![Corme Xuvenil nun choque no cairo-Foto-Fin lema]()
Corme Xuvenil nun choque no cairo-Foto-Fin lema
Aproveitaron Corme e Fisterra para ampliar vantaxe sobre o San Lorenzo (este descansaba) na última xornada da primeira volta celebrada este mércores 6 de decembro. Se os cormeláns seguen de goleada en goleada (xa van 80 goles a favor) os fisterráns sufrían máis para derrota ao Ponteceso no Pinguel, no que foi o partidazo da xornada.
Saca o Corme agora 4 puntos ao Fisterra e 8 ao San Lorenzo, se ben aos de Verdillo aínda lles queda un partido por xogar, o do Muxía aprazado pola Barca que se disputa este 30 de decembro.
Polo demais, Esteirana, Cabana e Coristanco intentan subirse ao carro dos perseguidores, aínda empatados na zona morna con Soneira e Os Miúdos que frean a súa boa liña de resultados.
Pichichis
- Santi Casas (Laxe): 27 goles (4 de penalti) en 15 partidos (1,8 goles/partido).
- David López Roibal (Sofán): 22 goles (2 de penalti) en 15 partidos (1,47 goles/partido).
- Fran Moreira (Soneira): 22 goles (3 de penalti) en 26 partidos (1,37 goles/partido).
- Diego Castro (Coristanco): 20 goles (2 de penalti) en 14 partidos (1,43 goles/partido).
- Adrián Bardanca (Camariñas): 18 goles (2 de penalti) en 14 partidos (1,28 goles/partido).
- Samu Costa (Corme): 18 goles (2 de penalti) en 15 partidos (1,2 goles/partido).
- Aarón Casas (San Lorenzo): 17 goles en 15 partidos (1,13 goles/partido).
Outes - Sofán (2-1)
- Goles: 1-0 m.35 Canoa en xogada persoal finalizada cun remate a cepa do poste; 2-0, m.39: Fran Lires culminou unha boa xogada de todo o equipo; 2-1, m.52: David López Ruibal.
![]()
Con 6 cadetes afrontou o Outes o choque ante o Sofán, pero fixeron unha moi boa primeira metade os de Claudino Outón, culminando cun par de goles ao fío do descanso Na segunda tocou sufrir, ante un mellorado Sofán que recurtaba e intentaba por todos os medios acadar o empate, sen sorte.
Ponteceso - Fisterra (1-2)
![Ponteceso xuvenil copia]()
Ponteceso xuvenil anteo Fisterra
- Goles: 0-1, m.57: Dani Martínez; 1-1, m.80: Aarón; 1-2, m.84: Dani Martínez.
![Fisterra xuvenil no Pinguel]()
Fisterra xuvenil no Pinguel
Partidazo no Pinguel no quense viu a mellor versión deste irregular Ponteceso de Gurita que durante moitos minutos foi superior ao equipo de Pablo Lestón.
Marcou un ritmo moi alto e tivo moi boas ocasións o cadro local, sobre todo a balón parado, que non soubo concretar.
Na segunda, a entrada de Dani deu máis presencia ao Fisterra en campo contrario. E o cadro verde foi moito máis efectivo e fixo que o choque se decantanse.
Soneira - Cabana (2-4)
- Goles: 1-0, m.6: Fran Moreira; 1-1 m.20 Manuel; 1-2 m.28 Manuel; 2-2 m.40: Brais Pereira; 2-3 m.50 Manuel; 2-4 m.76 Castro.
![Soneira e Cabana xuvenis]()
Soneira e Cabana -Foto-Cabana
Comezaba o choque igualado pero a picardía dun dos pichichis, Fran Moreira, abría o marcador. Non esperaba moito o Cabana para reaccionar empatando pronto e dando a volta ao marcador con dous tantos de Manuel. Pero antes do descanso Brais empara para os locais.
Os primeiros 20 minutos da segunda foron do mellor que se viu no Cabana esta temporada. Moitas combinacións e chegadas claras, para que Manuel completase o seu triplete cunha fermosa vaselina e Castro ampliase a renda. O Soneira puido recurtar ao final pero Marcos estivo moi serio na meta cabanesa.
https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/902183446623651/
Corcubión - Camariñas (4-2)
- Goles: 1-0, m.15: Luís Lojo; 2-0, m.25: Samuel; 3-0, m.40: Alex; 3-1, m.42: Adrián Bardanca; 4-1, m.44: Alex; 4-2, m.52: Fran Barreiro.
Partido de escaseza no Cubaleiro con dous equipos moi xustos de efectivos. Partido con pouco ritmo en xeral aínda que mellor a primera parte que a segunda. Adiantaríanse os locais (que xogaron a primeira metade co vento a favor) por medio de Luis e Samu faría o segundo pouco despois e Álex o terceiro. Recurtou distancias o Camariñas cun golazo pola escuadra de Adrián Bardanca, un dos pichichis da categoría. Pero antes de rematar a primera parte Álex ampliaría a vantaxe. Faría o segundo o Camariñas nada máis voltar de vestiarios e facía unha segunda metade moi mellor, dominando o balón, pero sen demasiadas opcións para a remontada.
Corme - Os Miúdos
- Goles: Samu Costa, Manu Tasende, Eloy Villar (2), Manu Bermúdez, Aitor e Pandi para o Corme; Rubén para os Miúdos.
Moi superior o líder ante un equipo dos Miúdos que viñan de gañar 6 partidos consecutivos. Pero non serviron para frear a un cadro azul que xa abría o marcador aos 3 minutos. A partir de aí os muradáns non souberon reaccionar e non puideron superar a defensa cormelá.
Muxía - Xallas (3-1)
- Goles: 1-0, m.31: Marce; 2-0, m.78: Lolo; 3-0, m.82: Lolo; 3-1, m.89: Brais.
Partido moi igualado nunha primeira parte que se chegou con 1-0 ao descanso. Na segunda o Xallas, co vento a favor, encerrou a un Muxía que supo esperar o seu momento para saír á contra e sentenciar incluso cun home menos.
Laxe - Coristanco (3-5)
- Goles: 0-1, m.6: en propia; 0-2, m.11: Fran; 0-3, m.27: Castro; 1-3, m.33: Santi Casas; 1-4, m.43: Braian; 2-4, m.43: Santi Casas; 3-4, m.67: Santi Casas; 3-5, m.80: Castro de penalti.
Meteuse pronto o Coristanco por diante, pero o Laxe, montado a cabalo do pichichi da categoría, meteuse no partido, e só un tanto de Castro (o pichichi da temporada pasada e tamén na zona alta da táboa) permitíalle aos verdes rematar o partido con tranquilidade.
Esteirana - Baio (6-2)
- Goles: Sergio, Xian (2), Benja, Carajillo e Jaime para a Esteirana; Mohedano e Moreira para o Baio.
Recupera a Esteirana a senda do xogo e dos resultados endosando unha goleada ao Baio. Foi un partido entre 2 equipos que ós que lles gusta a posesión do balón no que a Esteirana fixo valer a diferencia clasificatoria e fíxose dominadora do xogo, e marchou con vantaxe ao descanso por 2-0. Máis dominio na segunda metade, na que aumentou diferencias a Esteirana.
Un partido sen moita historia, no que o colexiado quixo o seu minuto de protagonismo ao expulsar a MC por protestar cun "Veña oh"...
Novas relacionadas
Crónicas da tempada
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).