Xoves. 19.09.2019
El tiempo

A Fervenza do Ézaro ratifícase como gran reclamo costeiro a pesar do tempo

A Fervenza do Ézaro ratifícase como gran reclamo costeiro a pesar do tempo
Fervenza do Ezaro iluminada-Foto-Cosas sencillas de la vida A Fervenza do Ézaro coa iluminación nocturna nesta Semana Santa-Foto-Cosas sencillas de la vida

Fixo mella o tempo na chegada de visitantes á Costa da Morte. Así o corroboran en Fisterra onde houbo menos xente que outros anos, ou no Dolmen de Dombate, onde tamén se rexistraron case a metade de visitas que outros cursos. Ou no Concello de Dumbría, onde notaron que a idea de que “Galicia ía sufrir 7 borrascas en 7 días parece ser que “calou” e a xente colleu medo”. Cóntanolo Ada González, técnica do Concello dumbriés, que entende que “parece ser que foron moitos os que, por medo ás previsións anunciadas nos diversos medios, decidiron anular as súas reservas na Costa da Morte”.

Aínda así, houbo valentes que se animaron a visitar a Fervenza do Ézaro, sen dúbida, un dos grandísimos atractivos da nosa bisbarra. Pero é certo que a pesar de estar practicamente ateigada en todo momento, houbo menos xente que outros anos.

A semana previa á Semana Santa foi moi boa, pero o mércores comezou a baixar o número. “O Xoves Santo non tivo nada que ver con outros Xoves Santos pasados, menos xente e a que acudía a O Ézaro baixaba dos coches entre chuvascos… Aínda así, á noite houbo bastante afluencia, en comparanza, máis ou menos como un sábado de iluminación do verán… Iso que a noite non pintaba nada ben!”. Os que estiveron por alí sinalan que houbo coches a todas horas.

O Venres Santo sufriu un incremento con respecto ao día anterior. “Ás primeiras horas da mañá a afluencia turística era frouxa, pero segundo ía avanzado a mañá o número de visitantes ía crecendo, aínda así non logrou facerlle sombra a anos pasados. Incluso Protección Civil permitiulle o acceso aos autocares debido á escasa afluencia de tráfico, vendo que non ía dar lugar a problemas de conxestión de tráfico”, explícanos Ada. “Á noite tamén houbo afluencia de visitantes para gozar do espectáculo de iluminación e son da Fervenza do Ézaro”.

”O Sábado comezou ben, día acompañado de sol e por unha boa predición meteorolóxica que favoreceu que fosen máis os visitantes que decidisen saír da casa e gozar do destino Costa da Morte, así se notou na Oficina de Turismo do Ézaro situada nas inmediacións da propia Fervenza do Ézaro. Segundo avanzaba o día, o número de visitantes e de vehículos ía en ascenso... Xa se ía semellando máis a un día de Semana Santa. Á noite notouse a gran afluencia de visitantes que viñeron gozar do espectáculo da Fervenza do Ézaro na súa última noite de Semana Santa, así como a iluminación previa en verde para concienciar sobre o Cancro de Colon”.

”O domingo pola mañá foi como un domingo de verán. Con afluencia de visitantes, un fluxo constante pero sen agobios nin atascos”.

Fálanos ademais da procedencia dos visitantes: a grande maioría procedía do propio territorio galego, seguidos moi de preto por Madrid, a zona norte de España (Asturias, País Vasco e Cantabria) e un grande número de peregrinos que se desprazaron con excursións de autocares dende a capital autonómica, Santiago de Compostela, que responden a diversas procedencias (Alemaña, Italia, Corea, México,…).

O espectáculo, para non perdelo:

https://www.facebook.com/irene.blancoblanco/videos/888417737986657/?t=185 https://www.facebook.com/photobyd.puntozero/videos/989938647839579/?t=17

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios