#7marabillas: O Cemiterio de Cores de Dumbría
Xa temos feito unha viaxe polo Cemiterio de Cores de Dumbría, e hoxe volvemos da man da campaña que a Estación de Servizo Bazarra sacou nas súas redes sociais sobre as 7 marabillas arquitectónicas da Costa da Morte.
Este cemiterio singular foi escollido polos “feisbuqueiros” da rede costeira como un dos 7 edificios máis emblemáticos da Costa da Morte. Curiosa decisión tendo en conta que foi rematado a finais de 2011. Iso si, xa tiña os 216 nichos vendidos antes da súa posta en funcionamento, o que demostra o efecto positivo que creou na veciñanza da zona, algo que non acontece cunha das “xoias” do noso patrimonio funerario, como é o Cemiterio de César Portela en Fisterra.
A responsable da obra foi a pontevedresa Rosana Pichel, baseando a súa inspiración no pintor holandés Piet Mondrian, pasando a ser o primeiro cemiterio multicolor de toda España.
Novas relacionadas
Máis información
- #7marabillas: O Edificio Fernando Blanco.
- #7marabillas: O Hórreo de Carnota.
- Cales son as 7 marabillas arquitectónicas da Costa da Morte?.
- Bazarra.com: As 7 maravillas arquitectónicas da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).