Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Ruta de Mountain Bike “Concello de Dumbría”

1ª Ruta de Mountain Bike “Concello de Dumbría”
Non para o Concello de Dumbría de coidar o deporte. Así, organiza para o vindeiro sábado día 5 de febreiro a 1ª ruta de mountain bike “Concello de Dumbría”, cun recorrido total de 35 km aproximadamente. Unha ruta que non ten carácter competitivo, senón de completo disfrute da paraxe salvaxe do concello dumbriés. Poderán participar na ruta tódalas persoas que realizaran correctamente o proceso de inscripción. A idade para participar é maiores de 16 anos. O número máximo de inscricións será de 200 participantes. A saida (9:30h) e chegada da ruta será dende as instalacións deportivas Municipais do Conco. O percorrido da proba transcurre casi na sua totalidade por camiños forestais e rurais 33 km e tan so 2 km por carretera asfaltada. Iso si, a organización ten previsto 2 avituallamientos, un os 12 km e outro o remate da ruta.

Inscricións

As incricións, que son gratuitas, poden ser por teléfono, 981744001, indicando nome apelidos e D.N.I. ou cubrindo directamente a inscrición no Concello de Dumbría de luns a venres de 8,00h a 15,00h, así como no ximnasio Municipal de Dumbría en horaio de 16,00h a 22,30. Tódolos participantes teñen que ter firmada a inscrición antes da ruta (pode ser o mesmo día).

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Dumbría.

Comentarios