O 25N lembra ás Irmás Mirabal
Con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Dumbría impulsa unha programación que une memoria, educación, deporte e cultura para avanzar cara unha sociedade libre de violencia machista.
É un programa pensado para sumar voces, fortalecer vínculos e construír igualdade dende todas as idades e todos os espazos da vida comunitaria.
Ademais de ser símbolo de forza, transformación e memoria, o Concello quere lembrar ás irmás Mirabal, coñecidas como As Mariposas, cuxo legado continúa inspirando loitas pola liberdade e pola dignidade.
O programa
Xa temos falado da primeira cita, a que se desenvolve entre hoxe venres e mañá sábado 22, "Mulleres, Memoria e Dignidade".
Ademais, neste "Voando xuntas contra a violencia", o luns haberá obradoiro, o martes exposición fotográfica e o dominto 30 sesión teatreira con Sarabela Teatro.

