Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A multifesta da Praia do Ézaro aguantou o nordés

A multifesta da Praia do Ézaro aguantou o nordés

Volei-praia, fútbol-praia, regata, pasodoble, rock&roll... Todas as disciplinas déronse cita esta fin de semana na Festa Praia do Ézaro. Non foi quen o forte vento nordés que zoou ao longo da mesma, de malograr a festa.

Cita galega de Volei-praia

A cita máis relevante a nivel nacional era a 3ª proba do Campionato Galego de Volei Praia - XX Campionato "Festa da Praia. Deportistas de toda a xeografía galega desafiaron a forza de Eolo tanto na area da praia como da ensenada. Alí tiñan as súas tendas e os chiringuitos e sufriron para manterse en pé.

O público estivo presente durante as 3 xornadas de volei e disfrutou ca festa deportiva.

O fútbol-praia

O deporte rei é ao final, o que máis público atrae. Coñecidos xogadores do fútbol da Costa participaron neste XXIII Marathón de Fútbol Praia, un dos torneos máis importantes do verán costeiro. A canteira tamén tivo traballo no VI Campionato de Fútbol-Praia sub-16. E ata as chalanas tiveron o seu protagonismo na mañá do domingo.

A verbena e os concertos

Polo día, praia e deporte. Pola noite, praia e música. Así as gastan pola vila dumbriesa. 3 días de músicas, 5 orquestras e varios grupos de rock subiron aos paseo feito escenario. O venres abría a corcubionesa Nova Palma e un clásico xa do verán costeiro, o Grupo Ciclón.

Fonte

Comentarios