mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenís: Comeza a segunda Fase

Xuvenís: Comeza a segunda Fase
Xallas Xuvenil en Ara Solis 665 O Xallas Xuvenil completou unha primeira fase inmellorable A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Xa temos en www.futboldacosta.com o calendario completo da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil e da Liguilla da Copa da Costa 2016 da categoría xuvenil.

Todo despois dunha última xornada da primeira Fase sen interese (xa quedara todo decidido antes do Nadal) na que Xallas e Ponteceso demostraron que son os favoritos. Foi o Xallas o que mellor número completou con 16 vitorias noutros tantos partidos, 90 goles a favor e só 11 en contra.

Tamén disputarán a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, polo Sur o Cee e o Montelouro, que se relaxaban dando minutos aos menos habituais e caían ante Esteirana e Fisterra.
Polo Norte, os que acompañan ao Ponteceso, son o Cabana (que se deixaba ir ante o Zas) e o Baio, a sorpresa do curso.

Así queda a primeira xornada:

Xuvenis-Liguilla Ascenso

A sosa Liguilla copeira, con baixas

O resto competirán nesta Liguilla da Copa da Costa 2016, que dicimos sosa pois todos os equipos se clasifican e para os Oitavos da Copa. Iso si, os 3 primeiros evitan aos da Liguilla dos campións.

Non compiten nin Corme, nin Muxía nin Porteño. E non se xoga a primeira fin de semana de febreiro, polo Entroido.

XUvenis-Liguilla da Copa da Costa 2016

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios