Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal

A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal
Imaxe da Manifestación da FRUGA contra o fraude forestal en VImianzo - Foto- Susana Alvite

"As máis de dúas horas de protesta en Vimianzo protagonizada polos afectados e afectadas pola trama presuntamente fraudulente para o cobro de subvencións forestais serviu para sacar á rua un problema que se tenta agochar desde distintos estamentos". Así comeza a valoración da convocante Federación Rural Galega FRUGA sobre as mobilizacións do pasado martes na capital soneirá, i é que ata este día, e xa van máis de 3 meses dende que saía á luz, moita xente non tiña constancia da gravedade do asunto.

I é que cada día deixa máis persoas afectadas, segundo van aparecendo novos expedientes irregulares. Pero as respostas, tanto dos medios, como das administracións, como dos responsables, non satisfacen a todos os afectados.

Primeiramente consideran que "as explicacións aportadas polas entidades bancarias son insuficientes". I é que o martes, os responsables dos bancos implicados (La Caixa, Banesto e o Banco Pastor) "se limitaron a presentarse como vítimas dun engaño ou un “exceso de confianza” para co empresario agora encausado", da empresa Maceiras.
Unhas explicacións que se repiten na oficina de Correos "na que estaban localizados os apartados de correos empregados para manter a correspondência coa Adimistración sen o coñecemento das persoas utilizadas como solicitantes dos subsídios".

O que máis estranou xa xornada de protesta foi a reacción dun dos funcionarios do Distrito Forestal. "Ante a nosa presencia e cando se pretendia acceder ao edifício para achegar un escrito solicitando unha entrevista coa Conselleira, unha persoa desde o interior apresurouse a pechar con forza a porta, impedindo o acceso ao edifício administrativo". De feito, varios fotógrafos da zona viron como a porta lle petaba nos fuciños.
Finalmente non puideron entrar pero un axente aceptou levar o escrito dirixido á Consellería, non deixar motivos para sospeitar de que "algo terá que agochar".

"Explicacións da Xunta que dan a risa"

Vai máis alá a Fruga valorando as declaracións da Xunta trala protesta a través dos medios. I é que a Xunta só manifestou o seu "bo facer" na tramitación destas axudas asegurando que "foron perfectamente tramitadas" malia a denuncia veciñal.

Ademais, critican que "a Xunta non foi quen a aclarar como nunca se comprobou a relación entre os supostos solicitantes e as parcelas afectadas polas supostas actuacións, nin o informe “positivo” de actuacións que non se chegaron a realizar, nin a inclusión de parcelas agrarias como forestais, co conseguinte perxiucio para os seus lexítimos propietarios e propietarias, así como a determinante e necesaria, para manter perfeitamente ocultos os trámites ás persoas vítimas da trama, falta de comunicación entre a Administración Autonômica e Facenda das axudas adxudicadas".

Parece evidente que todo esto cheira a un novo e grande caso de corrupción a todos os niveis.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios