Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Xallas e Cee destacan no Sur e o Ponteceso manda no Norte

Xuvenís: Xallas e Cee destacan no Sur e o Ponteceso manda no Norte
Partidazo o Camariñas-Corme -Foto-Camariñas Partidazo o Camariñas-Corme -Foto-Camariñas A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Segue mandando o Ponteceso na Liga Norte, e xa saca 8 puntos aos seus rivais despois de superar a un ordenado Zas. Por detrás, parece que vai haber 5-6 equipos que pelexen polas outras dúas prazas que dan acceso á Liguilla de campións.

Por abaixo, co Xallas mandando e o Cee ao "rebufo", o Montelouro recupera a confianza das primeiras xornadas e se sitúa no podio, por diante dos Miúdos, que descansaban. Pero ollo con Outes e Fisterra, que van dan guerra por esas 3 primeiras prazas.

Liga Xuvenil Sur, xornada 7

Xallas - Esteirana (3-0)

  • Xallas: Álex, Raúl, Jony, Xoel, Rubén (Pablo), Alberto (Tiago), Carlos(Juanjo), Rachón (Óscar), Sergio Barbeira, Anxo e Santi.
  • Esteirana: Álex; Eloy, David, Manu, Tobío, Rafa, Brais, Manu de Yi, Jaime, Damián e Íker. Tamén: Xian e Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.32: Santi Díaz; 2-0, m.48: Santi Díaz; 3-0, m.61: Rachón remacha un gol case feito por Sergio Barbeira.

Partido disputado en Fontenla con dominio total do equipo local ante un rival ben situado cunha defensa moi rocosa. Costoulle trababallo poñerse por diante, ao equipo de Dani Calvete, e tivo que ser tras unha xogada combinada cando Santi Díaz facía o 1-0 mantendo un gran ritm goleador. Nada máis saír dos vestuarios Santi de novo puxo o 2-0 que lle dou tranquilidade ao equipo xalleiro. A Esteirana intentábao pero non chegaba aos dominios de Álex, e pouco despois nunha gran xogada de Sergio remacha Rachón na liña de gol un balón que iba dentro.

 

Outes - Cee (0-1)

  • Outes: César, Cutu, Serxio (Fran), Brión (Aarón), Davi, Saúl (Sergio Nieto), Adán (Fabio), Simón, Adrián, Santi e Carlos.
  • Cee: Paulo, Adrián, Senlle, Borja, Alex Agulleiro, Castillo, Xabi (Hugo, m.71), Chema (Tivi, m.80), Isma (Toño, m.85), Samu Filgueiras (Saul, m.78) e Chiqui (Álex, m.62).
  • Gol: 0-1, m.17: Isma.

Comezaba o choque cun Cee mandón, combinando ben e levando a iniciativa. Esa superioridade materializouse no tanto de Isma ao cuarto de hora. Pero o equipo local foise metendo no partido e xa sacaba boas contras. Tivo o Cee algunha pero xa Santi mandaba un balón ao pau antes de ir ao descanso.

Na segunda parte o partido foise descontrolando e co vento a favor acercábanse máis o Outes á área visitante. Volvía mandar Santi ao Pau e Carlos tamén tivo unha que puido significar o empate, se ben nos últimos minutos, co Outes volcado, un par de contras ceenses puideron ampliar a renda de non ser polo porteiro César.

 

Montelouro - Castriz (5-1)

  • Montelouro: Xacobo, Bouzas, Sergio, Bolo, Juan; Juanma, Cristian, Adrián, Anxo; Juan de Celia e Luís.
  • Castriz: Víctor (Álex, m.79), Rubén (Cambón, m.40), Julián, Brais, Javier N., Elías, Balsa (Javier E., m.81), Mika, Luís e Isma (Richi, m.80).
  • Goles: 1-0: Anxo; 2-0: Juan de Celia; 3-0: Anxo (descanso); 4-1: Elías anota o golazo da tarde; 5-1: Cristian.
Montelouro-Castriz xuvenis-Foto-Nieves Formoso Montelouro-Castriz xuvenis-Foto-Nieves Formoso

Partido donde o Montelouro pasou como unha apisonadora por riba dos xogadores do Castriz. A falta de actitude que xa se vía no quencemento reflectiu durante toda a primeira metade e así o sinalaba o marcador, cun claro 3-0 para os locais.

Na segunda parte intentou reaccionar o Castriz e no primeiro minuto unha ocasión clara de gol gracias a un pase de Isma puido facer que por mediación de Elías o partido collera outro color pero segíuse coa falta de acerto xalleiro dende o comezo de tempada. Aproveitaron os loureáns para recuperar a senda da vitoria despois de 4 xornadas sen facelo.

Partido tralo os do SD Castriz teñen que volver reprantexarse o obxectivo da Liga, mentres os loureáns recuperan ilusión para intentar meterse entre os 3 de arriba.

 

Fisterra - Corcubión (4-1)

  • Fisterra: Aarón (Xosé), Juanfran, Ángel (Papin), César, Fabián, Andrés(Sergio), Dani, Gabi da Anchoa, Asier, Gonzalo e Iván (Pichino).
  • Corcubión: Mesejo, David, Isma Maikel, Porto, Senra Rama, Samuel, Germán, Xoan e Gabi Golpes. Tamen xogou: Joselu, Carlos e Oca.
  • Goles: 1-0: Gonzalo; 2-0: Gabi (descanso); 2-1: Rama; 3-1: Asier: 4-1: Pichino.

Primeira parte moi frouxa do Corcubión ante un Fisterra que movía moi ben o balón, colocándose no primeiro tempo cun xusto 2-0 no marcador.

Nada máis comezar Rama aproveitaba un fallo do porteiro local para poñer o 2-1 e deixar aberto o partido. Cando o Fisterra recuaba e o Corcubión parecía que podía empatar, un fallo nun control en campo propio propiciou unha ocasión clara que non fallarían os locais para poñer o 3-1. O 4º chegou noutro fallo nun despexe pero xa estaba todo decidido.

 

Liga Xuvenil Norte, xornada 6

Zas - Ponteceso (1-4)

  • Zas: Sergio, Boli (Rubén, m.67), Damián, Ternande, Brais, Manu, Pedro (Manu Laxe, m.75), Adrián (Andrés, m.54), Álvaro (Andy, m.75), Elías e Dani Mato.
  • Ponteceso: Damián, Adrián (David Añón, m.62), Ángel, Jorge, Villar, Yago, Alberto (Feliciano, m.78), Diego Cacha, Eloy (Javi Busto, m.82), Aday (Luca, m.56) e José Ángel (Loureiro, m.65).
  • Goles: 0-1, m.9: Eloy; 0-2, m.42: Alberto aproveita o rexeite tras unha falta botada por Eloy ao longueiro; 1-2, m.47: Elías de cabeza; 1-3, m.76: Loureiro a pracer tras unha xorgada entre Ismail, Cacha, Yago e Eloy; 1-4, m.78: Cacha tras outra combinación no rexeite do porteiro a un tiro de Yago.

Partido vibrante en San Andrés, que comezaba cun Zas ben plegadiño atrás deixando o control de balón ao líder. Costoulle ao cadro de Fernando entrar na rede local, que presionaba moito no medio campo a conseguían roubar balóns e xogar para un fantástico Dani Mato que entre el Manu Fuentes e Elias eran os que dano facían. O cadro pontecesán intentaba chegar por bandas e atopouse cun tempraneiro gol de Eloy aproveitando unha media saída do meta local.

Non arriscaba ninguén e tras moitos minutos de xogo no medio campo, e a piques de ir aos vestiarios, o Ponteceso fixo o segundo.

Non se deixou vencer o Zas que nada máis saír na segunda recurtaba e se metía no partido, arriscando moito máis, pero cando mellor estaba os de Martín, cheou o tanto de Loureiro tras unha boa combinación que deixaba o partido sentenciado.

 

Muxía - Porteño (2-2)

  • Muxía: Gusa, Rubén (Paulo, m.46), Rodri MacAreno, Iván, Juan, Cris, Carlos, Ander, José e Mario.
  • Porteño: Alex, Jose, Manuel, Gonzalo, Bruno, Mario, Álvaro, Porto, Oli, Matías e Fabio. Tamen xogaron: Raúl, Antonio, Martín e Josiño.
  • Goles: 1-0, m.20: Porto; 1-1, m.30: Ander; 2-1, m.55: Porto; 2-2, m.65: MacAreno nun saque de esquina.

Partido condicionado polo estado do campo con muito futbol directo e moitas imprecisións nos metros finais. O Muxía de Juan Prado chegaba con ata 12 baixas por lesión e enfermidade, pero souberon aguantar as embestidas dos da Ponte e empatar o partido ata en dúas ocasións. Despois de 60 minutos onde o Porteño estivo máis en campo contrario, o choque remataba cun Muxía máis enriba e nos minutos finais estivo máis preto a vitoria local que a visitante.

 

Camariñas - Corme (3-3)

Camarinas-Corme xuvenil 2-Foto-Camarinas Imaxe do Camariñas-Corme-Foto-Camariñas
  • Camariñas:
  • Corme: Fran, Pandi, Ángel, Aitor, Cris, Eloy, Bruno, Trulli, Isaac, Manu Bermúdez e Kike. Tamén: Isma, Javi, Yago, Martín e Mauro.
  • Goles: 1-0, m.5: Brais; 2-0, m.14: Adrián; 2-1, m.59: Cris; 3-1, m.61: Joseba; 3-2, m.72: Javi; 3-3, m.75: Javi de penalti.

Partido de poder a poder no que o cadro camariñán sempre levou a iniciativa no marcador, pero se atopou a un Corme que nunca se deu por vencido. Marcou pronto o Camariñas dous tantos, para deixar unha segunda metade igualada. Saíu mellor o Corme na segunda, pero cando recurtaba Cris, Joseba facía o 3-1 que parecía definitivo. Nada máis lonxe da realidade pois o Corme veuse aínda máis arriba e en dúas xogadas case consecutivas conseguía igualar o choque.

 

Coristanco - Cabana (1-2)

  • Coristanco: Alberto; Álex (Eloy, m.80), Álvaro, Varela, Anido (Javi, m.46); Adrián, Dani (Iván Villar, m.46), Bértoa, Sergio, Gabriel e Chiki (Suso, m.80).
  • Cabana: Darío Martín, Ferreiro, Pipa, Kevin (Bieito), Mateo (Reigía), David Muíño, Nando, Alberto, Óscar (Carlos), Pablo (Álex López).
  • Goles: 0-1, m.12: Pablo; 0-2, m.23: Alberto; 1-2, m.67: Chiki á saída dun córner.
Coristanco-Cabana xuvenil-Foto-Cabana Coristanco-Cabana xuvenil-Foto-Cabana

Bo partido na Rocheira entre dous bos equipos. O Cabana empezou máis forte dominando a primeira metade con certas ocasións, e meténdose por diante cos tantos de Pablo e Alberto.

Na segunda metade o partido igualouse moito máis, cun Coristanco moito máis metido, e houbo ocasións para os dous equipos. Foi Chiki o que recurtaba aínda con 25 minutos por diante. Tivo que sufrir o cadro de Óscar Mingui as embestidas por arriba dos de Chipi, pero o equipo verde non puido acadar o empate ante a boa defensa cabanesa.

 

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios