Sábado. 14.12.2019
El tiempo

Xuvenís: 7 equipos en 5 puntos

Xuvenís: 7 equipos en 5 puntos
O Sofan esta na pomada da Liga Xuvneil O Sofán esta na pomada da Liga Xuvenil Hai apenas dúas semanas parecía que a temporada quedaba media sentenciada, coa escapada do Corme e o seu estado de forma. Pero dúas sorprendentes de derrotas deixa a táboa máis apretada que nunca, coa Esteirana con posibilidade de meterse de líder se aproveita a xornada de descanso do cadro cormelán na primeira xornada de xaneiro. Queda a táboa con 7 equipos en apenas 5 puntos. 7 equipos (Corme, Esteirana, Sofán, Os Miúdos, Cabana, Soneira e agora Fisterra, que segue caendo en picado na táboa e que agora pecha ese grupo) que loitarán polo título e pola segunda praza de ascenso.

Selección Xuvenil

“Unha Selección da Costa Xuvenil xogará un partido solidario en Muros contra a Selección Galega sub16” — Que pasa na costa  

Corme - Os Miúdos (0-2)

  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Martín Méndez, Aitor, Javi Bermúdez, Manu Garrido, Martín Costa, Alex Mato, Manu Tasende e Manu Cancela. Tamén: Xandre e Miguel.
  • Os Miudos: Balayo, Txcobo, Fran, Dani, Ángel, Gesto, Abel, Jose, Alon, Jesús e Rubén. Tamén xogaron: Pipo, Ángel Sanandres, Javi e Ismiña.
  • Goles: 0-1, m.46: Jesús; 0-2, m.81: Jose.
Coas baixas de Samuel, Eloy e Mauro o Corme era consciente de que xa non son imvencibles, e parece que saíron ao campo algo nerviosos. O cadro muradán atopouse cómodo, cortando todas as accións dos cormeláns, estando moi ben defensivamente e creando perigo cando recuperaban o balón. Era un choque igualado, marcado polo vento, no que os muradáns soubero aproveitar mellor as ocasións. Antes, na primeira metade, o Corme tivo un par de boas ocasións que materializaron, oero nada máis saír dos vestiarios Jesús fixo un golazo pola escuadra que permitía ao equipo visitante manter a liña de seguir pechadiños, controlando as embestidas sen demasiados apuros. Nos últimos 5 minutos, noutra contra, Jose sentenciaba cunha boa volea.

Zas - Outes (2-5)

  • Zas: Pereiras; A. Tome, Xabi (Rojo), Pablo, Mateo; Cristian, Juan, Dario, Sixto (Pedro), C. Tome e Unai (Roi).
  • Outes: Ángel, Fabián, Perol, Cristian, Stefan (Cartucho, m.58), Rubén (Ryan, m.46), Nico, Mangelo (Canoa, m.46), Josiño, Ryan e Fran Lires (Martín, m.82)
  • 0-1, m.2: Fran Lires; 0-2, m.9: Rubén; 1-2: Juan; 2-2: Darío; 2-3; m.70: Ryan; 2-4, m.75: Josiño; 2-5, m.90: Ryan 90.
Comezou forte o Outes nun campo en malas condicións (como sempre que chove en San Andrés) que aos 8 minutos gañaba 0-2, pero o Zas reaccionou, tomou o mando e recortou antes do descanso e na segunda metade logrou poñer o 2-2 no marcador. Na fase final do choque, despois da doble expulsión que deixaba aos dous equipos con 10, o Outes soubo resolver o partido alcanzando unha vantaxe excesiva polos méritos de ambos equipos.

Soneira - Fisterra (3-2)

  • Soneira: Chris, Dami, Chasko, Jorge, Rauliño, Pablo, Alex, Nico (Ángel, m.66), Brais (Santi, m.90), Cris Canosa (Edgar, m.72), Fran (Álvaro, m.88)
  • Fisterra: Breo, Quintela, Puyol, Rui, Ángel Golpes, Xan Xixo, Aarón, Ezequiel, Mustapha, Iván Escaris, Isaac. Tamén xogaron: Ángel Suárez, Miguel, Alejandro, Oliver.
  • Goles: 1-0, m.10: Fran Moreira de cabeza; 2-0, m.15: Brais Pereira nun contragolpe; 2-1, m.27: Rui nun córner que toca Isaac; 3-1, m.40: Fran Moreira noutra contra, 3-2, m.51: Isaac de cabeza nunha falta lateral.
Partidazo o vivido no Municipal de Vimianzo.Non estivo o Fisterra na primeira metade no partido e a Esteirana aproveitou para facer moito dano á contra. Nada máis empezar o partido Fran tería unha boa ocasión para os soneiráns pero o seu disparo algo escorado vaise fora por pouco pero a resposta do Fisterra non tardaría en chega e Chris salvaría o man a man contra Isaac. Pero Fran cun cabezazo tras un bo centro de Chasko adiantaría os soneiráns que 4 minutos despois poñería o 2-0 tras unha boa xogada colectiva que finaliza Brais no segundo pau. Cando máis comodo se sentía o Soneira nun córner os fisterráns recurtaría distancias e Chris sacaría unha boa man a un lanzamento de fóra da área. No minuto 40 outra boa xogada soneirán e finalizada por Fran e incluiso puideron sentenciar os soneiráns cun man a man de Brais que para o meta fisterrán asi como os posteriores rechaces e tamén tería Cris Canosa unha boa ocasión pero o longueiro salvaría os fisterráns. Espertaron tarde os fisterráns, que recurtaban ao comezo da segunda, e tiveron dúas ocasións claras para empatar (Isaac e Ezequiel) pero que salvou o meta soneirán Chir, facendo valer o gran esforzo e a boa defensa dos locais. Soneira xuvenil tras vencer ao Fisterra Así celebrou o Soneira a vitoria ante o potente Fisterra

Esteirana - Baio (4-0)

  • Goles: 1-0, m.9: Solís; 2-0, m.12: Xián; 3-0, m.31: Adrián; 4-0, m.46: Carajillo.
Curto resultado para o visto no campo pois o Baio chegaba con 11 xustos por mor das baixas. Aguantaron os primeiros minutos pero dende o primeiro gol xa dominaron os esteiráns.  

San Lorenzo - Cabana (2-6)

  • San Lorenzo: Borja, Arturo, Ures, Fidi, Esteban, Garrido, Rubén, Álex Pereiro, Fran, Castro e Iván. Tamén xogarón: Álvaro, Pipa, Jota, e Iago.
  • Cabana: Roberto, Javi (Veloso), Cristian (Pablo), David, Dani, Samuel, Nando (Collazo), Castro (López), Simón, Manuel, Rubén.
  • Goles: 1-0, m.5: Castro; 1-1: Manuel; 2-1: Manuel; 2-2, m.45: Fran (descanso); 2-3: Rubén; 2-4: Manuel; 2-5: Manuel; 2-6: Manuel.
Comezaba o partido cun dominio e chegadas constantes do San Lorenzo, ante un Cabana que lle custou adaptarse ao terreo de xogo de Verdillo, con 3 ocasións claras en pés de Castro e Fran, pero só o primeiro lograría materializar unha delas. Tras estes 15 primeiros minutos de asedio meteuse no partido o Cabana e acabou remontando merecidamente. Pero antes do descanso un pase en profundidade de Iván deixase só a Fran que agora si lograba marcar e poñer o 2-2 ó descanso. Na segunda o Cabana pronto se colocou 2-3, sendo máis efectivo que o cadro local, que fallaba varias ocasións e que protestaron un gol pantasma que o colexiado non deu por válido ou un posible penalti na área visitante. O Cabana chegaba e marcaba facendo que os locais fose deixándose levar nos últimos minutos.  

Ponteceso - Laxe (4-0)

  • Goles: 1-0, m.20: Isaac; 2-0, m.60: Raúl; 3-0, m.75: Rubén; 4-0,m .88: Isaac.
Partido disputado con dominio absoluto do equipo local salvo os primeiros 20 minutos que o Laxe pudo marcar algún gol se non fóra pola pouca falta de acerto nos últimos metros.  

Xallas - Camariñas (4-1)

  • Goles: 0-1, m.12: Mario; 1-1, m.20: Pensado; 2-1, m.50: Adrián Mourelle; 3-1, m.80: Guillín; 4-1, m.83: Adrián Mourelle.
Partido condicionado polo estado do campo de Fontenla, anegado por zonas. O Camariñas fixo unha gran primeira metade, e conseguían adiantarse pero os locais empatarían marchando así ao descanso. Na segunda, o Xallas tomou algo a iniciativa e marcou pronto, pero o partido mantívose aberto ata os últimos minutos con dous novos goles que se cadra deixaron un marcador máis abultado do que se viu no campo.  

Cee - Sofán (0-6)*

  • Goles: Nacho (2), Eloy (2), Montero e Simón.
  • Partido supendido a falta de 30 minutos para o final.
Con 11 xustos chegaba o Cee a este partido, que se desenvolvía con absoluta superioridade dos visitantes sobre todo dende o último treito da primeira metade. Xa quedara con 10 o Cee trala expulsión de Jon aos 15 minutos de comezar, e xa na segunda, unha tangana propiciaba a expulsión do local Tomás, obrigando ao colexiado a chamar á Garda Civil. Nese momento varios xogadores do Cee "se lesionaban" propiciando que o colexiado tomase a decisión de suspender o partido.  

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

  https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-corme-sentencia-en-3-minutos-media-liga/

Comentarios