Martes. 23.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Escapa o Corme

Xuvenís: Escapa o Corme
Corme-Baio de xuvenis-Foto-Fin Lema O Corme venceu ao Baio e escapa na táboa-Foto-Fin Lema

Aproveitou o Corme o empate do Fisterra ante o Soneira, no gran partido da semana, para lanzarse con 4 puntos de vantaxe sobre o cadro verde. Por detrás, parece que só o San Lorenzo está en disposición de pelexar esas dúas prazas de arriba, pois a irregulidade é marca da casa dos Ponteceso, Cabana, Esteirana, Soneira, MIúdos e mesmo Coristanco, que aínda terían opcións de colarse na pelexa.

O San Lorenzo segue sumando e achegase arriba O San Lorenzo segue sumando e achegase arriba  

Outes - Laxe (2-2)

  • Outes: Antón, Fabián, Joel (Ángel, m.46), Christian, Canoa, Boris, Nico, Alberto, David (Fabio, m.53), Josiño e Fran Lago.
  • Laxe: Pablo, Iago, Valentín, Quique, Santi Casas, Samu, Álvaro, Bieito, Iván, Juan Lema, Miguel.
  • Goles: 0-1, m.24: Valentín; 1-1, m.28: Nico; 2-1, m.61: Fran Lago; 2-2, m.70: Santi Casas.

Chegaba Dani Argüelles con 11 xustos e pelexou ante un Outes que saía frouxo. Primeira metade de dominio visitante que remataba en empate, pero na segunda o Outes trenzou varias xogadas de gol para meterse por diante. Foi Santi Casas o que empataba.

 

Corme - Baio (4-0)

  • Goles: 1-0, m.1: Javi Bermúdez; 2-0, m.18: Mauro; 3-0, m.82: Manu Tasende; 4-0, m.89: Manu Bermúdez.
Corme-Baio xuvenil-Foto-Fin Lema Corme-Baio xuvenil-Foto-Fin Lema

Control cormelán dende o comezo, xa a partir do gol inicial de Javi Bermúdez. O Baio apenas chegaba á area rival, pero o Corme non sentenciaba o partido ata osúltimos minutos. En todo caso, non perigou a vitoria do líder.

Banco cormelán-Foto-Fin lema  

Corcubión - Sofán (3-2)

  • Corcubión: Marcos, Nico, Fran, Oca, Sergio, Álex, Samu, Xuli, J. Ángel, David e Jon. Tamén Mesejo.
  • Sofán: Christian, Alex Fidalgo, Juan Bello, Nacho Eirís, Dani Padín, Adrián, Alberto, Sergio García, Nacho Moreno, Eloy Cabeza. Tamén: Aarón, Artom, Sergio e Jose.
  • Gooes: 1-0, m.22: Alex Agulleiro; 2-0,m .23: Alex Agulleiro; 3-0, m.26: José Ángel; 3-1, m.71: Dani Padín de penalti; 3-2, m.80: Eloy Cabeza.

Moi curto de efectivos chegaba o Corcubión ó partido e acabou sufrindo a pesar de comezar dominando e poñerse con clara vantaxe antes de cumplirse a primeira media hora de xogo cos goles de Álex Agulleiro por partida doble e de Jose Ángel.

Tralo paso por vestiarios, o Sofán conseguirían recurtar distancias. Tralas expulsións de David e Jon, o Sofán foi moi superior, pero os locais tiraron de orgullo e conseguiron aguantar as embestidas locais e lvaron os tres puntos pese a xogar con 9 o último cuarto de hora de partido.

 

Ponteceso - Camariñas (8-2)

  • Ponteceso: Isaac, Adrián Pose, Manu Cancela, Jorge, Raúl, Brais Ceán, David Velo, Jose, Iván Rodríguez, Aarón e Loureiro. Tamén: Luca, Damián, Íker, Moussi e Pop.
  • Camariñas: Sergio; Facundo, Fran, Gabriel, Anxo; Joseba, Eric, Manuel (Hugo), Juanito (Mario), Luis, Adrián.
  • Goles Iván Rodríguez (3), Aarón (2), Brais Ceán, Jose e un en propia para o Ponteceso. Adrián Bardanca (2) para o Camariñas.
POnteceso Xuvenil Ponteceso Xuvenil

Empezaba o cadro de Gurita con dúbidas e presas para chegar á meta rival, ante un Camariñas que se defendía ben. Mesmo Adrián Bardanca, un pesadelo sempre para os rivais, avisaba pero sen acerto. Pero rompíase o choque á media hora con dous goles seguidos do pichichi pontecesán, Iván Rod.

Na segunda saíron fortes os camariñáns e Adrián recurtaba e mesmo tivo o 2-3 nun man a man. Pero chegou o cuarto e o partido decaeu ca goleada local.

 

Muxía - Os Miúdos (1-6)

  • Muxía: Roi, Evaristo, Marce, Miguel, Lolo, Vilela, Fidalgo, Raul, Mario, Borja e Rodri.
  • Os Miúdos: Alberto, Ismiña (Javi Sieiras), Flavio, Dani, Gael, Abel, Josiño (Alonso), Xavi, Riomao (Isma Mayo), Gesto (Miguel) e Rubén.
  • Goles: Marce para os muxiáns; e Josiño, Rubén (3), e Xavi (2) para os muradáns.

Partido máis igualado do que di o resultado. Con 11 xustos o Muxía deuno todo e aguantou co 1-2 ao descanso, metido no partido e mesmo puideron ir con vantaxe aos vestiarios. Pero os muradáns contan xa co dianteiro killer que lle faltaba, un Rubén que está en racha e leva 7 goles en dous partidos.

 

Soneira - Fisterra (1-1)

  • Soneira: Christian, Damián, Esteban, Ángel, Brais Blanco, Sergio, Alex, Fran Moreira, Sebas, Brais Pereira e Cristian Canosa. Tamén: Raúl, Hugo, Nico e Santi.
  • Fisterra: José Carlos, Ángel, Manu, Iván, David Marcote, Isaac, Benlloch, Aarón, Diego, Rui e Gabri. Tamén: Xan Xixo, Sergio, Juanfran, Rodri e Ezequiel.
  • Goles: 0-1, m.66: Manu; 1-1, m.90: Nico.

Gran ambiente nas grandas, e gran partido vivido no municipal. Partido moi igualado como di o marcador. Saíron os soneiráns sen medo do Fisterra, cunha boa presión incomodando a saída do balón dos fisterráns. Non eran capaces de trenzar as xogadas de calidade que acostuman os verdes, mentres o Soneira si que roubaba e saír con perigo en contadas ocasións.

Na segunda parte adiantou liñas o Fisterra, tendo máis presencia en campo contrario, e facendo boas triangulacións. Adiantaríanse os visitantes, pero o gol espertaba aos locais que volvían presionar arriba. Aí puido sentenciar o Fisterra con varias contras aproveitando o espazo, pero Chris estivo fantástico. Fran Moreira tivo o empate, e Chasco mandou un rexeite ao pau. Pero non fou ata o munuto 90 cando Nico atina a empurrar un centro ao fondo das mallas, acadando o empate final.

 

San Lorenzo - Xallas (6-0)

  • Benjamín, Fidi, Fidalgo, Álex Fernández, Esteban, Pablo, Martín, Ivito, Alberto, Brais, Aarón. Cambios: Eloy, Álex Rodríguez, Cotelo, Iván Cancela e Darío.
  • Xallas: Fabián, Peke, Pablo (Dani), Nando, Héitor, Fabián, Manu, Adrián, Kevin, Guillín e Blanco (Brais).
  • Goles: Brais (2), Aarón (2), Darío e Iván Cancela.

Dominio carballés durante os 90 minutos ante un Xallas con moitas baixas e que ademais sufría 3 lesións que obrigaban a Juan Prado a facer os 3 cambios en apenas 15 minutos. Saíron os de Juni a ter a posesión ante un Xallas pechado a tras pero que tras dous pases filtrados a Brais e Aarón se desorganizou deixando espazos para as chegadas dos dianteiros.

4-0 ó descanso e a volta xa nun partido con pouco ritmo dúas saídas ás costas dos defensas acaban cos goles de Iván e o porteiro suplente Darío, que demostrou tamén grandes condicións cara a portería contraria.

 

Esteirana - Coristanco (1-4)

  • Esteirana: Dani, Kevin, David, Fari, Carajillo, Solís, Xián, Benja, Juanili e Adrián. Tamén: Alex Martínez, Iker, Uxío, Rodri, e Alex Fdez.
  • Coristanco: Borja, Iago, Cambón, Álvaro, Sebastián, Dani, RR, Braian, Castro, Fran e Black. Tamén: Ezequiel, Cristian e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.55: Fran; 0-2, m.75: Dani; 0-3, m.80: Castro; 1-3,m 87: íker; 1-4, m.90: Eloy.

Máis intensidade meteulle o Coristanco en Esteiro e acabou levando os puntos. Foi unha primeira metade igualada, na que o cadro de Eloy apretou moito arriba, sabendo que os de Josiño Alves gustan de saír co balón xogado. Houbo ocasións para os dous bandos na primeira metade, pero ningún estaba acertado.

Aproveitou Fran un choque entre dous defensas locais para abrir o marcador, o que obrigaba a estirarse aos de Esteiro. Chegaron ocasións para o empate, como dous balóns ao longueir e varias paradas de Borja. Nunha desas xogadas, os esteiráns quedaron pedindo penalti é a contra Dani practicamente deixaba senteciado o partido. Castro facía o terceiro e Íker por un bando e Eloy polo outro, completaban o marcador.

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios