Volveu o fútbol sala feminino con gran intensidade
Volvía o fútbol sala feminino a competición esta pasada fin de semana tras o parón de nadal, e tras disputar a muxiá do Fisober Patri Romaní, o sector do Campionato de España coa Selección Galega. A muxiá tivo a sorte de compartir habitación cunha internacional, e ademais participou, xogando no primeiro encontro, na clasificación da Selección para a Fase Final.
Así, á súa volta, o Fisober de 2ª Estatal acadaba un empate que lle vale para manterse 4º por abaixo, aínda con vantaxe sobre os de cola. As vimiancesas empataban na casa ante o Txantrea vasco, conseguindo o primeiro punto como local na categoría, pero quedando ás portas dunha vitoria, xa que marchou ao descanso cun claro 3-0.
Un partido que servíu ademais para vivir o debut en 2ª Estatal de Inés ante unha bancada vimiancesa ateigada de afeccionados.
En Liga Provincial ao Fisober B non lle sentou nada ben o madrugón, xa que fixo un mal partido na súa visita a Carral e voltou a casa coa derrota no seu peto. Ademais, a Esteirana tivo que aprazar o seu choque ante o Manureva, mentres que o Concello de Ponteceso caía 1-4 ante o Mabegondo, que aumenta a vantaxe.
Con estes resultados, as pontecesás quedan 5ª con 15 puntos, polos 10 da Esteirana e os 6 do filial do Fisober.
2ª División Estatal, Gr.2
- Resultado: Fisober Concello de Vimianzo - Txantrea (3-3).
- FISOBER: Eva, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron: Myrella, Noelia, Olalla, Inés e Laura.
- Goles: 1-0 Barca, 2-0 Barca, 3-0 Inés (descanso) 3-1 Amaia, 3-2 Diana, 3-3 en propia porta despois dunha serie de rexeites.
Arrincaron ben as locais xa que os tres minutos os colexiados sinalaban un penalti da porteira Ainara sobre Ana que se encargou de transformar Barca para poñer en vantaxe as da Costa. Algo que deu un plus de tranquilidade as locais que deixaron un pouco o peso do partido as navarras. Un papel no que se sentiron moi cómodas as xogadoras do Fisober.
A primeira chegada certamente perigosa das visitantes foi os seis minutos cando Eva detiña o lanzamento de Virginia. Con esa texitura foron transcorrendo os minutos.
Ós trece minutos Patri sacouse unha xogada que rematou co seu lanzamento no pau da portería visitante.
Pouco despois chegou a mellor ocasión visitante. Foi por partida dobre primeiro de Amaia e despois de Kris que foron repelidas por Eva.
Nos últimos minutos o Fisober aproveitou un certo descontrol das navarras. A tres para o fin os árbitros sinalaban un libre indirecto por unha cesión a porteira e as locais moi atentas sacaron rápido e Barca facía o dous a cero.
E dentro da tolemia, a debutante Inés aproveitaba un balón na frontal para desfacerse da porteira e marcar o tres a cero co que se chegou o tempo de lecer.
O arranque da segunda metade foi premonitorio, o tempraneiro e extrano gol de Amaia, foi dentro do primeiro minuto, marcou que a tendencia no xogo e a sorte cambiaba de lado.
E así foi, as navarras viñéronse arriba e foron máis agresivas e incisivas se cabe. No minuto dous Amaia estivo a piques de marcar o seu segundo gol. A pesares do dominio visitante as ocasións co paso dos minutos empezaron a decaer e o Fisober empezaba a voltar a sentirse cómodo.
Ata que ós oito minutos as locais se facían un lío na saída do balón e os árbitros o igual que na primeira metade sinalaban un libre indirecto por unha cesión a porteira, e desta vez eran as visitantes as que aproveitaban a oportunidade para marcar o tres a dous por medio de Diana.
O guión do partido cambiaba, pero pareceu que o Fisober se serenou algo co resultado máis apretado. A nove para o fin unha xogada individual de Nuria remataba co lanzamento desta lambendo o longueiro.
Os minutos pasaban e parecía máis preto a primeira vitoria como locais na nova categoría das da Costa. Pero o partido aínda tiña preparados moitos sobresaltos.
A tres para o fin Sandra levábase un balón por potencia e sen porteira aínda que un pouco escorada vía como o seu remate se paseaba pola liña de gol. A resposta foi a cargo de Patri quen se atopaba co pau despois dun lanzamento lonxano.
As visitantes decidiron arriscar coa porteira xogadora e obtiveron premio deseguido, cando a minuto e medio do fin unha xogada de balón parado facía unha carambola entre pernas do Fisober , sería imposible dicir quen foi a autora en propia porta, colándose amodiño na portería e cando Nuria chegou a salvala o balón xa traspasara completamente a liña.
O último minuto foi trepidante, parecía que a ningún lle valía o resultado, os riscos tomados polas locais propiciaron unha recuperación visitante cunha contra que foi freada pola porteira local Eva ante a navarra Kris.
Aínda lle quedaba o epílogo o partido, cando a quince segundos para o fin Nuria vía o segundo cartón amarelo co cal se quedaban cunha xogadora menos, o primeiro foi por non levar as medias correctamente e o segundo por golpear forte un balón contra o muro. E a pesares de estar en inferioridade eses últimos segundos unha contra prodixiosa de Patri que tivo que ser enviada a saque de esquina in extremis pola porteira visitante no último segundo , marcou o fin deste partido.
Liga Provincial
- Resultado: Fame Negra - Fisober B Concello de Vimianzo (2-0).
- FISOBER B: Martina, Paula, Laura, Inés e Natalia; tamén xogaron: María, María Maroñas, Iria, Tamara, Noe e Cris.
- Goles: 1-0 Dessi, 2-0 Diana, os dous na segunda metade.
O arranque do partido xa marcou como sería. As locais chegaron máis e con máis perigo ante un moi impreciso filial. Nos primeiros minutos o Fame Negra tivo unha serie de boas ocasións pero erraban no remate final ante a portería defendida por Martina.
Os minutos foron pasando e o filial comenzou a chegar algo a porta contraria por medio de María, Inés ou Paula, pero tampouco creando excesivo perigo. Parecía que se igualaban un pouco as ocasións.
A ocasión máis clara para as locais foi un toque co calcaño que non foi gol por moi pouco. Nos derradeiros segundos da primeira metade unha contra deixou sola a Inés ante a porteira local pero errou na definición.
O inicio da segunda metade deixou de novo unha clara ocasión para as visitantes cando un roubo de Paula propiciou que esta encarara a porteira pero de novo erraba na definición.
Aínda así a tónica do partido non cambiou e as mellores ocasións eran para as locais, que se sentían máis cómodas no mesmo.
E así foi ata que unha perda propiciou unha contra na que Dessi a pracer poñía en vantaxe as locais. Foi un duro golpe para as visitantes, que xogaron aínda máis nerviosas e precipitadas incapaces de apenas combinar. Os minutos ían pasando e as ocasións do filial chegaban con máis corazón que cabeza.
O Fame Negra tentaba aproveitar iso buscando unha contra que rematara definitivamente co partido, con ese guión no partido foron pasando os minutos ata que Diana marcaba o segundo e definitivo gol.
O filial seguiu buscando un gol para reducir diferenzas , un gol que non foi quen de acadar e os puntos quedáronse con xustiza na casa.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
Crónicas da tempadas 2012-2013
- A muxiá do Fisober Patri Romaní estará no Campionato de España coa Selección Galega.
- Un Fisober en cadro volve cos 3 puntos de Logroño.
- Esteirana e Concello de Ponteceso seguen tralos líderes na Liga Provincial.
- A Esteirana frea a potencia das xogadoras do Ponteceso FSF.
- Xornada 6: As xogadoras do Fisober acostúmanse a gañar de vermello.
- Xornada 5: O Fisober segue medrando na 2ª División Estatal.
- Xornada 4: O Fisober segue coñecendo a península… e ademais xa gaña.
- Xornada 3: O Fisober acusa o salto.
- Xornada 2: O Fisober xa percorre a península.
- Xornada 1: O Fisober estrea categoría de mudanza.
Novas relacionadas
- 04-09-12: O Fisober caeu na Copa Xunta.
- 30-08-12: O Fisober xa está de pretempada.
- O Fisober afronta a invasión do norte da península.
- O Fisober ten canteira.
- O Fisober fai historia co Subcampionato de España.
- O Fisober fai historia co título de Campionas Galegas.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.