Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Senra dan un gran espectáculo no Rally da Coruña

Os Senra dan un gran espectáculo no Rally da Coruña
Victor Senra no Rally da Coruna-Foto-Sara Fotografy Victor Senra no Rally da Coruna-Foto-Sara Fotografy Espectacular o 22º Rally da Coruña, cunha das mellores lista de inscritos que se recorda en Galicia. A emoción mantívose ata o final, e a expectación foi máxima, tanto no centro da cidade herculina, na sempre ateigada Praza de Maria Pita, como nos tramos da contorna. Certo que houbo un pequeno incidente, cando a roda dun coche saíuse dun dos coches e alcanzou a unha persoa do público en Soandres, Laracha, pero o suceso non impediu que a atención se fixase no deportivo. No que a loita pola cabeza se refire, foi un continuo intercambio de golpes entre o campión de España Iván Ares, o dumbriés Víctor Senra e Iago Caamaño, dando como resultado un deses rallyes que crean afección. A cousa estivo igualada ata que nos últimos tramos da tarde, Ares marcou a diferencia e acabou levando o título, deixando a Senra un fantástico segundo posto a só 16 segundos por mor duns problemas na caixa de cambios do seu Ford Fiesta R5. Caamaño completou o podio. Victor Senra no Rally da Coruna 2018-Foto-Mery Villar Manolo Senra deu un gran espectáculo no Rally da Coruña 2018-Foto-Mery Villar E se Víctor loitou polo título ata o final, tamén estivo o seu pai, Manolo Senra,, que deu un auténtico espetáculo co 306 Maxi, e sendo un dos máis ovacionados polo público en cada pasada.

Participación costeira

Pedro Castro no seu EVO no Rally da Coruña.Foto-Paula Eguizabal Ademais dos dumbrieses, na Copa Top Ten Pirelli, venceu o gañador foi J. Lista, pero a atención costeira centrábase na participación de Pedro Castro "Pichín" no seu Mitshubishi de SPS Competición. Pedro viuse lastrado por un pinchazo no segundo tramo da mañá que lle fixo perder moito tempo, e ante a imposibilidade de poder aspirar aos postos mais altos da copa, tomábase o rally como un test para ter o coche apunto para o XXXIV Rally de Noia, a vindeira gran cita, o rally da casa, que se celebra o 14 e o 15 de abril. Non houbo máis participantes da Costa da Morte por diversos motivos. Heri Atán vén de vender o coche e está buscando montura nova. Manuel Lado está reparando o coche. Ramón do Ézaro, e Ramón Rama non saíron, pero o segundo probablemente si o faga en Noia mentres que Anxo e Javi Waldomar están buscando sponsors para poder saír en Noia.

Galería de Mery Villar

Alberto MEira e Jos Jurado quedaron 4 no Rally da Coruna 2018-Foto-Mery Villar Alberto Meira e Jose Jurado quedaron 4º no Rally da Coruna 2018-Foto-Mery Villar
  • Galería de imaxes de Mery Villar.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios