Mércores. 13.11.2019
El tiempo
08:42
07/06/12

1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto

1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto

A Plataforma pola defensa de Corcoesto vén de presentar ante a Xunta as alegacións ao proxecto da mina de ouro a ceo aberto na Xunta de Galicia, co apoio de case 1.300 firmantes en resposta ao proxecto.

Durante esta última semana, a petición dos afectados, a Plataforma pola defensa de Corcoesto vén de facer unha labor de divulgación e recollida de firmas en apoio das alegacións ao Proxecto de explotación, Estudo de impacto ambiental e Plan de restauración da mina de ouro que se pretende explotar a ceo aberto en Corcoesto, afectando aos Concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco.

Ademais da elaboración destas alegacións acompañadas por informes técnicos avalados por expertos en diferentes enxeñerías, xeólogos, biólogos, químicos, avogados, medio ambiente, etc. a Plataforma pola defensa de Corcoesto tamén asesorou aos veciños en calidade de afectados na presentación das súas propias alegacións.
Nelas esíxenlle garantías á empresa, como o mantemento do suministro de auga potable no caudal e calidade que se vén disfrutando dende sempre e de maneira gratuita, o mantemento das comunicacións viarias, que en algúns casos desaperecen e non se lles dá solución no proxecto, o control da contaminación acústica debida ás voladuras, ao transporte pesado e á planta de tratamento, o rexeitamento ao emprego de cianuro polas afeccións á saúde, ao impacto paisaxístico, etc.

Alegacións

Explican dende a Plataforma que "este proxecto pretende ser promovido pola promotora como Proxecto Industrial Estratéxico, segundo Lei 13/2011 de 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia. De conseguir esta cualificación de Proxecto Industrial Estratéxico, a empresa promotora quedaría exenta do cumplimento de moitas normativas a nivel urbanístico e medioambiental, con vía libre para o trámite administrativo da expropiación, deixando indefensos aos afectados. Polo tanto, en virtude desta lei, a empresa debería presentar documentación referida ao proxecto de implantación, memoria descriptiva detallada das características técnicas, memoria xustificativa da forma en que a proposta dará lugar a unha expansión significativa do tecido industrial galego ou á sua consolidación e da viabilidade económico- financieira da actuación, idoneidade da ubicación, documento medioambiental e relación detallada de bens necesarios afectados".
Así, "omisións de documentación e irregularidades ou incompatibilidades con tal cualificación, son obxecto das primeiras alegacións presentadas pola Plataforma, contra a consideración de Proxecto Industrial Estratéxico". <

Valoran tamén que a "tecnoloxía a empregar -baseada no emprego de cianuro- lonxe de ser innovadora, é obsoleta, prohibida en moitos países, rexeitada polo Parlamento Europeo, e non sustentable medioambientalmente, por tanto non se axusta ao emprego racional dos recursos naturais que impón a Lei".

Sinalan que "tampouco favorece dita ampliación do tecido industrial galego, por ser unha actividade ademáis de caduca no tempo, baseada nun valor volátil no mercado, como o prezo do ouro, carecendo deste xeito de garantía suficiente para o cumprimento das obrigas de financiamento e viabilidade".

Denuncian que "a oferta laboral non é máis que unha mera relación, pois tampouco se presenta documentación que que xustifique os postos de traballo ou garantice a súa calidade".

Máis información

comentarios