venres. 06.12.2024
El tiempo

Xa temos os calendarios completos da 2ª e 3ª Autonómica

Xa temos os calendarios completos da 2ª e 3ª Autonómica
Unha vez vistos os calendarios de Pref. e 1ª, analizamos os de 2ª e 3ª Autonómicas, xa actualizados ao completo en www.futboldacosta.com. Ademais, a semana que vén traeremos unha completa táboa co Mercado de Fichaxes.

Unha 2ª de derbis

Calendario da 2 Autonomica Futbol da Costa 1 Vai estar bonita esta 2ª Autonómica, con moito derbi e moitos aspirantes, a priori, ao ascenso. No grupo cabeceiro poderíamos meter ata 10 equipos, entre os recén descendidos, Corme, Baio e Malpica, e os que este curso pasado estiveron na zona alta, como San Lorenzo, Mazaricos, Castriz, Ponteceso, Esteirana, Camariñas e Cee. Cómpre destacar os derbis malpicáns entre Cerqueda, Buño e Malpica; a volta do Cee-Corcubión e mais o Corme-Laxe e o Corme-Ponteceso; o Esteirana-Montelouro; e ese Porteño-Camariñas que sgeue moi vivo. A Liga arrinca o 4 de setembro, tendrá paróns no Nadal e en Semana Santa, e rematará o 14 de maio. Xa saben que a Liga da Costa terá 16 equipos na 2017/2018, pois este ano descenderán directamente 3 equipos.  

10 equipos na 3ª Autonómica

Este si que a primeira xornada da 3ª Autonómica. Xa tendes o calendario modificado en www.futboldacosta.com Este si que a primeira xornada da 3ª Autonómica. Xa tendes o calendario modificado en www.futboldacosta.com A 3ª comeza con 10 equipos (non sae o UD Carnota finalmente, e si o fai o Outes B), con 3 voltas (a 3ª igual que a 1ª), comezando o 18 de setembro e rematando a liga regular o 2 de abril. Ascenderá un equipo menos que este pasado ano, só campión e o que gañe a fase de ascenso entre o 2º e o 5º. Houbo un erro na Federación á hora de subir o calendario e durante 24 horas tivemos o calendario errado. Xa está modificado en www.futboldacosta.com.  

Novas relacionadas

 

Máis información

Fonte

Comentarios