiares de Desi con Rafael Louzan na Gala do Futbol Galego Familiares de Desi con Rafael Louzan nun dos momentos máis emotivos da Gala do Futbol Galego Xusto Carril recollendo o premio a Vicente Carril na Gala do Futbol Galego Xusto Carril recollendo o premio a Vicente Carril na Gala do Futbol Galego

Outro que recibía unha boa homenaxe por “Toda unha vida” adicada ao fútbol foi Vicente Carril. Aos seus 86 anos, o presidente do Camariñas recibía este recoñecemento por case 40 anos no club. Pero non se preocupen que aínda vai durar uns cantos máis.

Na mesma sintonía houbo presencia xalleira, coa nova homenaxe a Severino Amarelle por “Toda unha vida” adicada ao fútbol sala.

Tamén tocoulle subir ao estrado á familia do Dumbría, como campión do Gr.2 da 1ª Autonómica.

Deste xeito, valoramos a gran presencia costeira na gala do fútbol galego.

Agora só toca pensar na final da Copa da Costa, á que por certo, xa está confirmada a presenza da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez.

Huelvis recollendo o premio ao Dumbria na Gala do Futbol Galego Huelvis recollendo o premio ao Dumbria na Gala do Futbol Galego  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios